Día: 28 de octubre de 2026

D. Antonio Vázquez Rodríguez (Traballador de Construccións Etelvino e Julio S.L. -A Carrasca- Maside) -D.E.P.-

Faleceu en Faquín de Garabás aos 51 anos. Pais: Aúrea Rodríguez García e Antonio Vázquez Álvarez (+), Irmás: Aúrea e Ana María Vázquez Rodríguez. Irmán político: Manolo Cornín. Sobriño: Mateo. Tios, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 29 as cinco da tarde dende o velorio de Garabás (Maside) ata a igrexa parroquial de San Pedro de Garabás (Maside) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O Concello do Carballiño renovará os pavimentos do Polígono Empresarial e executará un novo tramo da rede de augas pluviais da zona

O Concello do Carballiño renovará os pavimentos do Polígono Empresarial e executará un novo tramo da rede de augas pluviais da zona

O Concello do Carballiño renovará o pavimento do Polígono Empresarial e executará un novo tramo da rede de evacuación de augas pluviais da zona. A intervención, valorada en 150.000 euros, conta cunha subvención de preto do 80% do investimento por parte da Xunta. O proxecto pon de manifesto a aposta do goberno local polo espazo industrial, principal motor económico e de emprego da comarca. “Esta obra mellorará notablemente o día a día das moitas empresas e traballadores do noso Polígono, xa que a reparación dos pavimentos era unha demanda moi reiterada polo sector”, destaca José Castro-Gil, alcalde en funcións. A…
Read More
Entidade Local Menor, Deputación, Concello de Leiro e a empresa adxudicataria da súa xestión, ultiman as actuacións para a apertura do Balneario de Berán

Entidade Local Menor, Deputación, Concello de Leiro e a empresa adxudicataria da súa xestión, ultiman as actuacións para a apertura do Balneario de Berán

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial unha reunión de traballo co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; e co presidente da entidade local menor de Berán, Avelino Carballal, para facer seguimento dos trámites e labores previos á posta en servizo das novas instalacións balnearias de Berán. O encontro permitiu avanzar na coordinación das actuacións de adecuación que serán necesarias levar a cabo para a súa posta en marcha. Para elo, acordaron realizar unha visita ao balneario para supervisar sobre o terreo cales son as actuacións requiridas.  As administracións implicadas e a concesionaria continuarán os…
Read More