Deportes

23, Decembro 2024

Noite para esquecer dos verdes en Zamora, derrota por 3-0, e con Mangel no hospital de Zamora tras recibir un golpe na cabeza nun choque cun contrario na primeira parte, o futbolista asturiano recibía a alta na mesma noite-madrugada do lúns.

Foi unha infortunada xogada na área do Arenteiro, Mangel completou a primeira parte pero no descanso tiña dificultades de visión un ollo, e non pudo seguir.

A primeira parte resultou igualada, pero tras a reanudación os zamoranos foron superiores e xustos merecedores do triunfo ante un Arenteiro que rematou con 10 xogadores pola expulsión de Adrián Cruz. Unha derrota que non impide ao Arenteiro rematar 2024 na parte alta da clasificación cun bo balance a falta dunha xornada para completar a primeira volta do campionato.

Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=aTN81QWiIi4

Cronica do partido en "El dia de Zamora"
https://eldiadezamora.es/art/62323/el-zamora-cf-cierra-un-ano-prodigioso...

15, Decembro 2024

David Ferreiro abríu o marcador cun golazo deses que hai que ver varias veces repetido, unha auténtica obra de arte futbolística do xogador de Baños de Molgas. Despois, Pascu e Berardozzi completaron o resultado final.

O partido, do minuto 1 ata o final, foi un total monólogo do Arenteiro, moi superior desta vez ao histórico equipo fronteirizo, que pouco máis pudo facer que evitar unha derrota que pudo ser maior se o Arenteiro non levantase o pe do acelerador cando marcou o 3-0.

Aquí tes o vídeo co resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=c962KAApKiI

8, Decembro 2024

Partido con ambiente meteorolóxico infernal, con treboada de vento, raios, auga e sarabia sobre o maltreito terreo de xogo de Las Llanas, un estadio que tanto nas súas instalacións como na súa contorna garda a esencia do fútbol doutros tempos cunha afección numerosa e a pe de campo entregada ao seu equipo.

Non volveu ter sorte o Arenteiro, tampouco neste partdido coa arbitraxe, xa que apenas con 3 minutos de partido o porteiro local derruba dentro da área a Diego Gómez, pero ante sorpresa xeralizada o colexiado tragase o penalti e ensina cartón amarelo ao futbolista do Arenteiro. Ver para creer.

Os verdes -que estreaban o rosa da segunda vestimenta-  estaban melllor que os locais ata que fallaron na marcaxe e chegou o primeiro gol local, e tras él o partido xa foi outro, e os sestaotarras fixeron o segundo co que se foron ao descanso.

Tras o paso por vestiarios, Jardiel fixo un triple cámbio e o Arenteiro volveu a crear varias ocsións ante a portería local, pero non aproveitou ningunha delas para meterse no partido, xa que o gol de Adrián Cruz chegou xa no tempo de desconto.

Video resumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=QXw-quBKyzw

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/12/09/arenteiro-queda...

Cronica do partido no xornal "Deia" https://www.deia.eus/futbol/2024/12/08/sestao-river-gana-arenteiro-recon...

1, Decembro 2024

Outra das grandes entradas da tempada no Espiñedo, acaso a mellor do que vai de liga, con preto de 2000 espectadores para ver este partido correspondente á xornada 15 da Primeira Federación.

Despois de 7 partidos consecutivos chegou a derrota para os verdes, castigados pola súa falta de acerto ante a portería azulgrana, desperdiciando varias ocasións de gol, unha efectividade que si tivo o filial do FC Barcelona, dominado na maior parte do partido polo Arenteiro, pero esto vai de goles e os culés fixeron dous por tan so un do Arenteiro.

A xogada polémica chegou na mellor ocasión do Arenteiro para empatar o partido, primeiro o meta do Barsa rexeita coa cabeza, pero o posterior remate é despexado coa man a córner por un defensor cando o balón collía dirección de portería, penalti moi claro, que non sinalou o árbitro.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=uBK_9IyKjtM

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/12/02/arenteiro-estre...

 

23, Novembro 2024

Os verdes mereceron máis que un punto e ao final, e menos mal, tiveron que conformarse co empate ante o equipo navarro que sen facer apenas merecementos lograron adiantarse no minuto 84 de partido, catro minutos despóis Martin Solar lograba o 1-1 definitivo.

O Arenteiro, que con este empate acumula 12 xornadas cunha única derrota, pudo e debeu gañar este partido, pero no fútbol non sempre gaña sempre o que máis o merece, e o partido de hoxe foi un bo exemplo.

Tanto na primeira como, sobre todo na segunda parte, o Arenteiro foi claro dominador do encontro ante un Osasuna que achicaba como podia, a veces con bastante fortuna, as acometidas do Arenteiro sobre a portería navarra. Pero non era a tarde e non pudo ser.

Agora, toca xa pensar na próxima xornada na que o Arenteiro volve xogar en Espiñedo, recibindo desde as 17:30 h. do domingo 1 de decembro ao filial do FC Barcelona, o Barsa Atlectic.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=c4pEjnobyjE

Cronica do partido:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/11/24/arenteiro-rebel...

18, Novembro 2024

Toda a Galicia futbolística destaca o gran partido de fútbol que ofreceron este domingo no Anxo Carro Lugo e Arenteiro, e no que os verdes regresaron a O Carballiño cun punto que -quen sabe- se non poideron ser tres se a árbitra Maria Eugenia Gil Soriano non se houbese equivocado pitando o penalti co que logrou empatar o Lugo.

