Deportes

Pronto se puxo de cara o partido para o equipo local que se adiantaba aos 10 minutos de xogo e aínda sen cumplirse a media hora marcaba o Sanxenxo o segundo gol co que se chegaría ao descanso. En ningún momento conseguíu o Arenteiro meterse no partido, mentres un Sanxenxo superior poñía terra por medio no marcador no minuto 70 cun terceiro gol.
Victoria importante dos verdes para volverse creer equipo e alonxar fantasmas.
O novo adestrador do Arenteiro Manel Vázquez debutou con derrota na visita do Arenteiro ao Novo Campo da Estrada, e eso que os verdes fixeron o máis difícil, adiantarse no marcador no minuto 55 de partido por medio de Martín Pérez, pero en apenas 15 minutos os locais deronlle a volta ao marcador aproveitando as facilidades defensivas do Arenteiro.
Carballiñeses e ponteareáns repartiron puntos na primeira xornada da segunda volta no municipal de Espiñedo, moi encharcado polas continuas chuvias dos últimos dias, nun partido marcado polo derroche físico, sobre todo dos xogadores do Arenteiro, que volveron levar o peso do partido e mereceron algo máis que un empate.
O técnico ourensano Manel Vázquez será presentado á plantilla este martes dia 12 ás 21 horas no campo da Uceira, e logo dirixirá xa o primeiro adestramento da semana. Co novo adestrador chega tamén o seu equipo de confianza, Julio Nóvoa que exercerá as funcións de 2º adestrador e Gabriel González que será o responsable da preparación física.
O último partido da primeira volta do campionato de liga e primeiro do ano 2016 saldouse co marcador inicial de 0-0, aínda que o Arenteiro mereceu algo máis que o equipo do Porriño, por xogo e ocasións de gol, pero ao final o marcador non se moveu, e repartíu un punto para cada contendente.
Os verdes tiveron que remontar un marcador adverso dende o minuto 12 de partido, tras o gol inicial do Sporting Celanova. Logo, o Arenteiro empatou por mediación de Victor Gallego no minuto 43, e xa na postrimería do encontro Esteban fixo o gol da victoria ( 1-2 ) que clasifica ao Arenteiro para a seguinte ronda do torneo de copa.
O Club deu a coñecer este sábado a decisión na súa páxina WEB e nas redes sociais. O técnico dirixirá por última vez ao equipo este domingo 27 de Decembro no campo de San Rosendo de Celanova en partido de volta dos octavos de final da Copa Deputación ante o equipo local do Sporting Celanova ( 0-0 na ida en Espiñedo).
Un gol en cada parte derrotou ao Arenteiro na súa visita a Lalín, unha derrota dos verdes con matices, xa que tras unha mala primeira parte, tras o descanso o Arenteiro foi superior e mereceu, polo menos, o empate. Non obstante foron os do Deza os que se levaron o partido tras sentenciar cun segundo gol, que ademáis foi en claro fora de xogo.
Moi pronto se puxo o partido de cara para os pontevedreses do Marcón At. que no minuto inicial de partido non desaproveitaron o desaxuste defensivo do Arenteiro para poñerse por diante no marcador. E tamén moi pronto, no minuto 9, fixeron o segundo gol. 

Páxinas