Deportes

Xogou na década pasada dúas tempadas co Arenteiro na Preferente, ainda que o seu equipo de toda a vida foi o do seu pobo, o Cortegada. O pasado sábado, agora na categoria de veteranos -contaba 41 anos de idade- desputaba o seu último partido de fútbol cos Veteranos do Ribeiro.
O Arenteiro é o primeiro equipo que gaña esta tempada no campo do potente Portonovo, que malia a derrota continúa en posto de ascenso directo á terceira división. Os verdes saltaron ao campo de Baltar sen complexos e superaron de principio a fin aos locais. Con ésta en Portonovo O Arenteiro suma a súa terceira victoria consecutiva a domicilio.
O Céltiga levouse para a Illa de Arousa un punto na súa visita ao Estadio de Espiñedo, nun partido dominado claramente polo Arenteiro e no que novamente a falla de definicíón dos verdes ante a portería rival volve penalizalos cun empate.
Os verdes conseguiron remontar e gañar o partido correspondente á 25ª xornada do campionato de liga de Preferente desputado no campo de San Campio, tres puntos de ouro para os carballiñeses a domicilo e ante un equipo que é dos que tamén loitan pola permamencia, e ao que o Arenteiro aventaxa agora en 12 puntos na táboa de clasificación.
O Arenteiro, que co 1-0 no marcador no minuto 21 desperdiciou un penalti ao seu favor , podemos decir que acabou o partido salvando un punto, despois de quedarse con 10 xogadores no campo desde o minuto 8 da segunda parte tras a expulsión de Lois, unha inferioridade numérica que acentuouse máis no último cuarto de partido tras ser expulsado V. Gallego.
Desde as catro e media da tarde deste domingo 15 de Febreiro o Arenteiro terá enfronte a un duro rival que chega a Espiñedo como o sexto clasificado, o Gondomar C.F.
O Arenteiro acabou cedendo un empate nun partido que pudo e debeu sentenciar antes de que o Valadares igualara o marcador ao transformar un penalti cometido polo meta local Pachi, que ademáis foi expulsado nesa xogada. Os vigueses, que con este empate suman 10 partidos consecutivos sen perder, levaronse de Espiñedo un excesivo premio para o visto esta tarde.
Tarde invernal e boa entrada de afeccionados no campo da Xunqueira de Pontevedra para presenciar o encontro de Preferente entre o filial granate e o Arenteiro. Os verdes sairon mentalizados da importancia dos 3 puntos, que lograron tras un trepidante inicio de partido con dous goles en apenas dez minutos de xogo.
Partido tostón, pesado para o afeccioando o que ofreceron  Arenteiro e Nogueira, ambos equipos apostaron polo fútbol directo e tan so a incertidume no marcador mantivo a atención ata o pitido final. Se por ocasións de gol desperdiciadas fose, o Arenteiro sería claro vencedor.
O Carballiño Centro Comercial Aberto fixo entrega de 43 sudadeiras seregrafiadas ao equipo Balonmán O Carballiño. Desta maneira, o CCA continúa mostrando o seu compromiso co deporte local, e cos distintos equipos e entidades que representan a O Carballiño nas competicións deportivas.

Páxinas