Deportes

13, Decembro 2025

Segunda vitoria consecutiva dos verdes para seguir crendo, desta vez como visitante no Toralín e sendo moi superior á Ponferradina con marcador final de 1-3 a favor do Arenteiro.

O equipo dirixido por Jorge Cuesta saíu con determinación e crendo nas súas posibilidades, tuteando e sendo mellores que os bercianos ata que á media hora unha acción pudo cambiar o rumbo do partido, un penalti desperdiciado a favor dos locais.

Tras chegar ao descanso co 0-0 inicial, en apenas un intervalo de 15 minutos, entre o 53 e 69 de partido, o Arenteiro foi un auténtico vendaval e liquidou o partido con 3 goles, dou de Mingo (que xa suma 8 no campionato)e unha obra de arte fútbolísta de Bastida.

A Ponferradina maquillou o resultado co seu gol no m. 87, e a pesar de que o árbitro prolongou 17 minutos o tempo de desconto, o marcador xa non se movería, a pesar de que o Arenteiro xogou a última media hora con dez futbolistas ao ver Alpha doble cartón amarelo.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=_A8ZJnF7Hk8

Cronica do partido en Leonoticias: https://www.leonoticias.com/deportes/futbol/arenteiro-revienta-toralin-d...

Cronica do partido en El Bierzo Digital: https://www.elbierzodigital.com/ponferradina-arenteiro-cronica-2526/

 

7, Decembro 2025

A vitoria ante o Talavera son máis que tres puntos porque preto de tres meses despóis o Arenteiro volve gañar un partido que pode ser o do punto de inflexión para iniciar a remontada se quere seguir mantendo a ilusión de continuar sendo equipo da categoria de bronce do fútbol español.

Conseguírono os verdes tras unha boa primeira parte na que suuperou amplamente aos manchegos, e facendo méritos suficientes adiantarse no marcador antes do descanso, pero non foi asi e chegouse ao intermedio co empate inicipal sen goles.

No segundo acto o Arenteiro perdeu chispa, non obstante foi a través dunha pillería de Cuellar que colleu por sorpresa á defensa do Talavera no saque dunha falta para darlle un caramelo de balón a Mingo que éste transformou no solitario gol do partido.

VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=1Tvq2rFYPto

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/12/08/arenteiro-sacud...

29, Novembro 2025

A entrega e esforzo dos verdes, que viaxaron a Tenerife con importantes baixas por lesións e sancións no equipo, non tivo recompensa por culpa de un solitario gol que os canarios conseguiron nun córner cando estaba a piques de rematar a primeira parte.

Contra o que moitos pensaban, foi un partido bastante igualado, non parecía que estivesen xogando o líder destacado da categoria e o colista, con moi escasas ocasións de gol, a do Arenteiro chegou xa nos minutos finais cando Mingo tivo nas súas botas o gol do empate.

VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=Fnvq_ePbVYk

Cronica do partido no diario As:
https://as.com/futbol/mas_futbol/el-tenerife-sufre-mas-de-la-cuenta-para...

Cronica do partido en "Tiempo de Canarias"
https://tiempodecanarias.com/noticia/deportes/un-tenerife-sin-brillo-sol...

22, Novembro 2025

A estrea de Jorge Cuesta como novo adestrador do Arenteiro trouxo consigo a segunda derrota da temporada en Espiñedo, segunda consecutiva e desta vez no partido de rivalidade ante o Ourense C.F.

E a verdade é que non empezou mal o Arenteiro cunha aceptable primeira parte na que incluso viu como lle anulaban un gol por un máis que dubidoso fora de xogo.

Pero na segunda parte os verdes xogaron probablemente os peores minutos do que vai de temporada, case que poñendolle o triunfo en bandexa a un Ourense que sen grandes alardes gañou con facilidade cos seus dous goles, o último xa no desconto.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=8dRqt56MlH8

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/11/22/ourense-cf-cier...

17, Novembro 2025

O técnico vigués Jorge Cuesta toma o relevo á fronte do primeiro equipo, chegando a Espiñedo cunha traxectoria marcada pola formación de talento novo e a dirección de equipos galegos con personalidade propia.

