Deportes

13, Outubro 2024

Partido para enmarcar, para gardar na memoria dos bos afeccionados do Arenteiro e para a historia de Espiñedo, o visto neste domingo 13 de outubro, unha sinfonía futbolística dos verdes ante o Nástic de Tarragona, un dos equipos máis potentes desta Primeira Federación.

Un partido coral do Arenteiro, comezando por Raúl Jardiel que apostou de inicio pola titularidade de Enol, do asturiano saíu o primeiro e serio aviso para a portería do Nastic, provocou o penalti que abríu o marcador e do mesmo fútbolista foi o cuarto e último gol da tarde.

Antes, Baselga regalou a afección do Arenteiro un "Hat Trick" que xa non se recordaba en Espiñedo desde a tempada do ascenso do Arenteiro á terceira división, maio de 2017, con triplete de Dani Chimpin naquel 5-0 ao Caselas.

O primeiro desta tarde, de penalti. O segundo cunha enorme xogada na que participaron Jordan e Diego Gomez, con asistencia de Jordan para que rematara finalmente Baselga, fútbol de salón en Espiñedo. E o terceiro, tras resolver dous rexeites consecutivos ante o gardameta catalán.

Con éste e o resto de resultados desta oitava xornada no campionato da Primeira Federación, o Arenteiro ocupa posto de promoción de ascenso, que defenderá na súa visita ao estadio do Couto, o próximo domingo ás 19:30 horas ante o Ourense C.F.

Video resumen do partido cos catro goles do Arenteiro:

https://www.youtube.com/watch?v=-Op-M04Pj7s

Cronica do partido en "La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/10/14/mejor-arenteiro...

5, Outubro 2024

O Arenteiro visitaba o mitico estadio de Lasesarre, agora Novo Lasesarre, 32 anos despòis desde que o fixera en 1992 nun partido de Copa do Rei que perdera por 3-0 e quedara eliminado, faciao agora en partido correspondente á Primeira Federación, no que foi o primeiro dos seis desprazamentos que terá o Arenteiro este ano a Euskadi.

O Barakaldo saíu mellor ao partido asediando no primeiro cuarto a portería de Diego García,ainda que co paso dos minutos os verdes comezaron a sacudirse o xogo vertical dos vascos e nivelar o partido, ata que no minuto 37 o que era un centro á area acabou dentro da portería do Arenteiro.

Na segunda parte os de Raúl Jardiel deron un paso adiante e súas foron as primeiras ocasions para empatar nas botas de Diego Gómez, non obstante cando mellor esta o Arenteiro chegou o segundo gol dos vascos. O Arenteiro pudo volver meterse de cheo no partido no minuto 86, pero Martin Solar non acertou a transformar o penalti cometido sobre David Ferreiro. Rexeitouno o meta local e tampouco Iano Simao acertou no rexeite. Non era a tarde dos verdes.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=DsVN7bqiC4M

Cronica do partido no xornal "Deia":

https://www.deia.eus/futbol/2024/10/05/barakaldo-levanta-pie-8773091.html

29, Setembro 2024

O primeiro horario "sobremesa" da tempada, o das 15:30 h, deuselle ben aos verdes e venceron con autoridade á Segoviana, que aguantou 45 minutos o empate inicial pero que quedou cedendo ante un Arenteiro superior.

Sorprendeu de entrada o equipo segoviano, que coa súa presión sen deixar espacios dificultaba o xogo do Arenteiro, ata que a piques de chegar ao descanso unha gran xogada en ataque David Ferreiro deixou na área unha delicatessen a Baselga que, case sen ángulo, resolveu cun toque exquisito subindo o 1-0 ao marcador de Espiñedo.

Na segunda parte, o Arenteiro foi moi superior, a pesar de que a sentencia non chegou ata o minuto 76 cando desde 30 mentros Enol aproveitou un libre directo para enviar un misil increíble, e tan increíble como imposible para o gardameta da Segoviana.

Despóis, o Arenteiro pudo ampliar a vantaxe, e mesmo pudo facer marcar a Segoviana nun balón que petou no longueiro da portería de Diego García.

