Deportes

(Redacción. Belén González) O Clube Deportivo Arenteiro está de pretempada para intentar voltar á 3ª división, un desexo que fai que o Clube teña unha nova ilusión. Para esta tempada, o Clube de Espiñedo conta cun orzamento de 162.000 euros, dos cales 36.000 euros irán destinados a pagar a débeda de tempadas anteriores.
O vindeiro dia 26 de xuño celebraráse a 2ª Gala do Deporte Carballiñés, que terá o seu acto central no auditorio coa entrega das distincións ós e ás deportistas locais que pola súa traxectoria  durante o último ano se fagan merecedores do recoñecemento do xurado, que deberá seleccionar os mellores en 10 modalidades.

Páxinas