Formado en casa Celta, ésta é a súa traxectoria deportiva:

2024/2025 | Bergantiños FC → 35 encontros como primeiro adestrador 2023/2024 |

S.D. Sarriana → Conduciu o equipo durante a tempada. Play off de ascenso 2021/2023

| Three Towns (China) → equipos sub-18  e sub-19 2019/2021

| RC Celta Juvenil A → Máis de dez anos na estructura do club. Etapa clave na formación de xogadores en A Madroa, traballando con talento de alto nivel competitivo. Clasificación para a Uefa Youth League.

Con esta incorporación, o club aposta por un técnico meticuloso, esixente e cun coñecemento profundo do fútbol galego e nacional, preparado para liderar o proxecto verde nesta nova etapa.

16, Novembro 2025

Os cachorros do Atletic Club impuxéronse ao Arenteiro nun partido no que os verdes volveron desperdiciar as súas oportunidades, desta vez nas instalacións de Lezama, a necesaria reacción faise esperar.

Cronica do partido no diario Deia:

https://www.deia.eus/athletic/2025/11/16/conde-ibon-sanchez-rubrican-seg...

9, Novembro 2025

Jesús Arribas pecha unha etapa de catro meses como adestrador do equipo na Primeira RFEF, desta maneira o club busca unha reacción que cámbie a dinámica negativa nos resultados deportivos dos últimos meses e encarga ao segundo adestrador Luis Vilachá tomar o relevo provisional.

COMUNICADO OFICIAL DO CLUB

O C.D. Arenteiro e Jesús Arribas poñen fin á súa etapa conxunta tras a disputa da 11ª xornada de liga. Desde o club queremos agradecerlle a súa dedicación, profesionalidade e traballo ao longo destes meses. Foi un período de compromiso diario, e desexámoslle o mellor no seu futuro profesional e persoal. A súa carreira continúa - e agardamos - que lle traia moitos éxitos. Por parte do Arenteiro, seguimos a traballar e a preparar o seguinte capítulo.

8, Novembro 2025

Primeira derrota da temporada do Arenteiro como local, e tamén por vez primeira segunda derrota consecutiva, que ancla aos verdes no pelotón de descenso e fai que se encendan as alarmas tras xogarse once xornadas de campionato.

Ante os ferrolanos, o Arenteiro entrou moi ben no partido, mesmo podemos decir que decir que xogou un bo partido durante toda a primeira parte, pero xa no tempo engadido chegou o xerro de auga fria co golazo pola escadra do exarenteirista Alvaro Ramón.

Nos primeiros compases da reanudación os visitantes fixeron o 0-2, nunha acción evitable e mal defendida, este segundo gol fixo tanto daño que o equipo xa non foi capaz de repoñerse, nin xiquera cando preto do final tivo a oportunidade de meterse no partido ao errar na execución dun penalti, que ademáis deixou mancado a Richarte.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=Z5bjW5GGsHYC

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/oparacing/2025/11/08/racing-ferrol...

3, Novembro 2025

No fútbol nas dinámicas son tan importantes que poden decidir un partido, a do Arenteiro das últimas semanas é malo, e nesta situación pouco importa xerar múltiples ocasións ante a portería rival, ou estar correcto en defensa, que ao final rematas perdendo.

Esa foi a historia do partido dos verdes en Avilés, aos locais sobroulles un golpe de fortuna para facer o único gol do partido, ao Arenteiro non lle valeu de nada xogar un bo partido de fútbol, porque o que se traduciría en goles cunha dinámica positiva, convertíuse nunha falta de pegada que lle levou a regresar de baleiro a O Carballiño.

VideResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=vKFq0mvnzcg

Cronica do partido en La Región:
https://www.laregion.es/deporte-local/mala-punteria-prolonga-caida-cd_1_...

26, Outubro 2025

Gran ambiente de fútbol na matinal dominical de Espiñedo para un partido xogado con total deportividade tanto dentro como fora do terreo de xogo, con dous dúas afeccións amigas, O Carballiño e Pontevedra sempre fixeron boas migas.

Arenteiro e Pontevedra acordaron combate nulo, tras unha primeira parte na que case non pasou nada, e na que o equipo do histórico "hai que roelo" acaso estivo un chisco mellor.

A segunda parte comezou co mesmo guión, sen apenas oportunidades nas áreas, ata que a partir dos cámbios o Arenteiro encontrou en Aguza esa brúxula que precisa no centro do campo e os verdes forónse polos tres puntos, e a punto estiveron de conseguílo.

VideoResumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=Ehmurp1YLA4

Cronica en La Región:

https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-logra-pontevedra-empate_...

Cronica en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/10/27/arenteiro-ponte...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes