Deportes

26, Maio 2024

Entre os mellores 16 equipos de todas as competicións da Federación Española de Futbol na tempada 2023-2024, éste e o teito deportivo ao que chegou o Arenteiro na tempada do seu debút na Primeira RFEF, a mellor clasificación acadada nos seus 65 anos de historia.

A Primeira RFEF é a máxima categoria das competicións que organiza o ente federativo, a partir de aquí xa está a Liga de Fútbol Profesional. Na Real Federación Española de Fútbol están federados 30.083 clubes, dos que 454 compiten nas 3 categorias nacionais, 324 en 3ª RFEF, 90 en Segunda RFEF, e 40 en Primeira RFEF, o resto fano en categorias autonómicas.

Xa que logo, o Arenteiro co seu acadado oitavo posto no grupo 1 de Primeira RFEF accede ao "TOP 16" do futbol considerado "non profesional" e que nesta tampada 2023-2024 queda conformado polos seguintes equipos: Deportivo, Castellón, Nastic de Tarragona, Córdoba, Barsa Atletic, Málaga, Celta Fortuna, Ibiza, Ponferradina, Ceuta, Leonesa, Recreativo de Huelva, Unionistas de Salamanca, Real Murcia, Arenteiro e Antequera. 

Sen dúbida, será un ano para enmarcar na historia deportiva de Club Deportivo Arenteiro do Carballiño, o mellor da súa historia, na que ademáis tocará gardar momentos máxicos como os vividos nas visitas ao Anxo Carro lucense ou ao Riazor coruñés, ou as noites máxicas de Espiñedo como aquél 2-0 ao Barsa Atletic, entre outros.

25, Maio 2024

O Arenteiro terá que acudir á via da Copa Federación, da que tan bo recordo garda, se quere xogar a Copa do Rei a próxima tempada, xa que a derrota neste último partido ante Unionistas de Salamanca, fai que o premio sexa para o equipo charro, tras gañar un partido no que o Arenteiro tivo as súas opcións durante a primeira parte pero que sucumbíu tras o gol local ao borde do descanso.

O signo do partido pudo ser outro, se co 0-0 no marcador entrase na portería unionista un dos dous balóns que enviaron ao pau Alvaro Ramón e Esquerdo, ou se o árbitro pitase como penalti unha moi clara man do unionista Ramiro dentro da área. Pola contra, o 1-0 cando se consumía a primeira parte foi como unha pesada lousa para un Arenteiro que chegaba moi xustiño a este último partido, mentres que deu alas ao equipo de Samamanca, que despóis ampliou o marcador con outros 3 goles, igualando desta maneira o 4-0 que encaixara na primeira volta en Espiñedo.

Cronica do partido en Salamanca al dia.es :

https://salamancartvaldia.es/noticia/2024-05-25-unionistas-cumple-en-una...

Cronica do partido en Salamanca24horas.com:

https://www.salamanca24horas.com/deportes/borrachera-goles-unionistas-se...

18, Maio 2024

Extraordinario ambiente en Espiñedo para baixar o telón á histórica e exitosa estrea do Arenteiro na 1ª RFEF cun partido no que os celtiñas foron mellores na primeira metade logrando chegar con vantaxe no marcador ao descanso, pero na segunda parte cambiou o guión e o Arenteiro mereceu e conseguíu o empate cun gran gol de Javi Moreno.

Con este resultado, asi como o empate de Unionistas de Salamanca co Rayo Majadahonda, o Arenteiro xogaráse toda a unha carta o próximo sábado ás 19:00 horas no estadio Reina Sofía ante o equipo unionista, ambos desputaránse un posto na próxima edición da Copa do Rei. O equipo de Salamanca aventaxa en 3 puntos ao Arenteiro, que polo tanto só lle vale gañar para recuperar o séptimo posto que da dereito a xogar o torneo copeiro a tempada 2024-2025. 

Pase o que pase en Salamanca, a tempada é de sobresaínte para un equipo como o Arenteiro, un recén ascendido e cun dos orzamentos máis modestos entre os 20 equipos da categoria.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=UZNa02-Ni28&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en El Desmarque:

https://www.eldesmarque.com/futbol/celta-de-vigo/20240518/resultado-resu...

16, Maio 2024

O actúal presidente non tivo rival e foi o único canditato para optar a un novo mandato da asamblea do club, neste caso será polo tanto para o periodo 2024-2028, e asi foi proclamado como presidente de Club Deportivo Arenteiro ante 134 socios que acudiron a esta convocatoria.

Agora, Marnotes deberá formar a súa directiva, o novo equipo que o acompañará na dirección do club para esta nova etapa, que comezará co Arenteiro competindo por segundo ano consecutivo na categoria de bronce do fútbol español, na comptitiva 1º RFEF.

Antes da celebración da asemblea extraordinaria, tivo lugar outra de carácter ordinaria, na que se repasou  o mandato que agora remata e na que se remarcou os grandes éxitos deportivos colleitados nestes últimos catro anos, con dous ascensos de categoria -de Terceira a Primeira RFEF- e catro títulos logrados neste mesmo periodo, proclamandose campión de terceira división, campión de segunda RFEF, e as Copas Federación, tanto a galega como a nacional.

No balance deportivo da tempada aínda en curso, e polo tanto sen pechar, o club calcula que rematará a tempada co presuposto máis alto da súa historia, 1,9 millóns de euros, e un pequeno deficit de apenas 6.000 euros. Ademáis, o club ten vixente unha poliza de crédito nunha entidade bancaria por importe de 150.000 euros, que terá que renovar ou cancelar no mes de novembro deste ano.

12, Maio 2024

Non estivo ao seu nivel habitual o Arenteiro na súa visita ao estadio Fernando Torres de Fuenlabrada, cunha primeira parte moi gris e notable melloría na reanudación na que os verdes tiveron dúás clarísimas ocasións de gol para incluso gañar o partido. Ao final empate sen goles.

O plan de partido de Javi Rey torceuse mesmo antes de comezar o partido coa baixa a última hora de Vicente Esquerdo, acusado dun proceso febril, e coa lesión de Manín nos primeiros compases do partido. O mellor da primeira parte foi aguantar o resultado, xa que os madrileños apretaron e mesmo fallaron un penalti. Na reanudación o Arenteiro mellorou, equilibrou o partido, e tivo as mellores e clarísimas ocasións de gol do partido, pero nin Cardero nin Chacón acertaron cando o máis fácil era marcar.

Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=Cs-BhoytVvo&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/05/12/arenteiro-sufri...

5, Maio 2024

Non se entende que nunha categoria como a Primeira RFEF poida haber este tipo de arbitraxes, como o protagonizado neste Arenteiro-Lugo polo colexiado asturiano Fernández Buergo, que en catro minutos encargouse de sancionar ao bo fútbol, o que estaba ofrecendo o Arenteiro que estaba sendo moi superior ao Lugo ata que no m. 28 a torpeza abritral decidiu que non lle gustaba o espectáculo.

A tarde estaba tranquila, o Arenteiro estaba xogando un partidazo, Pibe xa mandara o balón ao poste, as ocasións sucendíanse na área do Lugo e ao minuto 12 Manín poñía o 1-0 no marcador. Pero entre os minutos 24 e 28 o árbitro ensinou dúas tarxetas a Jordan para deixar ao Arenteiro en inferioridade con máis dunha hora de partido por diante, as dúas tarxetas na medular, a segunda nin falta era pero o futbolista do Lugo engañou ao árbitro, ou non, porque se fose falta desas hai ducias nun partido e en nignún caso son tarxeta, unha canallada que cambiou o guión do partido, aínda que o Arenteiro aguantou ben todo o que quedaba da primeira parte e 20 minutos da segunda.

Ata que chegou o gol do empate do Lugo e ante as protestas dos fútbolístas do Arenteiro que pedían fora de xogo. Despóis o Lugo dáballe a volta ao marcador cun remate na área cun balón que se lle escapa das mans a Pablo Brea, cando parecía fácil. E xa co 1-2, todo Espiñedo -e tamén pode verse claramente nas imaxes de televisión- o tal Fernández Buego trágase un penalti que hai que ser moi incompetente, tanto o árbrito principal como o axudante de liña. Alvaro Ramón remata un balón que ía portería adentro cando o impide cunha man clamorosa un defensor lucense, o que impartía xustixa dixo "sigan, sigan".

Podiamos seguir no desigual criterio no reparto de tarxetas, e en erros técnicos de bulto, como cando nun saque de banda para o Arenteiro permite que saquen os visitantes e logo de deixar que seguise o xogo e mesmo da lugar a unha ocasión od Arenteiro, ordena rempetir o saque de banda. Subrrealista, pero a estas alturas de partido xa nada podía sorprendernos. Un total descrédito para o fútbol. A todo esto, o comportamente da afección do Arenteiro volveu ser exemplar ante tal exemplar de árbitro.

Con esta derrota, o Arenteiro pon fin a unha série de oito partidos consecutivos sen perder na competición de liga na Primeira RFEF, quedando tras esta xornada oitavo na clasificación tras ser superado por 1 punto por Unionistas de Salamanca. Aínda quedan tres apaixoantes xornadas ante Fuenlabrada en Madrid, o Celta B en Espiñedo e viaxando precisamente ao campo unionista na derradeira xornada.

