O Grupo Provincial Socialista impulsa un plan de apoio aos concellos para a xestión de edificacións en estado de ruína ou perigo de derrubamento
Os Socialistas conseguiron aprobar por unanimidade da corporación provincial a moción para impulsar un plan específico de apoios aos concellos na xestión de edificacións en estado de ruína, abandono ou risco de derrubamento. O acordo incorpora o compromiso de ampliar a dotación económica do Plan Provincial de Vivenda ata os 1.500.000 euros, así como de incorporar unha asistencia técnica especializada para apoiar aos municipios na investigación, identificación e regularización da situación destas edificacións. A iniciativa, que se votou por puntos, contou co respaldo maioritario da corporación provincial, agás nos puntos 2 e 3 dos acordos, nas que o PP se…