Deportes

25, Novembro 2023

Desta vez hai unamidade e os medios locais lucences ríndense ante un Arenteiro que foi moi superior ao Lugo aínda que o gol de Iván Ramos non chegou ata o minuto 58 de partido, merecíao xa moito antes nunha primeira parte primorosa do equipo de Javi Rey.

O Arenteiro sorprendeu desde o inicio a un Lugo incapaz no seu propio estadio de desputarlle o balón aos verdes, ante o gozo do máis de medio millar de afeccionados desprazados desde O Carballiño, e por suposto, a cantos o seguian pola televisión. A única nota negativa da tarde-noite foi a lesión de Marquitos nun xeonllo, pendiente de diagnóstico, aínda que as primeiras observacións son bastante pesimistas.

Video resumen do partido na Televisión de Galicia:

https://www.g24.gal/gl/web/guest/w/o-arenteiro-consegue-a-sua-primeira-v...

Retransmisión e cronica do partido en "El Progreso"

https://www.elprogreso.es/articulo/deporte-local-lugo/final-lugo-arentei...

18, Novembro 2023

Terceira visita do equipo catalán a Galicia nesta liga de 1ª RFEF, venceu en Balaidos ao Celta B, empatou en Riazor co Deportivo e perdeu en Espiñedo co Arenteiro na que foi, ademáis a primeira visita da historia do Cornellá a O Carballiño.

Tras unhos minutos de tanteo, o Arenteiro fíxose co control e súa foi por xogo, achegamentos e ocasións ante a portería rival, pero non conseguíu marcar. Na segunda parte o partido igualouse máis, aínda que no minuto 73 Vicente Esquerdo colleu un balón que viña rexeitado dun defensa e conectou un misil terra-aire ao que nada pudo facer o meta ucraíno do Cornella. Tres puntazos que colocan ao Arenteiro na metade da táboa de clasificación con 17 puntos tras a xornada 13.

Cronica do partido en "La Voz de Galicia"

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/11/19/misil-esquerdo-...

Video-resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=FBTbR14cc8I&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

12, Novembro 2023

O equipo donostiarra, que perdía o liderato con este empate co Arenteiro, adiantouse cun 2-0 e foi mellor durante a primeira parte, a pesar de que o Arenteiro tivo ocasións para o empate, por exemplo se o árbitro pitase un clamoroso penalti na área local, increíble que un árbitro non pite algo asi.

A segunda parte o partido foi un monólogo do Arenteiro aínda que en fronte seguise tendo un auténtico equipazo, pero neste segundo periodo o Arenteiro foi un vendaval de fútbol, con ocasións de gol, un balón ao poste de Miku, e os dous goles de Chacón e Manín.

Un empate que mesmo pudo ser unha vitoria nunha gran segunda parte na que o Arenteiro fixo todo ben. O partido xogouse nas instalacións de Zubieta, na cidade deportiva da Real Sociedad, na que se deron cita un bo número de seguidores do Arenteiro residentes no país vasco, que despediron aos verdes con aplausos.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=Ley0S4FH1Bo&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en "La Voz de Galicia":

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/11/12/arenteiro-creci...

4, Novembro 2023

Marquitos,Pibe e finalmente Luis Chacón fabricaron un gol de fantasía para adiantar ao Arenteiro no minuto 76 de partido, pero no 93 o Fuenlabrada logrou o empate definitivo a un gol, nunha tarde-noite infernal en Espiñedo, con choiva, vento e frio.

A pesar do mal sabor que deixa perder dous puntos no último suspiro do partido, seguramente que fai 7 dias calquera afeccionado do Arenteiro houbese asinado unha semana asi, triunfo ante Unionistas, clasificacíón para a segunda ronda da Copa do Rei tras gañar en Avilés, e empate ante un bo Fuenlabrada. Non está mal.

Vídeo resumen do partido: 

https://www.youtube.com/watch?v=l40OvOzkIYc&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en "La Voz de Galicia":

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/11/05/arenteiro-deja-...

1, Novembro 2023

O Arenteiro continúa o seu idilio coa Copa do Rei e cun solitario  gol de Markitos no minuto 33 de partido foi sufiente para superar ao Real Avilés Industrial e clasificarse para a segunda ronda do torneo do "KO", que desputará xa como local e ante un equipo da Liga de Futbol Profesional.

No estadio avilesino, os locais sairon moi enchufados ante un Arenteiro no que Javi Rei sacou de inicio ata oito futbolistas que non foran tiutlares no partido do pasado sábado ante Unionistas. Tardaron os verdes en igualar o xogo ata que Markitos dun zurdazo raso e axustado ao pau logrou poñer ao Arenteiro en vantaxa no marcador, desde ese momento e ata o final da primeira parte puderon sentenciar, primeiro cun testarazo de Manín que repeleu o poste e, desde logo, se transformase un penalti unhos minutos antes do descanso, tirouno Juan Delgado e rexeitou o meta local.

