Deportes

Os verdes derrotaron aos coruñeses con dous goles logrados nun intervalo de apenas sete minutos ao inicio da segunda parte do partido correspondente á novena xornada do campionato nacional de liga de terceira división xogado no municipal de Espiñedo.
O Arenteiro sumou un punto na súa visita ao campo do Poboado de As Pontes, nun partido xogado na tarde deste sábado ante apenas 150 afeccionados, que viron como o seu equipo -As Pontes- conseguía o primeiro punto da tempada no seu campo, mentres os verdes confirmanse como o rei do empate neste inicio de liga.
Por fin, o sétimo partido do curso foi o da vencida para o Arenteiro, derrotando por 2-1 ao Estradense en Espiñedo nunha tarde na que o mellor foi o resultado e o tempo, practicamente veraniego que trouxo ata O Carballiño a un numeroso grupo de seguidores do equipo da Estrada.
O mellor, que un empate fora da casa sempre é positivo, e sobre todo o regreso de Mitogo que reaparecía nove meses despoís da súa grave lesión e deixou boas sensacións nos minutos que desputou. E tamén pode verse como positivo que o Arenteiro logrou marcar un gol despóis de 460 minutos sen facélo, aínda que fose de penalti, maxistralmente lanzado por Fajardo.
Partido con pouca historia o visto esta tarde de domingo no Estadio de Espiñedo, con apenas ocasións de gol en ambas áreas,  nin Arenteiro nin Polvorín foron capaces de facer mover o marcador.
Os verdes sairon goleados(3-0) do Baltasar Pujales de Bouzas, a pesar do prometedor inicio de partido o Arenteiro acabou encaixando máis goles nesta cuarta xornada de liga e en apenas 65 minutos de xogo que nos 270 precedentes das 3 primeiras xornadas.
O Sp. Carballiño goleou na Uceira a un flouxo Molgas, logrando asi a súa primeira victoria nesta tempada de estrea na primeira autonómica, mentres no Outeiro Grande Maside e Covadonga repartiron puntos nun partido no que sobresae o hat trick de Manu Bardelás.
O Arenteiro volveu mostrar a súa solvencia defensiva ante o Fabril Deportivo, e suma o seu terceiro empate consecutivo neste inicio de liga, repetindo o marcador de 0-0 da pasada xornada en Carballo.
Os verdes consiguen arrancar un punto tras empatar sen goles no partido da segunda xornada do campionato nacional de liga de terceira división xogado ante o Bergantiños no campo das Eiroas de Carballo, que rexistrou unha flouxa entrada.
Tres equipos da Liga galega infantil, U.D Ourense, Ourense D.F., e E.F. Lalín, xunto ao equipo infantil de C.D. Arenteiro, que milita na Liga provincial, disputarán esta próxima fin de semana o XI Memorial Faustino José Pérez Sanmartín “Fusi”. Os encontros terán lugar o sábado 31 no campo da Uceira e a final será en Espiñedo, cos seguintes enfrontamentos e horarios:

Páxinas