Deportes

Comezou moi ben o Arenteiro, que no minuto 16 xa gañaba por 2-0, todo parecía indicar que os verdes ían ter un plácido partido con cheiro incluso a goleada ante un flouxo rival, pero a expulsión do meta Pachi no m.
Extraordinario ambiente favorecido polo bo tempo na matinal carballiñesa con motivo da V Ruta MTB ADC Os Mosqueteiros.Bike&trail, que trouxo ata O Carballiño a 400 deportistas chegados dende toda a xeografía galega e dende o norte de Portugal.
Primeira derrota do Arenteiro en liga tras caer por 2-0 no partido desputado no campo de San Pedro de Vilalonga ante o equipo locatario, que desta maneira fai pleno de victorias na Preferente Galicia tras cinco xornadas de competición.
Unha boa primeira parte do Arenteiro -con goles de Vitti e Dani Vázquez- foi suficiente para conseguir os tres puntos ante o Xuventude Sanxenxo.
Na terceira xornada chegou a primeira victoria dos verdes en liga, no encontro xogado no campo da Gándara de Salceda de Caselas, aínda que para elo houbo que agardar ao minuto 90 de partido para que un trallazo de Marc ao lanzar unha falta dende 20 metros se colase como unha exhalación na portería local.
A lamentable actuación do colexiado coruñés Pablo Rama Cotelo condicionou o partido que correspondente a 2ª xornada da Preferente Galicia xogaron Arenteiro e Estradense nunha tarde de moita calor no municipal de Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada de público.
Os carballiñeses estrenaronse nesta liga cun empate a domicilio no campo da Lomba ante o equipo ponteareán, un resultado que visto o visto nos 90 minutos deixou satisfeitos por igual a unhos e a outros, xa que calquera dos dous pudo gañar ou perder, polo que o 0-0 final pode considerarse xusto.
O equipo dirixido por Jorge Regal realizou o seu derradeiro ensaio  no campo da Uceira ante o Ourense CF. da División de Honra Xuvenil, ao que venceu por 2-0 con goles de Martín Pérez e Gele, antes do seu debút o domingo 23 ás 7 da tarde no campo do Cultural Areas, un dos galiños da categoria da Preferente Galicia para esta nova tempada.
CD Arenteiro 2-2 UD Barbadás No primeiro test de pretempada desputado no Estadio de Espiñedo, os verdes empataron ante o equipo da 3ª División. Adiantouse o Barbadás cun gol de falta no tramo final da primeira parte por medio do Moisés Pereiro, logo ao inicio da segunda parte o equipo azulón ampliaría a súa ventaxa no marcador.
Comezaron as sesións de preparación do novo proxecto verde para a vindeira tempada, baixo as ordes do tamén novo adestrador Jorge Regal.

Páxinas