"Vilas en flor" concede a O Carballiño o "Diploma de Ouro" polo coidado dos espazos verdes e pola xestión sostible

15, Novembro 2025

O Concello do Carballiño vén de recibir un recoñecemento polas súas accións na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá.

A concelleira de Benestar Comunitario, Rosa Fuentes, recolleu en Carballo o diploma de honra do programa Vilas en Flor, impulsado pola Asociación de Viveristas do Noroeste (Asvinor), a Asociación de Empresas de Xardinaría de Galicia (Agaexar) e a Fundación Juana de Vega.

A concelleira dá conta do orgullo de recoller este galardón, que este ano premiou con tres flores de honra -unha máis que na pasada edición-, o traballo da súa concellería.

“É un premio que pon en valor o traballo levado a cabo neste último ano nos espazos verdes da vila”, asegura. Neste sentido, comprométese a seguir traballando para facer do Carballiño un lugar verde, sostible e agradable para a veciñanza.