Luis Menor visita en Beariz os proxectos executados polo goberno municipal a través do plan de cooperación local
A visita incluíu as obras de construción do velorio municipal, o campo de tiro municipal, recinto que conta cos trámites de legalización e federación correspondentes, e o centro social de Alvite, que dispón de espazos rehabilitados para o uso veciñal. Tamén se achegou o presidente provincial ata a localidade de Doade, onde tivo a oportunidade de coñecer o museo da antiga botica. No transcurso da visita, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuníuse cos responsables municipais, co seu alcalde Manuel Prado á cabeza, e durante a xornada de traballo no concello de Beariz tivo ocasión o mandatario provincial…