Con éste, o Arenteiro suma 9 puntos de 9 posibles consecutivos, e da un salto ata a parte alta da clasificación.

Video resumen do partido cos dous golazos do Arenteiro

https://www.youtube.com/watch?v=4wCbgUUXggk

Cronica en "La Región":

https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-tiene-techo/202...

Cronica en "La Voz de Galicia"

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/09/30/arenteiro-aduen...

23, Setembro 2024

Gran partido de fútbol dos verdes na súa visita a Ponferrada donde mostraron do que poden ser capaces nesta Primeira Federación, derrotando aos bercianos por 1-2 con dous golazos de Mangel e Baselga, a Ponferradina maquillou o resultado xa no tempo de desconto.

O Arenteiro foi superior aos locais en boa parte do partido, xogou en cada momento ao que lle conviña, Raúl Jardiel impartíu unha maxistral lección táctica de fútbol, e a Ponferradina de Javi Rei quedouse unha e outra vez sen argumentos para desesperación da súa afección, con preto de seis mil persoas no Toralin. Mentres, os que gozaron do lindo foron os 200 seguidores do Arenteiro que arrouparon aos verdes na súa visita á capital do Bierzo.

Cronica do partido en InfoBierzo: https://www.infobierzo.com/deportes-bierzo/cronica-ponferradina-arenteir...

Video resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=nDi_Dy1whSA

15, Setembro 2024

Triunfo á heroica dos verdes, que xogaron durante unha hora en inferioridade por expulsión de Joao Dias, decretada polo árbitro asturiano García Riesgo, que está empeñado en ser protagonista e montar o seu propio show en Espiñedo, donde en 3 partidos mostrou ao Arenteiro 14 cartóns amarelos e 5 vermellos, un bo record.

Porque un árbitro pode equivocarse, faltaría maís, todos os actores  que participan nun partido de fútbol poden errar, pero o que non debería permitírselle a un arbitro é que sexa arbitrario, que non aplique a mesma lei por igual aos dous equipos.

Ata a expulsión, cando corría o minuto 30 de xogo, o Arenteiro estaba sendo moi superior aos leonciños do Bilbao Atletic, quedando en inferioridade, con tanto partido por diante e cunha arbitraxe asi, pintaban bastos.

O partido igualouse primeiro, e por momentos os vascos amenazaron a portería de Diego, pero o Arenteiro non perdeu a fe, incluso cando tivo que abandonar o terreo de xogo Nacho Ramón 7 minutos despóis de que entrase no descanso para sustituir a Diego Gómez.

Raúl Jardiel moveu o equipo e a receta tivo recompensa, Enol marcou un gran gol tras asistencia de Jordan, e colorín coloarado, 1-0 e aguantar ata o final, e pensar xa na Ponferradina.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=FC8eJJReGTE

Ficha do partido:https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Athletic-Bilbao-B

 

 

8, Setembro 2024

Os verdes conseguiron no estadio de Balaidos, que presentaba unha gran entrada, o primeiro punto do campionato na Primeira Federación desta tempada, nun partido que tivo dúas caras ben diferencias.

Empate sen goles nun encontro no que se viron dúas partes moi diferenciadas, unha primeira na que o Arenteiro foi superior ao filial celtiña con dúas inmellorables ocasións para adiantarse no marcador, e unha segunda na que os locais conseguiron contrarrestar ao Arenteiro. Unha parte para cada equipo, asi que un resultado que pode considerarse xusto.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=tydZ_n4sCnQ

Cronica do partido en "Faro de Vigo":

https://www.farodevigo.es/celta-de-vigo/2024/09/08/filial-muestra-cara-g...

31, Agosto 2024

Os verdes dominaron na maior parte do encontro pero non foron quen de culminar a faena na área do equipo leonés,que cun solitario gol levouse os 3 puntos, acaso excesivo premio para o visto nos 95 minutos de partido.

Saíu mellor de inicio o Arenteiro, con varias chegadas á area visitante, os locais dominaban e á Cultural víaselle moi incómoda sobre o terreo de xogo, pero todo se torceu aos 21 m. nunha falta que sacou o exarenteirista, Pibe, e cabeceou totalmente libre de marca outro exarenteirista, Antón Escobar. O gol desconcertou ao Arenteiro que xa non foi o mesmo ata o final desta primeira parte, aínda así tivo unha das mellores ocasións para o empate nun balón que se lle escapou ao gardameta leonés, que non soubos aproveitar os verdes.

Na segunda parte, o Arenteiro saíu decidido a cambiar a súa sorte, e pasou a inclinar o xogo sobre a portería visitante, mesmo acorralando á Cultural en varias fases deste segundo periodo, pero faltou acerto na área para polo menos empatar o partido.

Bo ambiente en Espiñedo na tarde deste sábado 31 de agosto para recibir na segunda xoranda de competición na primeira Federación á histórica Cultural Leonesa, que chegou a O Carballiño acompañada cun numeroso grupo de afeccionados, que festexaron o triunfo do seu equipo. Pola sua parte, a afección do Arenteiro recoñeceu a actitude e esforzo dos seus e despedíronos entre aplausos. De momento, as sensacións son moito mellores que os resultados.

Video co resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=0CxqFCGmRWE

Ficha do partido:

https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Cultural-Deportiva-L...

25, Agosto 2024

O técnico zaragozano do Arenteiro, Raúl Jardiel, non pudo ser profeta na súa terra e os verdes non poideron puntuar nun partido que inclinou ao seu favor na primeira parte a SD Tarazona con dous detalles ante un Arenteiro que non perdeu a compostura e fixo méritos para, polo menos, o empate.

Excesivo castigo o 2-0 co que rematou a primeira parte polo que estaba a verse sobre o terreo de xogo, con máxima rendabilidade no seu xogo ofensivo, o que non acertaba a rentabilizar o Arenteiro. Na segunda metade os verdes sairon convencidos de que podían remontar o marcador, e Nacho Ramón culminou de cabeza unha boa xogada de Diego Gómez para meterse de cheo no partido, cando corría o minuto 13 desta segunda metade.

Apenas unhos minutos despóis do gol, o mesmo Nacho Ramón a piques estivo de empatar, e de ahí ao final seguíu a intentalo un Arenteiro que xa no desconto tivo a ocasión máis clara para logralo, pero o remate de Marquitos foise fora cando xa se cantaba o gol nos bares do Carballiño que estaban a seguir a retransmisión televisiva.

Aquí podes ver o gol do Arenteiro:

https://www.facebook.com/PrimeraRFEF/videos/539939921708819?locale=es_ES

Ficha do partido: https://www.resultados-futbol.com/partido/Tarazona/Arenteiro

Cronica do partido no Heraldo de Aragón:

https://www.heraldo.es/noticias/deportes/aficion/2024/08/25/futbol-prime...

23, Xullo 2024

O Arenteiro xa coñece o calendario de competición, que volve ser asimétrico, para a tempada 2024-25 que se iniciará na fin de semana do 24 e 25 do próximo mes de agosto. No primeiro partido viaxará a terras aragonesas, para enfrontarse á SD Tarazona.

O debut en Espiñedo será na fin de semana entre o 31 de xullo e o 1 de setembro ante a Cultural Leonesa. Na terceira xornada viaxa a Vigo para xogar co filial do Celta, e para a fin de semana que coincide coas festas do setembro recibirá en Espiñedo ao Atletic Club "B" de Bilbao, para desplazarse de novo na quinta xornada ao Toralín de Ponferrada.

Aquí podes descargar o calendario completo: https://rfef.es/sites/default/files/2024-07/1RFEF-g1.pdf

1, Xullo 2024

O técnico zaragozano Raúl Jardiel, elexido polo Arenteiro como sustituto de Javi Rey, foi presentado ante os medios nun acto que se desevolvía na tarde deste dia 1 de xullo na sala de prensa do estadio de Espiñedo.

Con él á cabeza do novo corpo técnico dos verdes e co desafio de volver competir na Primeira RFEF, chegan a O Carballiño Pablo Roldán, como segundo adestrador, e Juan Casajus como auxiliar, os tres coincidiron na pasada tempada no Teruel.

Vídeo presentación:

https://www.youtube.com/watch?v=HdI4iwQZrWw

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes