Deportes

5, Outubro 2022

O Arenteiro está a tan so 90 minutos de volver facer historia e por segundo ano consecutivo recibir no Carballiño a un equipo da primeira división, para elo será necesario gañar o próximo mércores dia 12 en Espiñedo ao equipo canario Panadería Pulido San Mateo.

Noutra noite absolutamente máxica en Espiñedo onde volveu escenificarse a gran comunión existente entre o equipo e a afección, que acudíu en gran número, o Arenteiro conseguíu avanzar a cuartos de final da Copa Federación ao eliminar ao Zamora CF por 2-1 con goles de Manín e Germán Nóvoa.

Video resumen da TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-esta-a-un-partido-de-xogar-a-copa-do-rei

3, Outubro 2022

A eliminatoria, de novo a partido único, xógase dende as 20:30 horas deste mércores dia 5 de outubro no estadio de Espiñedo, no caso de superar aos zamoranos ao Arenteiro  quedaríase a un partido de entrar na Copa do Rei, onde tería como premio gordo recibir a un equipo de primeira división, tamén en Espiñedo.

Tras proclamarse campión galego da competición, e eliminar a pasada semana ao Naval de Reinosa, o próximo rival do Arenteiro xa en octavos de final é o Zamora CF,  que gañou na final de Castela León a un equipo da Primeira RFEF, a Cultural Leonesa, mentres que xa na primeira eliminatoria da fase nacional venceu en Carballo ao Bergantiños por 2-3. 

Trátase, o Zamora CF dun equipo recén descendido á categoria na que milita o Arenteiro, a Segunda RFEF, e aínda que tivo un mal inicio nesta competición, todas as apostas o sitúan como un dos firmes candidatos ao ascenso, cun planten plagado de bos futbolistas.

O enfrontamento deste mércores ten o seu precedente no ano 1993, cando ambos equipos xogaron a fase de ascenso á Segunda B, daquéla cun formato de liguiña, no que ambos compartian grupo co Real Madrid C e Club Siero. No partido de Espiñedo empataran a dous goles, e tamén igualaran 0-0 no partido de Zamora, un partido non exento de polémica por un intento de suposto amaño que salpicara ao Arenteiro, e que saltara á palestra no programa radiofónico "Supergarcía", que dirixía o mítico xornalista deportivo José María García.

2, Outubro 2022

Reparto de puntos na matinal de Espiñedo, nun partido moi táctico por ambos equipos e no que  concederon poucas ocasións ante as porterías rivais, nesta quinta xornada de liga na Segunda Federación.

Os dous goles chegaron na segunda parte, primeiro Vitra adiantou ao Arenteiro no minuto 53 e pouco despois o Avilés logrou o gol da igualada, que sería definitiva. O Arenteiro xa pensa no partido de octavos e final da copa RFEF ante o Zamora CF, tamén en Espiñedo, este mércores dia 5 de outubro ás 20:30 horas.

Vídeo do resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-e-o-aviles-empatan-no-espinedo-nun-par...

Crónica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/10/03/arenteiro-cede-...

27, Setembro 2022

O campión cántabro da Copa Federación que xa está dende a tarde do martes no Carballiño non estará so este mércores en Espiñedo, xa que serán máis dun centenar de afeccionados desprazados en autocar dende Reinosa os que apoiarán neste partido ao Naval, rival do Arenteiro en dezaséisavos de final da Copa RFEF.

O encontro comezará as 20:30 horas e a última hora do martes o Club carballiñés xa despachara máis de 250 entradas en venda anticipada, polo que se agarda que Espiñedo presente unha boa entrada para animar aos verdes, que chegan a este partido en bo momento, e tras gañar os dous últimos partidos no campionato da Segunda Federación. Pero xa se sabe que os partidos de copa son diferentes, e por eso as confianzas deben ser mínimas ainda que desta vez o Arenteiro parte coa vitola de favorito nesta eliminatoria a partido único.

24, Setembro 2022

Arenteiro e Real Oviedo Vetusta brindaron un vibrante partido de fútbol á afección verde, que abarrotou o graderío de Espiñedo no que era o regreso do equipo local ao templo do fútbol carballiñés.

Nunha primeira parte de bo nivel por ambos equipos, o Arenteiro dispuxo de dúas boas ocasións para adiantarse no marcador, aínda que os ovetenses tamén ensinaron os dentes neste primeiro periodo. Na segunda parte o partido xa foi un monólogo do Club Deportivo Arenteiro que se fixo merecedor dun resultado favorable máis amplo que o 1-0 final, conseguido grazas ao golazo de Antón Escobar nunha extraordinaria acción persoal.

Vídeo-resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/escobar-culmina-o-acoso-do-arenteiro-sobre-a-porte...