Video resumen do partido: https://www.g24.gal/-/o-lugo-asalta-o-espinedo-no-derbi-galego

Ficha do partido: https://www.resultados-futbol.com/partido/Arenteiro/Lugo

29, Abril 2024

O Deportivo adiantouse cun 2-0, pero o Arenteiro nunha enorme segunda parte logrou empatar o marcador, o gol do 2-2 xa practicamente no último suspiro do partido para enmudecer o estadio de Riazor con preto de 30.000 espectadores, e para xúbilo da afección carballiñesa.

Sen dúbida, outro partido que pasará a historia da historia do Arenteiro, con Diego Rivas de porteiro circustancial que nada podía facer nos dous goles do Depor pero que tivo dúas intervencións providencíais, sendo sen dúbida o heroe dos verdes esta tarde.

Tardou en soltarse o Arenteiro, que na primeira parte foi superado polo Depor que conseguíu abrir o marcador cun gol nunha xogada máis que dubidosa e que pudo ser en fora de xogo. Pero na segunda parte o Arenteiro foi un vendaval de fútbol ante un Deportivo que apenas era capaz de pasar do medio campo. Enorme segunda metade do Arenteiro e punto merecedísimo en Riazor.

Video co resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=WyU5jWD1_5w&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2024/04/28/arenteiro-comp...

Cronica en Riazor.Org

https://www.riazor.org/deportivo-arenteiro-cronica-resultado-jornada34-p...

Cronica en diario AS:

https://as.com/futbol/mas_futbol/el-depor-se-complica-la-vida-ante-un-gr...

26, Abril 2024

O Deportivo-Arenteiro deste próximo domingo encherá as gradas do estadio de Riazor, e todo fai indicar que se batirá un novo record de espectadores nun partido de Primeira RFEF e, desde logo de record para os verdes, imaxinable que 30.000 espectadores visen en vivo un partido do Arenteiro nun estadio de fútbol.

Non estará so o Arenteiro en Riazor, o Arenteiro vendeu as 500 entradas que enviou o Deportivo a O Carballiño, e varios centos compraron as entradas na plataforma de venda do propio Deportivo, calcúlase que preto dos mil seguidores do Arenteiro estarán este domingo no estadio herculino.

Será a primeira vez na historia que o Arenteiro enfronte ao Deportivo en partido oficial de liga en Riazor, cun único precedente dos verdes xogando en Riazor, pero en partido de Copa do Rei, en setembro do xa lonxano ano 1988, no que o Deportivo derrotara ao Arenteiro por 4-0.

Escoita aquí a previa do partido con Javi Rey:

https://cdarenteiro.es/2024/04/26/declaracions-de-javi-rey-na-previa-do-...

21, Abril 2024

Arenteiro e Ponferradina asinaron un empate sen goles nun partido bastante espeso e no que aínda asi houbo ocasións ante ambas porterias, desta maneira os verdes prolongan a súa sensacional serie de resultados no campionato de 1ª RFEF, son xa 7 partidos sen perder, desde que o fixera o dia 2 de marzo ante o Nastic de Tarragona.

Espiñedo volveu presentar unha gran entrada para ver un partido no que ningún dos equipos víu portería, e no que ambos adestradores diron por bo o resultado, un reparto de puntos que deixa ao Arenteiro na septima posición na clasificación, 3 puntos por detrás da Leonesa e 4 de vantaxe sobre Unionistas de Salamanca.

O Arenteiro xogou este encontro ante o equipo berciano con varias baixas de futbolistas que cumprian ciclo de amonestacións -Esquerdo, Tiago e Pibe- que xa estarán dispoñibles de novo para o partidazo do próximo domingo en Riazor co Deportivo. A nota positiva foi o debut esta tempada de Adrián Cruz,tras superar as lesións que o tiveron apartado do equipo desde o inicio mesmo da tempada.

Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=hBp5XLi2SpU&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/04/22/arenteiro-empat...

13, Abril 2024

O Arenteiro non baixa o ritmo e continúa asinando unha tempada sensacionao no seu debut na Primeira RFEF, os calificativos comezan a acabarse para definir o que está sendo un temporadón no que os verdes afiánzanse na séptima posición tras este novo triunfo en terras catalanas.

Non se lle deron mal ao Arenteiro as longas viaxes deste ano a Cataluña, con victorias ante sabadell e o desta tarde ante o Cornellá, tras empatar o pasado domingo no Johan Cruyff co Barça Atlétic. Lonxe queda xa aquela única derrota en agosto do ano pasado no que fora o primeiro partido de liga no Nou Estadi de Tarragona.

No partido desta tarde pudo verse de novo a este gran Arenteiro, dominador claro dun partido que gañou con merecemento e xustiza con dous goles de Luisiño Chacón e Manín, un en cada parte. Os cataláns maquillaron o resultado xa no desconto, no minuto 96 de partido.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=MvzkJ3BoGaA

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/04/14/arenteiro-pone-...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes