Deportes

Os verdes colleitaron no campo da Tella de Luintra os 3 primeiros puntos da tempada en preferente, facendo bo o inicio de partido, xa que aos 16 minutos o Arenteiro gañaba 0-2.
Tarde de moita calor e inicio da tempada en preferente con severa derrota ante o Erizana , que seguramente non necesitaba dos favores arbitrais para levarse os tres puntos de Espiñedo, xa que os de Baiona foron mellor equipo e xusto vencedor.
Os verdes apuran a preparación ante o inminente inicio da liga, este domingo 31 de Agosto no Estadio de Espiñedo ante outro dos recén ascendidos, o Erizana CF de Baiona. O partido que alza o telón da competición da preferente autonómica xogaráse a partir das 6 da tarde. CD Arenteiro 0 Barbadás B 2
Ante o Pabellón da división de honra xuvenil, o Arenteiro empatou a dous goles nun partido xogado no campo dos Remedios de Ourense. Bastante ben o Arenteiro na primeira parte, chegando ao  descanso con 0-2, con dous goles de Brais. Mal na segunda parte, tras os cámbeos, o Arenteiro perdeu o control do xogo e acabou cedendo un empate nos últimos minutos do partido.
Marcaron os goles do Arenteiro Dani Vázquez, Sanginés e Marcos Sotelo, e un defensor lalinense en propia meta.  Moi boa imaxe dada polo equipo verde ante un Lalín co que volverá enfrontarse en competición oficial na liga de preferente. Miki López utilizou aos 19 futbolistas dispoñibles para este partido, que estiveron -todos sen excepción- a un gran nivel.
O equipo de Baiona, o Erizana C.F., outro dos recén ascendidos, será o primeiro rival do Arenteiro no inicio da liga 2014/2015 en Preferente, no Estadio de Espiñedo o domingo 31 de Agosto.
O xogador militou varias tempadas co CD. Ourense, tanto en 3ª División como en Segunda B. Esta vindeira tempada xogará co CD Arenteiro na preferente autonómica. Tras escoitar varias ofertas -algunha de superior categoria- o extremo ourensano decidiuse finalmente por incorporarse ao proxecto do Club Deportivo Arenteiro.
A plantilla de CD Arenteiro comezará os adestramentos o 29 de Xullo, e o dia seguinte, o mércores 30 de Xullo xa desputará o primeiro partido da pretempada ante a U.D. Barbadás, o equipo da 3ª división.
O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol emitíu unha resolución na que outorga ao club carballiñés a praza que quedara vacante na preferente tras a renuncia de C.D. Ourense B.
Esta vindeira semana será decisiva para coñecer o futuro deportivo inmediato de Club Deportivo Arenteiro que, xunto o Domaio C.F. de Moaña, están a espera de saber se finalmente van ocupar ou non a vacante que deixou o Ourense B na Preferente Autonómica.

Páxinas