O Templo da Veracruz abre a Porta Santa do Ano Xubilar, que terá continuidade ata o 17 de setembro de 2027
Minutos antes das doce do mediodia deste sábado dia 31 de outubro o Bispo da Diócese de Ourense, José Leonardo Lemos Montanet, procedía á apertura da porta santa para este ano xubilar da Veracruz, unha graza concedida polo Papa León XIV ao templo carballiñés coincidindo co 75 aniversario da súa consagración e o 125 aniversario da chegada a O Carballiño da reliquia da Veracruz.