O PSdG de Leiro denuncia “que o concello acumula tres advertencias da Valedora do Pobo en materia de transparencia e obstrución á información”
O PSdeG-PSOE manifesta que "o concello de Leiro volve a situarse no centro da polémica institucional tras recibir un novo reproche formal por parte da Valedora do Pobo debido á constante falta de transparencia e ás demoras inxustificadas na entrega de documentación solicitada polos concelleiros da oposición". Recordan que "con este novo expediente, son xa tres as ocasións en que a institución autonómica ten que intervir para obrigar ao goberno local a cumprir coa legalidade vixente en materia de acceso á información pública. O último e máis recente caso tivo a súa orixe no pasado mes de xullo, cando desde…