Deportes

27, Xaneiro 2024

A primeira visita da historia do Teruel a O Carballiño sáldase con reparto de puntos nun partido no que o Arenteiro non estivo tan fino nin o nivel co que cos ten acostumados, sobre todo na segunda parte, cando os aragoneses empataron á saida dun córner o gol co que Pibe adiantara ao Arenteiro de libre directo na primeira parte.

Con este resultado, e sexan cales sexan o resto de resultados desta xornada 21 do campionato de liga na Primeira RFEF, o Arenteiro seguirá oitavo na táboa clasificatoria e cun colchón de 9 puntos de vantaxe sobre o descenso. O próximo domingo o Arenteiro xogará ás 20:00 horas co Sestao no seu estadio de "Las Llanas", e despóis xogará dous partidos seguidos en Espiñedo ante Cultural Leonesa e Osasuna Promesas.

Vídeo resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=wyqAFTMrZh4&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/01/28/arenteiro-espes...

21, Xaneiro 2024

O Arenteiro adiantouse na primeira parte cun gol de penalti transformado por Pibe econseguíu ampliar o marcador co 0-2 xa na segunda metade cun golazo de Manín, o gol dos irundarras chegou no minuto 85 de partido, pero os verdes souberon defender a vantaxe ata que o árbitro pitou o final e tras unha prolongación cun desconto que parecía facerse interminable.

Con este triunfo en terras vascas o Arenteiro é sexto na clasificación provisional da 20ª xornada da Primeira RFEF e a dous puntos dos postos de promoción de ascenso, enorme mérito deste Arenteiro e máis aínda nunha semana na que non cesaron os intentos de desestabización nos que algunhos parecen estar empecinados.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=2chiWmFRUjg

Resumen e estadístas do partido:

https://www.resultados-futbol.com/partido/Real-Union-Club-Irun/Arenteiro

13, Xaneiro 2024

Dous grandes goles para un gran espectáculo de fútbol, o que ofreceron Arenteiro e Barça Atletic, na que foi a histórica primeira visita dos culés a Espiñedo, onde se encontraron a un inmenso Arenteiro que venceu con todo merecemento e dorme oitavo na clasificación provisional da 19 xornada da Primeira RFEF.

O xoven filial do Barsa deixou unha boa imaxe no estadio carballiñés, con futbolistas de enorme calidade, que para nada baixaron o ritmo en ningún momento e puxeronlle certamente dificil a un Arenteiro que aproveitou dúas das súas ocasións, unha en cada parte, para sentenciar o partido.

Aquí tes os golazos de Chacón e Cardero:
https://www.youtube.com/watch?v=uqQ4G33MpzU&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en "La Voz de Galicia"
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/01/14/arenteiro-percu...

Retransmisión do partido no "Mundo Deportivo"
https://www.mundodeportivo.com/futbol/fc-barcelona/20240113/1002169167/a...

12, Xaneiro 2024

Primeiro partido do ano en Espiñedo na Primeira RFEF, que se corresponde coa xornada 19 do campionato e xa a última da primeira volta e na que o Arenteiro recibirá a un rival de "campanillas", o segundo equipo dun xigante do fútbol mundial como é o FC Barcelona, o filial culé ao que adestra o mítico futbolista mexicano Rafa Márquez.

O partido iniciaráse ás 6 da tarde deste sábado 13 de xaneiro e o estadio carballiñés rexistrará outra gran entrada para ver a este filial do Barça, ante o que o Arenteiro intentará regresar volver á senda dos triunfos, empresa dificil porque o equipo culé reúne no seu plantel a moitas das perlas que na actualidade forman parte do programa da Masía, forxa de grandes futbolistas de talla mundial.

O partido será televisado en aberto en directo polas canles autonómicas de Galicia e Catalunya (G2 e Tv3) asi como pola plataforma FEF. TV.

No seguinte enlace descubrirás que é A Masía: https://fansided.com/es/posts/que-es-la-masia-fc-barcelona-como-funciona

4, Xaneiro 2024

Unha magoa, pero asi é o fútbol, e asi de cruel foi co Arenteiro que perdeu o partido no último minuto na súa visita ao estadio do Toralín de Ponferrada, que rexistrou unha gran entrada con máis de seis mil espectadores nas gradas, e cunha numerosa representación da afeeción verde que se desprazou ata o Bierzo, aínda en dia laborable.

O Arenteiro, que fixo un bo partido, adiantouse no marcador e co 0-1 mesmo tivo ocasións para sentenciar, pero a Ponferradina foi quen de voltear o marcador, primeiro empatando no minuto 86 e despóis logrando o gol do triunfo no minuto 95.