O Arenteiro deixou vivo ao Avilés, e os locais apretaron an segunda metade, aínda que os verdes resistiron ben e conservaron a vantaxa ata o final do partido.

Preme neste enlace para ver o vídeo resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=zuCoJIOe33o&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en "La Voz de Galicia": 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/11/02/arenteiro-gana-...

 

28, Outubro 2023

O Arenteiro saíu en tromba ao municipal de Espiñedo neste partido correspondente á 10ª xornada do campionato de liga de Primeira RFEF e aos 3 minutos Miku marcaba o primeiro dos catro goles dos verdes ante o equipo charro, xa na segunda parte chegou a goleada cos tantos de Álvaro Ramón, Manín e Vicente Esquerdo.

Mellor inicio imposible para unha semana de máxima esixencia para os verdes, con 3 partidos en 7 dias, xa que o mércores dia 1 ás 16:30 horas xogará a primeira eliminatoria da Copa do Rei a partido único no Suárez Puerta co Avilés, mentres que tres diás despóis, o sábado 4 de novembro ás 19:00 h. volverá o Arenteiro xogar en Espiñedo en partido de liga ante o Fuenlabrada madrileño.

Video-resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=J_R6o_brBx8&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en "La Voz de Galicia"
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/10/29/arenteiro-alard...

22, Outubro 2023

O Arenteiro, que chegaba a León con ata seis baixa, entre lesionados e o sancionado Miku, fixo un digno partido no estadio da Cultural Leonesa, que se quedou cos 3 puntos co seu solitario gol no minuto 38 de partido, o Arenteiro intentouno na segunda parte, fixo un digno partido como mesmo recoñece a prensa local, pero non lle diu para puntuar. Video resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/a-cultural-racha-a-boa-serie-de-resultados-do-aren... O partido contado en "La Nueva Cronica" https://www.lanuevacronica.com/deportes/cultural-1-arenteiro-0-dorian-ac...

15, Outubro 2023

Arenteiro e Sestao xogábanse 3 puntos moi importantes malia estar aínda na oitiva xornada do campionato por ser rivais directos no obxetivo da permanencia, e os verdes lograron superan aos vascos no útlimo minuto de partido, un triunfo para o equipo que máis o buscou nos 97 minutos de partido.

Con este resultado o Arenteiro sae do descenso e cae nel o Deportivo da Coruña. Agora a pensar xa na viaxe a estadio do Reino de León, onde agarda a Cultural Leonesa, o próximo sábado dia 21 ás oito da tarde, partido que retransmitirá a Televisión de Galicia.

Aquí tes o enlace para ver o gol de Miku.

https://twitter.com/EnXogo_tvG2/status/1713645540515197076?ref_src=twsrc...

7, Outubro 2023

Visita histórica do Arenteiro a Teruel, cidade que visitaba por vez primeira para medirse en partido de liga de Primeira RFEF ao equipo turolense, logrando un punto nun partido no que non houbo goles pero sí moitas ocasións que fixeron lucir a ambos gardametas.

Na primeira parte o Arenteiro foi superior e tan so as meritorias intervencións do gardameta local evitaron que o Arenteiro, que tivo ata catro boas ocasións, non se fora con vantaxe ao descanso. Na segunda metade saíu mellor o Teruel, aínda que en realidade as súas ocasións non chegaron ata os últimos minutos do partido, cando Diego García, con dúas intervencións e Vitra con outra, asinaron o empate final.

Antes de dar inicio ao partido, e a petición do Arenteiro, gardouse un minuto de silencio na memoria de José Vicente, o xoven fútbolista do Arenteiro Promesas, que o pasado domingo perdeu a vida accidentalmente nas pozas de Melón.

O minuto a minuto do partido en:
https://ecodeteruel.tv/en-juego-desde-las-19-horas-el-cd-teruel-empata-0...

Video resumen do partido na Televisión de Galicia:
https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-saca-un-punto-da-sua-visita-a-teruel-0-0-

1, Outubro 2023

Partido gris do Arenteiro ante a SD Tarazona, e equilibrado no terreo de xogo entre ambos equipos, pero foron os visitantes os que conseguiron adiantarse no marcador a 10 minutos para o final cun gol de penalti, xa no desconto Manín fixo un golazo para salvar un punto.

Os aragoneses confirmaron que son un equipo moi físico, ao que é dificil xogarlle, se a esto engadimos que o Arenteiro non tivo a súa mellor tarde e que o empate foi xa no desconto o resultado pode darse por xusto polos méritos de unhos e outros, dous equipos que traballarán cun mesmo obxetivo: a permanencia.

Os minutos de desonto foron de tolemia, e pudo gañar calquera dos dous. No Arenteiro debutou xogando unhos minutos a última incoporación, a do exfutbolista do Valencia CF Vicente Esquerdo, chegado esta semana para cubrir a baixa de longa duración por lesión de Curro.

Aquí tes o gol do empate de Manín: https://www.facebook.com/PrimeraRFEF/videos/333845919130376

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes