Deportes

O Centro de Deportes Barco, que levaba cinco victorias nos útlimos cinco partidos, viuse sorprendido no seu campo de Calabagueiros por un Arenteiro que xogou un partido moi serio e que ademáis tivo que afrontar con 10 xogadores nos útlimos 14 minutos por expulsión de Pana. O árbitro prolongou o encontro ata o minuto 97, pero desta vez o Arenteiro soubo amarrar os tres puntos.
Os verdes prolongan a serie negativa de resultados dos útlimos partidos e suman unha nova derrota, desta vez en Espiñedo e ante un dos equipos cos que teóricamente vai competir na loita pola pernamencia como é o Mondaríz CF.
0-0 ao descanso e 2-1 ao final do partido. Igual que nas anteriores saídas a Valadares e Gondomar, desta vez en Vilalonga o Arenteiro encaixaba o gol da derrota no tempo de desconto, no minuto 96, tanto nadar e nadar para morrer na beira. 
O Portonovo, oito victorias en oito partidos, é máis líder despois do seu paso por Espiñedo, que volveu presentar unha magnífica entrada nun partido de preferente, con máis de 600 afeccionados nas gradas. O Arenteiro foi desta vez víctima dos seus erros defensivos, dos que se aproveitou un Portonovo que encaixou en Espiñedo 2 goles, tantos como nos sete partidos anteriores.
A viguesa Elena Casal condicionou o partido, e moi probablemente tamén o resultado, cunha arbitraxe que perxudicou gravemente ao Arenteiro. Cargou de tarxetas aos carballiñeses, deixou sen motivo ao Arenteiro con 10 xogadores no campo dende o minuto 53 por doble amarela a M.
Noutro partido máis demostrase que ata o rabo todo é touro. Do 2-0 do Arenteiro sobre o Pontellas no minuto 90, pasamos ao 3-1 final no marcador, con dous goles no tempo de desconto, un para cada equipo. Segunda victoria consecutiva dos verdes en Espiñedo na preferente autonómica.
Igual que o domingo anterior en Valadares, tamén en Gondomar, o Arenteiro volvía perder o partido co tempo cumplido. Coas táboas no marcador, Quiroga enviou un balón ao longueiro.
Un gol no tempo de desconto derrotou ao Arenteiro inmerecidamente, xa que os carballiñeses  -antes o meta local rexeitara un penalti lanzado por Ocampo-xogaron acaso o partido máis serio do que vai de campionato no campo da Gándara de Valadares, que rexistrou unha boa entrada con seguidores verdes na grada. Tamén presenciou o partido o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Os verdes consiguen sumar a segunda victoria consecutiva no campionato de liga da preferente. Curiosamente, o Arenteiro impuxose ao rival tras quedarse con 10 xogadores no terreo de xogo pola expulsión de Dani Arbo, aos 10 minutos da segunda parte, tras unha polémica xogada na que o defensor local viu a segunda tarxeta amarela.
Os verdes colleitaron no campo da Tella de Luintra os 3 primeiros puntos da tempada en preferente, facendo bo o inicio de partido, xa que aos 16 minutos o Arenteiro gañaba 0-2.

Páxinas