Festa da auga, da escuma, xincana e festa holly: o divertido menú da Semana Grande para Pequenos no verán carballiñés
O Concello do Carballiño impulsa un verán máis a Semana Grande para Pequenos, que cada ano reúne a centos de nenos e nenas na Praza da Veracruz. A programación arranca este lúns dia 27 de xullo, a partir das 18,00 horas, e estenderase ata o xoves pola tarde. “Esta proposta dirixida aos máis pequenos completa a amplia oferta cultural e lúdica do Concello do Carballiño durante o verán, da que poden desfrutar persoas de todas as idades”, destaca Manuel Dacal, concelleiro de Turismo. A Semana Grande comeza este lúns 27 coa Festa da auga, na que a cativada poderá desfrutar…