O Arenteiro fo superior aos anfitrións durante practicamente toda a primeira parte, e na segunda -máis equilibrada- conseguira adiantarse cun gol de Ferreiro, tras unha gran xogada combinativa do equipo carballiñés.Despóis, chegou o "penaltiño" que nunca debeu asubiarse, e despóis sí, foi cando o Lugo conseguíu ser superior na parte final do partido.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=fkuWj9u1kh0

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2024/11/18/derbi-lugo-arentei...

 

10, Novembro 2024

Un gol para cada equipo e reparto de puntos entre Arenteiro e Amorebieta na 12ª xornada do campionato de liga no grupo 1 de Primeira Federación, nun partido no que os verdes perdonaron máis da conta e deixaron escapar dous puntos de Espiñedo.

A primeira parte foi un monólogo do Arenteiro que pudo debeu cobrar maís vantaxe no marcador que co solitario gol de Pascu a piques de pasar por vestiarios.

Na segunda metade, o Arenteiro saíu moi confiado e permitiu a reacción dos vacos que se foron envalentonando conforme ían pasando os minutos, ata que no 61 lograron o empate. Despois si, o Arenteiro volveu a carga e a piques estivo Enol de marcar, pero o seu remate foise alto. A ocsión máis clara tivoa Diego Goméz na última xogada do partido e cando na grada xa se cantaba o gol o futbolista de Amoeiro rematou flouxo e o gardameta vasco sacou unha prodixiosa man que salvou un punto para o seu equipo.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=-p7GFUsqsT4

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/11/11/arenteiro-deja-...

Cronica do partido en la Región:

https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-hace-granero-1-...

2, Novembro 2024

O mellor Arenteiro da historia continúa pulverizando os seus rexistros e na súa visita á cidade deportiva de Zubieta, na casa dunha das mellores canteiras do fútbol español, os verdes sumaron o oitavo triunfo nos últimos 8 partidos e cuarta portería consecutiva a cero.

Xogábase a 11 xornada no campionato de liga da Primeira Federación e enfrontábanse o terceiro clasificado Real Sociedad B empatado a puntos co segundo clasificado Arenteiro, que agora xa obstenta ese segundo posto xa en solitario.

O Arenteiro tuteou ao equipo donostiarra desde o minuto 1, protagonizando unha primeira parte de ida e volta por parte de ambos equipos, que rematou en combate nulo.

Na prolongación, aínda cos equipos asentandose no campo, a dupla Diego Gómez-Jordan volveu fabricar unha xogada marca da casa, Enol recibíu na área pequena anticipandose aos seus defensores e á reviravolta marcou o gol que sería o do triunfo. Faltaba moito, toda a segunda parte por diante, na que o Arenteiro volveu impartir unha lección maxistral de fútbol contención e puxo o candado á portería de Diego García.

Video co resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=PUyBPV8Yq_I

Cronica do partido en La Región:

ttps://www.laregion.es/articulo/deporte-local/recital-arenteiro-zubieta-frente-...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/11/03/arenteiro-forti...

 

25, Outubro 2024

Non importa que fose venres e tampouco que a noite carballiñesa estaba fria, porque a afeccion do Arenteiro volveu responder en gran número e Espiñedo rexistrou unha gran entrada para ver ao seu equipo, entre as mellores da tempada.

Eso si, dia e horario que motivaron que a presenza de afeccionados charros -sempre numerosos en todos os seus desprazamentos- fose simbólica desta vez, apenas unha quincena de seguidores.

O Arenteiro volver mover con moito criterio o balón no primeiro cuarto de partido, pero co paso dos minutos un moi serio Unionistas foi medrando coa súa presión alta e nunha primeira parte que acabou moi equilibrada.

Na segunda parte o Arenteiro foi dominador e tivo varias ocasións para poder adiantarse no marcador, pero faltou acerto nos últimos metros, mentres que Unionistas non conseguíu inquietar a Diego García ata practicamente o tempo de desconto. O Arenteiro aínda tivo a última ocasión clara do partido, pero Enol cruzou demasiádo o balón cando xa se cantaba o gol en Espiñedo.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=B8FZ-gG0FC8

Ficha do partido:

https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Cd-Unionistas-Salama...

 

20, Outubro 2024

Un gol de Diego Gómez culminando un contragolpe de alta escola futbolista no que tamén participaron Enol e Ferreiro foi suficiente para que os máis de 1200 seguidores do Arenteiro que estaban no Couto e que non pararon de animar durante todo o partido, regresasen felices para O Carballiño.

Os verdes xogaron unha primeira parte primorosa, 45 minutos de fútbol de salón que convertiron ao partido nun monólogo futbolistico do Arenteiro, o único pero foi irse ao descanso cunha vantaxe tan curta no marcador.

Na segunda parte o Ourense fixo varios cámbios e logrou equilibrar o partido, calquera dos dous equipos pudo marcar, pero o marcador xa non se movería. Outros tres puntos que soben ao Arenteiro ao segundo posto da táboa clasificatoria na Primeira Federación, consumido xa o primeiro cuarto do campionato. Son dias de prosperidade e felicidade na parroquia do Arenteiro.

Video resumen do partido co gol do Arenteiro:

https://www.youtube.com/watch?v=sTL7d0nih_8

A ficha do partido:

https://www.resultados-futbol.com/partido/Ponte-Ourense-Cf-Senior/Arenteiro

Cronica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/10/21/arenteiro-golpe...

 

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes