Consulta aquí toda a programación: O Carballiño celebra a 64ª Festa do Pulpo con máis de 40 actividades durante tres semanas de diversión, música e cultura
O Concello do Carballiño prepárase para desfrutar da 64ª Festa do Pulpo, que este ano inclúe máis de 40 actividades durante tres semanas de celebración. A programación arranca este venres, día 24 de xullo, coa terceira edición da Mostra de Viños, e remata o día grande, o domingo 9 de agosto, coa Festa do Pulpo. Milleiros de persoas se darán cita ao longo destas semanas na vila para desfrutar da tradición, da gastronomía e da cultura. “Para nós é un auténtico orgullo ver un verán máis a vila chea de xente que participa das actividades e do ambiente festivo”, apuntou…