O Concello do Carballiño inicia o proceso para a adxudicación da xestión do Camping Municipal por espazo de 20 anos
O Concello do Carballiño vén de iniciar o proceso de licitación do Camping Municipal do Arenteiro e das Pallozas, o complexo turístico situado no Parque Etnográfico do Arenteiro, ao carón de lugares tan emblemáticos como o Museo da Fábrica do Papel ou o Muíño do Anxo. “Trátase dun espazo con gran pulo turístico e que sempre contou cunha moi boa acollida por parte dos visitantes, polo que estamos desexando abrir as súas portas”, apunta Manuel Dacal, concelleiro de Turismo. As empresas interesadas xa poden presentar as súas solicitudes a través da Plataforma de Contratación do Sector Público (Placsp). Teñen de…