Deportes

Os verdes prolongan a súa racha negativa de resultados tras perder o primeiro partido da segunda volta do campionato de liga en Baiona, nun encontro no que moi pronto- minuto 3- púxolle de cara para o Arenteiro tras adiantarse no marcador por medio dun penalti transformado por Sanginés. O árbitro pontevedrés Vilar Álvarez perxudicou ao Arenteiro con dous graves erros na segunda parte.
Nunha mañá de duro e puro tempo invernal, preto de 400 atletas desafiaron á meteoroloxía para convertir nun novo éxito de particpación estas probas deportivas organizadas polo concello de Boborás na matinal deste domingo 18 de Xaneiro. O cross popular de Boborás chegaba este ano a súa 15ª edición, e o gañador na categoria absoluta foi o atléta ourensano Javier Paredes.
Os verdes despiden a primeira volta da liga en Preferente cunha derrota na súa visita ao Marcón Atlético pontevedrés, probablemente no partido a domicilo máis flouxo do Arenteiro no que vai de campionato.
O equipo da Estrada levouse de Espiñedo o premio dos tres puntos ao marcar no minuto 92 nun partido típico de Preferente, moi trabado e marcado pola igualdade no terreo de xogo. O resultado cortalle ao Arenteiro unha racha de dous meses imbatido.
A Carreira superou o medio millar de participantes, aínda que o gran éxito estivo na solidariedade mostrada polos atletas, que entregaron centos de quilos de productos de alimentos, que recolleron voluntarios de Cáritas Parroquial do Carballiño e da Cruz Vermella local.
O Arenteiro cumplíu o guión e supera a eliminatoria de octavos de final da Copa Deputación, a partido único, xogado no campo do Novo Aguillón, no que os valdeorreses plantaron cara na primeira media hora, pero que o Arenteiro sentenciou sen problemas cun gol en cada parte.
Empate sen goles no Estadio José Argiz de Verín, nunha tarde de moita néboa na que o Arenteiro regresa a O Carballiño cun punto que, tal como se desenvolveu o partido, case sabe a pouco. Non obstante, con éste en Verín, os verdes prolongan a súa racha e suman xa 7 partidos consecutivos sen perder na competición de liga en Preferente.
A Espiñedo, que presentaba unha gran entrada de afeccionados, chegaba o potente Lalín, un dos claros favoritos ao ascenso. Esperabao un Arenteiro sen complexos que venceu con todo merecemento, incluso o tanteo pudo ser superior ao seu favor. Os carballiñeses prolongan asi unha magnífica racha de resultados, dous empates e catro victorias nos últimos seis partidos.
A partir de agora os afeccionados de Club Deportivo Arenteiro terán información en tempo real dos partidos que xogue o primeiro equipo. Para elo tan so terán que instalar unha descarga gratuíta da app gooligans no teléfono móbil, e tamén noutros dispositivos como tabletas ou ordenadores.
Incontestable victoria dos verdes na súa visita ao campo da Unión Deportiva Atios, no Porriño, onde Club Deportivo Arenteiro fixo un partido moi completo, soberbio na zona de cobertura, traendose os tres puntos para O Carballiño.

Páxinas