Deportes

18, Outubro 2025

O Arenteiro, que viaxou con varias baixas por lesión, non pudo repetir o resultado positivo da súa anterior visita a terras extremeñas e caeu derrotado no estadio Romano José Fouto de Mérida encaixando un gol no primeiro minuto, e cun accidentado final no que os verdes acabaron con 8 xogadores sobre o terreo de xogo.

Despois do mazazo, e tras unhos minutos nos que o Mérida buscaba o segundo, repúxose ben o Arenteiro que se fixo co control do balón e a piques estivo Ochoa de empatar. Na segunda metade o Mérida volveu golpear pronto para lograr o 2-0, aínda que os verdes conseguir meterse no partido cun gol de Diego Moreno. Cando mellor estaba o Arenteiro, un regalo defensivo propiciou o terceiro e definitivo gol emeritense.

VideoResumen do partido

https://www.youtube.com/watch?v=50JeYX1eN_U

Cronica do partido en El Periódico Extremadura:

https://www.elperiodicoextremadura.com/deportes/2025/10/18/merida-aferra...

12, Outubro 2025

O primeiro partido da historia entre Arenteiro e Guadalajara saldouse cun empate sen goles en Espiñedo, nunha tarde de outubro con tempo de verán, mesmo calurosa para a práctica do fútbol.

O Arenteiro, que pronto perdía a Ferreiro por lesión, foi de máis a menos no transcurso do partido, mellor na primeira parte que na segunda, aínda asi por dúas veces estivo preto do gol por medio de Richarte e Mingo, o testarazo deste último foi ao longueiro e botou sobre a raia de gol, que non concedeu o árbitro tras revisión. Non foi a única xogada polémica do encontro, na primeira parte tampouco considerou como penalti unha man dun defensor visitante dentro da súa área, e tamén tras revisión no FVS.

ViedoResumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=d6WFUUhPGOQ

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/10/13/arenteiro-pegad...

5, Outubro 2025

Arenteiro e Barakaldo repetiron o mesmo resultado da pasada temporada en Espiñedo, empate a un gol, nunha tarde no que os verdes perdonaron en exceso ante a portería vasca no primeiro tramo do partido.

Tras completar unha primeira parte sen goles, na reanudación o Arenteiro reclamou un penalti sobre Ferreiro, que tras revisión non concedeu o árbitro e Diego Moreno tivo nas súas botas adiantar aos verdes, pero erro cando Espiñedo cantaba xa o gol.

Os vascos foron medrando no partido e no m. 80 conseguiron adiantarse no marcador, tan so 6 minutos despóis, a balón parado, botado por Ferreiro, álzase imperial na área o goleador Mingo para marcar o empate.

VideoResumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=Z5SuUtLy8uA

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/10/06/arenteiro-recup...

27, Setembro 2025

Celta B e Arenteiro desputaron un partido intenso, igualado e comptido, con alternativas no xogo e no que a única diferencia foron os goles, 2-1 a favor dos vigueses, cando polo visto no campo de Barreiro -aos puntos- o máis xusto fose un empate. No Arenteiro debutaron neste partido Julen Jon e William De Camargo.

Preme para ver o VideoResumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=_QA7LoGtUVM

Cronica do partido en Faro de Vigo:

https://www.farodevigo.es/celta-de-vigo/2025/09/27/celta-fortuna-mira-12...

20, Setembro 2025

O Arenteiro suma un novo punto, que poideron ser tres,e nunha tarde de infarto en Espiñedo polo protagonismo da videoarbitraxe, con accións moi polémicas, nun partido intenso e con ocasións de gol, sobre todo por parte dos verdes.

Na maior parte do partido a posesión foi do Arenteiro (58%) fronte ao (42%) do Zamora. Tamén as ocasións de gol máis claras foron para os verdes, sobre todo unha de Mingo co porteiro xa batido na primeira parte. Xa nos instantes finais do partido o árbitro anulaba un gol ao Arenteiro ao interpretar que Ochoa marcou en fora de xogo.

VideoResumen do Partido: https://www.youtube.com/watch?v=73trWIQ3rMQ

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/09/21/arenteiro-aguan...

14, Setembro 2025

Primeiro desprazamento da historia do Arenteiro a terras extremeñas que vale outros 3 puntos para un Arenteiro que desta maneira asina o seu mellor inicio nas súas tres temporadas na Primeira RFEF.

Tras unha impetuosa saída ao partido do Cacereño, o Arenteiro foi progresando no encontro e pouco antes do descanso xogada antolóxica e cos mesmos protagonistas do gol ante Unionistas, Richarte envia unha enorme asistencia a Mingo e o dianteiro verde-hoxe con vestimenta negra- define á perfección axustado ao pau e facendo inútil a estirada do meta local, golazo dos que hai que merece a pena ver repetido varias veces.

Na segunda parte, tamén tras un bo inicio dos extremeños, o Arenteiro volveu golpear, con outra gran xogada de ataque que culminou Diego Moreno, 0-2 e regreso a O Carballiño con 3 pùntazos.

VideoResumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=f_T6KGsLMbg

Cronica do partido no xornal extremeño "Hoy"

https://www.hoy.es/deportes/futbol/primera-rfef/cacereno-patina-exilio-a...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/09/15/arenteiro-firmo...

7, Setembro 2025

A gran novidade da tarde foi a estrea por vez primeira en Espiñedo do sistema de videoarbitraxe implementado pola RFEF para a categoria de bronce do fútbol español.

Primeiro partido da liga en Primeira RFEF e bingo, primeiros tres puntos que se quedan en Espiñedo ante Unionistas de Salamanca, grazas a un golazo de Victor Mingo, que xa marcara co Arenas Club de Getxo e volveuno facer neste segundo partido do campionato tras unha boa asistencia de Richarte.

ViedeoResumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=Z680Ozgs3x0

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/09/08/arenteiro-media...

31, Agosto 2025

Alzou o telón a liga 2025-2026 na Primeira RFEF, na que por terceira temporada consecutiva milita o Arrenteiro, e tamén por terceiro curso consecutivo os verdes comezan a competición con derrota.

Desta vez na visita ao histórico equipo vasco do Arenas de Getxo, e nun partido no os locais foron mellores e adiantaronse na primeira metade,  mellorando o Arenteiro na segunda metade cando ademáis xogou en superioridade por expulsión dun xogador local, empatou cun gol de Mingo pero no minuto 90 os vascos volveron marcar e asi quedarse cos 3 puntos.

VideoResumen:

https://www.youtube.com/watch?v=A4CoVWViXhg

Cronica en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/09/01/arenteiro-deja-...

Cronica en La Region:

https://www.laregion.es/deporte-local/arenteiro-estrena-derrota-90-1_1_2...

27, Xullo 2025

Arenteiro e Ponferradina empataron sen goles no partido que era o primeiro test da pretempada para o equipo dirixido xa por Jesús Arribas, os verdes tan so cederon (3-4) na tanda de penaltis que decidíu o campión do trofeo "La Galiciana", que se foi para o Bierzo.

Cronica do partido en La Voz de Galicia:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/07/27/arenteiro-igual...

 

20, Xuño 2025

O xoven adestrador madrileño, de 28 anos, chega procedente do Rayo Majadahonda, coa ambición de dar continuidade á exitosa etapa do Arenteiro na categoria de bronce do fútbol español.

Na seguinte ligazón podes acceder ao acto de presentación de Jesús Arribas no salón de prensa de Espiñedo, no que participou o presidente do club, Argimiro Marnotes.

https://cdarenteiro.es/.../o-novo-adestrador-do-cd.../

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes