Día: 30 de agosto de 2026

Dña. María del Carmen Pintos Andrade -D.E.P.-

Veciña de Casfigueiro-San Mamede da Canda (Piñor) faleceu en Ourense -Rúa Río Arnoia nº 15- aos 63 anos. Os seus pais: Hermesindo Pintos Meiriño e Carmen Andrade Moure (+) Irmá: Nieves Pintos Andrade. Irmán político: José Luis Rodríugez Fernández. Sobriños: Borja, Hugo e Andrea Rodríugez Pintos. Tíos, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este lúns dia 31 de agosto ás seis da tarde, desde o Tanatorio As Burgas de Ourense (Sala nº 5) ata a igrexa parroquial de Santiago das Caldas, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no…
Read More
Destacada participación dos ciclistas carballiñeses Alejandro García e Marcos Rodríguez no Campionato Mundial MBT nas súas categorias

Destacada participación dos ciclistas carballiñeses Alejandro García e Marcos Rodríguez no Campionato Mundial MBT nas súas categorias

Na categoria Sub-23 Alejandro García rozou o podio co seu cuarto posto na carreira Short Track, mentres que no Cros Contry Olímpico o carballiñés quedou clasificado na oitava posición, nas probas máis importantes a nivel mundial nestas modalidades ciclistas. Pola súa parte, na categoria Junior de XCO , Marcos Rodríguez tamén fixo unha meritoria carreira, saíndo desde a posición 57 e levando a cabo unha gran remontada que o levou a cruzar a meta como 28 mellor clasificado neste campionato do mundo.
Read More
O concello investirá preto dun millón de euros na mellora das instalacións deportivas da Uceira: novo campo de fútbol-7, construcción de gradas e reforma do pavillón deportivo

O concello investirá preto dun millón de euros na mellora das instalacións deportivas da Uceira: novo campo de fútbol-7, construcción de gradas e reforma do pavillón deportivo

O Concello do Carballiño reforza a súa aposta polo fomento do deporte con dúas intervencións moi demandadas no barrio da Uceira e que suporán un investimento de preto dun millón de euros. Por unha banda, o goberno municipal impulsa a ampliación e acondicionamento do complexo deportivo, o que permitirá adecuar as instalacións ao crecemento de xogadores e público dos últimos anos. Ademais, o Concello levará a cabo a construción de vestiarios e renovación do pavillón da Uceira, empregado tamén polo alumnado do CEIP Calvo Sotelo. “Tanto a ampliación do complexo como a mellora do pavillón son dúas medidas moi necesarias…
Read More

Dña. María Carmen Ferradás Varela (Natural de A Lama-O Irixo) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 66 anos. O seu esposo: Camilo Calviño Vázquez. Fillas: Raquel e Sonia Calviño Ferradás. Fillos políticos: Óscar Lama e Jorge Gestal. Netos: Unai e José Andrés. Nai: Preciosa Varela Des (Viúiva de Manuel Ferradás) Pai político: José Calviño (Viúvo de Mercedes Vázquez) Irmá: Virginia Ferradás Varela (+) Primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución este lúns dia 31 de agosto ás cinco da tarde desde o Tanatorio Veracruz -no parque empresarial do Carballiño- ata a igrexa parroquial de santa María de Arcos-O Carballiño, na que se celebrará o funeral, e posterior…
Read More

Dña. Sara Diz González -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño -Rúa Brasil nº 19- aos 87 anos. Esposo: Hermesindo Prieto Cerdeira. Fillo: José Antonio Prieto Diz. Irmá: Carmen Diz González (+) Irmáns políticos: Ovidio Prieto Cerdeira, Argentina Domínguez, Placeres Prieto Pereira e Antonio Diéguez. Sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este domingo dia 30 da agosto ás cinco e media da tarde desde o Tanatorio Pompas Fúnebres O Carbaliño (Sala nº 2) ata o Templo da Veracruz, no que se celebrará o funeral e posterior inhumación no cemiterio de Señorín, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More