Día: 5 de octubre de 2026

O Partido Popular destaca que, tras as súas xestións, a fibra óptica xa está operativa no 85% do territorio municipal do Irixo

O Partido Popular destaca que, tras as súas xestións, a fibra óptica xa está operativa no 85% do territorio municipal do Irixo

A conexión á fibra óptica xa está operativa no Irixo, poñendo fin a un problema que durante anos afectou á conectividade de numerosos veciños e que se agravou tras a execución das obras de canalización iniciadas por Avatel a finais do ano 2023, unha infraestrutura que, unha vez rematada, non chegara a entrar en funcionamento. Ante a falta de respostas concretas e dunha solución definida, o Partido Popular de O Irixo, liderado por Álvaro Penedo, decidiu dar un paso á fronte e buscar unha solución efectiva ao problema. Nas conversas mantidas con Avatel, trasladouse que o principal impedimento para a…
Read More

Dña. Rogelia Viñal Lorenzo (Viúva de D. Antonio González Villar e veciña de Veiga,O Carballiño) -D.E.P.-

Faleceu aos 94 anos. Fillos: Loly e Javier (de Talleres Lisardo) González Viñal. Fillos políticos: Lisardo González (+) e Mª Carmen González Piteira. Netos: Mª Mar, Fabián e Cristian. Neta política: Carmen. Bisneto: Brais. Irmás: Carmen (+) e Josefa Viñal Lorenzo (+). Irmáns políticos, sobriños, sobriños políticos, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución o martes día 6 de setembro as seis da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº1) ata a igrexa parroquial de San Lourenzo de Veiga (O Carballiño) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores…
Read More