Video co resumen do partido:https://www.youtube.com/watch?v=jRd7eWilDEU&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en El Bierzo Digital: https://www.elbierzodigital.com/ponferradina-arenteiro-cronica-2324/543865

27, Decembro 2023

A RFEF ven de oficializar os horarios para a segunda volta na Primeira Federación, que abrirá o Arenteiro ante o Real Unión en Irún o domingo 21 ás 12 do mediodia, antes os verdes deberán completar a primeira volta co desprazamento a Ponferrada ás 19:00 h. o mércores dia 3 de xaneiro e recibindo ao Barsa Atletic o sábado dia 13 ás 17:00 horas en Espiñedo.

Tan so quedan pendientes os horarios para as dúas últimas xornadas do campionato, que deberán ter horario unificado aínda por determinar.

No arquivo adxunto tes os horarios do Arenteiro para a segunda volta do campionato:

17, Decembro 2023

O Arenteiro foi mellor que o Deportivo na primeira parte e por eso chegou ao descanso por diante no partido grazas ao gol de Miku no minuto 32, pero na segunda parte o equipo quedouse coas forzas moi xustas, e o Deportivo aproveitouse delo para darlle a volta ao marcador.

Entrada de gala en Espiñedo, con aforo completo, máis de 2000 persoas, entre eles 200 seguidores do Depor que ao final do partido despediron ao seu equipo con aplausos, tamén o fixo a afección do Arenteiro cos seus a pesar da derrota, recoñecendo desta maneira a boa traxectoria mostrada ata estas alturas do campionato.

Preme no enlace para ver o resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=sU3USKtA8Gk&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido no diario AS: 

https://as.com/futbol/mas_futbol/el-deportivo-remonta-y-davo-vuelve-a-sa...

10, Decembro 2023

O Arenteiro perdeu na súa visita ao Cerro do Espino, onde o Raio Majadahonda venceu por 2-0, cortándose asi unha serie para os verdes de seis partidos sen perder na competición de liga da Primeira RFEF, despois de 16 xornadas desputadas co Arenteiro clasificado no noveno posto con 23 puntos, con 8 de vantaxe sobre o descenso.

Nesta visita a Majadaonda, o Arenteiro entrou no partido titubeante e ben que o aproveitaron os madrileños para marcar o 1-0 cando apenas ían transcurridos 3 minutos de xogo, para logo nivelarse o dominio durante toda a primeira parte, ainda que sen ocasións de gol en nigunha das porterías. 

Na segunda metade, o tútbol foi subindo de intensidade, e cando mellor estaba o Arenteiro chegou o segundo gol dos locais, no minuto 69 de partido. No tramo final, o Arenteiro foise a polo gol que necesitaba para entrar no partido, pero desta vez non chegou.

Agora, a pensar xa no partidazo que vivirá de novo Espiñedo, que será o próximo domingo dia 17 ás 19:00 horas ante o Deportivo, e no que o Arenteiro intentará despedir o ano cun triunfo ante a súa afección.

Video resumen do partido da TVG:

https://www.g24.gal/gl/web/guest/w/o-arenteiro-perde-na-sua-visita-front...

Ficha do partido: 

https://www.resultados-futbol.com/partido/Rayo-Majadahonda/Arenteiro

6, Decembro 2023

O partido púxose moi pronto en contra dos intereses do Arenteiro porque aos 8 minutos adiantáronse os burgaleses, ainda asi o Arenteiro logrou o empate por medio de Iván Ramós, pero de novo ao borde do descanso os visitantes lograron volver poñernse por diante no marcador.

Xa ao pouco de comezar a segunda parte o Burgos asestou un duro golpe co terceiro gol que abría brecha no marcador, o Arenteiro seguíu a intentalo sen baixar os brazos e pudo volver meterse no partido pero non era a tarde, mesmo xa co tempo cumplido o árbitro a instancias do xuíz de liña anulou un gol aos verdes por suposta man no remate a portería.

Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=IioCggOt5tA&t=64s&ab_channel=RealFederac...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/12/07/arenteiro-cae-a...

3, Decembro 2023

Outra noite invernal con choiva e frio en Espiñedo para ver un novo triunfo dos verdes, que foron superiores a un Sabadell ao que doblegaron con dous goles, un en cada parte e nun terreo de xogo que foi empeorando conforme avanzaba o partido.

Luis Chacón, que xa antes errara unha ocasión moi clara coa testa, non perdonou na segunda que tivo e adiantou ao Arenteiro ao borde do descanso. Na segunda parte o partido seguíu co mesmo guión, cun Arenteiro dominador que sentenciou o partido cun golazo de calcaño, obra de Manín.

Con este triunfo ante o Sabadell o Arenteiro acumula xa 10 partidos,  9 de liga e o de copa en Aviles, nos que tan so sufríu unha derrota, na casa do actúal lider Leonesa. Agora, a pensar xa no Burgos, ao que xa agarda Espiñedo en partidazo da Copa do Rei, este mércores dia 6 -festivo- ás catro da tarde.

Vídeo-resumen do partido na Televisión de Galicia:

https://www.g24.gal/gl/web/guest/w/o-arenteiro-namora-e-colleita-a-terce...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes