Día: 3 de agosto de 2026

O Concello do Carballiño homenaxea a Francisco Valeiras, Xefe da Policía Local durante 30 anos, polo seu traballo “exemplar” contribuíndo á organización e seguridade da Festa do Pulpo

O Concello do Carballiño homenaxea a Francisco Valeiras, Xefe da Policía Local durante 30 anos, polo seu traballo “exemplar” contribuíndo á organización e seguridade da Festa do Pulpo

O salón de plenos do Concello do Carballiño acolleu o acto de homenaxe a Francisco Valeiras, Paco, veciño do Carballiño e xefe da Policía Local durante preto de 30 anos. O goberno municipal e o homenaxeado, así como axentes da Guarda Civil, Policía Local, Bombeiros, servizos de emerxencia, familiares e amizades, reuníronse na Casa Consistorial para poñer en valor o esforzo, traballo e tesón de Valeiras. “Moitas grazas por este recoñecemento aos meus 34 anos na Policía Local, primeiro como axente e despois como xefe”, apuntou Valeiras, quen recordou a “evolución e transformación” do xeito de traballar ao longo da…
Read More
Daniel Caíña, Sarxento-Xefe do Parque de Bombeiros: “a seguridade facía necesario un cámbio de emprazamento para a Festa DJ”

Daniel Caíña, Sarxento-Xefe do Parque de Bombeiros: “a seguridade facía necesario un cámbio de emprazamento para a Festa DJ”

Con esta intervención en COPE O Carballiño o mando do Parque Comarcal de Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro quixo aclarar o seu punto de vista sobre a polémica pola contestación ao cámbio de emprazamento acordado polo concello carballiñés, para este evento que reúne no parque municipal o dia da festa do pulpo a miles de xóvenes. Caíña desvelou o contido do informe elaborado a petición do concello do Carballiño e no que se desaconsella a celebración desta concentración no seu escenario habitual, e considera como apto o novo emprazamento nas Barcias, onde terá lugar este próximo domingo. Escoita aquí a entrevista…
Read More

D. José Luis Vázquez Díaz -D.E.P.-

Faleceu en O Carballiño aos 64 anos. Esposa: Ana Isabel Carral Diéguez. Fillos: Noemí Amaro Vázquez e Diego Vázquez Amaro. Fillo político: Jorge Villanueva Álvarez. Netos: Leo e Ada Villanueva Amaro. Irmás políticas: Elena, NIeves e Carmen. Sobriños, sobriños políticos, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o martes día 4 as sete da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº3) ata a igrexa parroquial de Santo Tomé de Madarnás (O Carballiño) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More