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/09/25/arenteiro-renta...

18, Setembro 2022

O Arenteiro sumou tres puntazos a domicilio na súa visita ao histórico estadio do Malecón, onde xogou moitos partidos na súa etapa en Torrelavega -estaba cedido polo Santander- o mitico futbolista carballiñés José Benito "Cucala".

O equipo cántabro adiantouse no marcador cun gol no minuto 28, e o Arenteiro remontou na segunda parte con dous goles de Alex Fernández, éste de penalti, e Antón Escobar, nun partido no que os carballiñeses poideron marcar máis goles, xa que súas foron varias e claras ocasións para gañar cun resultado máis amplo.

Vídeo-resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-reacciona-a-tempo-e-remonta-en-torrela...

Ficha e acta do partido no enlace da RFEF: http://actas.rfef.es/actas/RFEF_CmpPartido?cod_primaria=1000144&CodActa=...

15, Setembro 2022

A sorte acompañou desta vez ao Arenteiro no sorteo da fase nacional da Copa RFEF á que chega como campión galego, toda vez que xogará como local e a partido único a primeira ronda da fase nacional ante o campión cántabro, o Naval de Reinosa, será o mércores 28 de setembro en Espiñedo.

Ademáis, e por eso deciamos que a sorte acompañou ao Arenteiro neste sorteo, porque no caso de superar aos cántabros tamén xogaría en Espiñedo os octavos de final ante o vencedor da eliminatoria entre Bergantiños e Zamora CF. E no caso de que o Arenteiro volvese gañar ese partido, tamén xogaría cuartos de final e semifinais, que seguirán sendo a partido único, sempre como local no estadio de Espiñedo. Ademáis, no caso de ser semifinalista o Arenteiro clasificaríase para a primeira ronda da copa do rei, con premio gordo, xa que xogaría -tamén en Espiñedo-  ante un equipo de primeira división.

11, Setembro 2022

O equipo carballiñés viuse obrigado a xogar o seu primeiro partido como local no estadio do Couto de Ourense, mentres apura a renovación do terreo de xogo de Espiñedo, á espera de poder utilizalo xa no partido ante o Oviedo Vetusta da cuarta xornada na Segunda RFEF.

Non soubo o Arenteiro cerrar o partido en tempo, despois de adiantarse no marcador mediada a primeira parte cun gol de Lamelas, desaproveitou as ocasións que tivo para marcar o segundo, tampouco soubo sacar ventaxa ao quedarse o Bergantiños con inferioridade no campo tras a expulsión dun dos seus futbolístas, e permitíu desta maneira que o equipo de Carballo leváse un punto tras empatar no minuto 86 cun riguroso penalti co que o árbitro sancionou unha desputa na área entre Joseca e un dianteiro visitante.

Vídeo resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/un-bergantinos-con-dez-rabuna-un-punto-do-campo-do...

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/09/12/arenteiro-regal...

Crónica do partido en "La Región": https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/empate-que-deja-mal-sabor...

3, Setembro 2022

Se no fútbol fose como no boxeo, o Arenteiro tería gañado aos puntos neste partido que abría a tempada na Segunda RFEF no campo vigués do Vao ante o equipo locatario do Coruxo, porque no cómputo dos noventa minutos os verdes dominaron no xogo e crearon as mellores ocasións para desnivelar o marcador.

Boa afluencia de afeccionados do Arenteiro desprazados a Vigo para ver o debut do equipo en liga, nun partido no que sacou boa nota e superou en xogo e ocasións ao Coruxo, pero faltou o gol para redondear a faena.

Cronica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/09/04/arenteiro-sumo-...

Roda de prensa post-partido: https://www.youtube.com/watch?v=QUIXuBwP9hc&ab_channel=CoruxoFC

28, Agosto 2022

Gran partido do Arenteiro ante o Compostela, ao que logrou derrotar por 2-1, na final galega da Copa Federación, o que lle abre as portas ao equipo carballiñés para xogar agora a fase nacional desta competición.

Intenso partido o presenciado no campo portonovés de Baltar, no que os verdes foron moi superiores a un Compostela que sempre foi a remolque durante todo o partido, dos que fan afección, vibrante e de bo xogo en varias fases de ambas partes, e alegría final para numerosa afección do Arenteiro desprazada ata Portonovo, onde o Arenteiro proclamouse por vez primeira como campión galego desta competición, sumando asi un novo título deportivo.

O vídeo de resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-gana-o-sector-galego-da-copa-federacion

A crónica do partido en "Faro de Vigo": https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2022/08/28/arenteiro-fase-nac...

A crónica do partido en "Muchacalidad.com": https://muchacalidad.com/2a-rfef/el-arenteiro-derrota-al-compostela-y-se...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes