Burning trae a O Carballiño 50 anos de Rock dentro do Festival OU Yeah! na Praza da Veracruz este venres 31 de xullo
O Festival Ou Yeah! continúa a súa viaxe pola provincia e prepárase para a súa segunda data. Despois do éxito do pasado 6 de xuño en Expourense, o festival trasládase este venres 31 de xullo a O Carballiño cunha das propostas máis agardadas do seu cartel: o concerto gratuíto de Burning na emblemática Praza da Veracruz con acceso gratuíto a partir das 22:30 horas. Na rolda de prensa celebrada esta mañá na propia praza que acollerá o concerto, Jose M. Freiría, en representación da organización, quixo "agradecer ao Carballiño por apostar polo Ou Yeah!", destacando a importancia da vila para…