Deportes

O líder derrotou por 4-2 ao equipo de Xinzo de Limia no estadio de Espiñedo, desta maneira C.D. Arenteiro suma 20 partidos de liga imbatido na competición da primeira autonómica, na que sigue líder. Os carballiñeses non perden un partido dende o 22 de Setembro de 2013.
Os verdes conseguiron un meritorio punto no campo de Oira nun partido no que o trio árbitral foi o protagonista negativo. Permitiron o xogo extremadamente duro dos pontinos, escamotearon un penalti de libro sobre Bardelás e anularon un gol legal ao Arenteiro.
O Club Deportivo Arenteiro sumou ante o Sporting Celanova outros 3 puntos que lle permiten afianzarse como líder da 1ª autonómica, son xa 18 os partidos consecutivos que levan os carballiñeses invictos nesta liga, 15 victorias e 3 empates.
Os valdeorreses do Centro de Deportes Barco, na actualidade un dos equipos punteiros da Preferente, será o rival de C.D. Arenteiro nos cuartos de final da Copa Deputación de Fútbol, asi o deparou o sorteo celebrado na Delegación Provincial de Fútbol. 
O auditorio do Carballiño acolleu a celebración da sexta edición da Gala do Deporte do Carballiño, que con carácter anual organiza a Área de Deportes do concello carballiñés.
Os verdes poideron sentenciar o partido na primeira parte, cando máis e mellor xogaron, imprimindo un forte ritmo que non obstante so lle deu para retirarse 1-0 ao descanso. Na segunda parte, tras desviar Pachi o balón nunha pena máxima a favor dos visitantes, o Arenteiro tivo que agardar aos minutos finais para resolver definitivamente.
O líder impuxo a súa superioridade pola vía rápida, golendo sen apenas atrancos ao At. Vilariño no partido correspondente á 20ª xornada de liga desputado no campo do Medo, ante numerosos seguidores carballiñeses.
Os verdes desaproveitaron as numerosas ocasións que tiveron ante a portería rival, e a falta de acertou pagouna o equipo deixando escapar dous puntos de Espiñedo nunha tarde infernal de frio, choiva e vento e co terreo de xogo moi pesado que perxudicou o xogo do Arenteiro ante un rival, o Ramirás, que sigue sendo a besta negra dos carballiñeses.
Os verdes comezan a segunda volta do campionato sumando outros tres puntos que os afianzan no liderato da 1ª autonómica,  tras gañar un partido no que a S.D.C. Arrabaldo vendeu cara a derrota. C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar, Alex, Victor Gallego, Bardelás, Quiroga, Manu e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Prada, Canexón, Omar e Martín.
Club Deportivo Arenteiro e a Selección do Ribeiro xogaron na tarde de reis un partido de fútbol de carácter solidario, a beneficio das actividades que desenvolve a Cruz Vermella. Os carballiñeses gañaron 3-1, aínda que desta vez o resultado era o de menos, porque en realidade quenes gañaron en solidariedade foron os preto de 50 fútbolístas que partiparon nesta acción benéfica.

Páxinas