Festas do Setembro: as atraccións de maior tamaño estrean nova ubicación nas rúas Celso Emilio Ferreiro e Ben-Cho-Sei

As atraccións festivas de maior tamaño que cada ano viñan instalándose na Praza da Veracruz cambian de ubicación por decisión do concello do Carballiño e instalaránse nas rúas Celso Emilio Ferreiro e Ben-Cho-Sei, nestas dúas rúas preto do centro urbano que conflún na rotonda de entrada na rúa Ourense.
Desta maneira, quedará libre de atraccións a Praza da Veracruz, para protexer este espazo, e tamén para reservalo para distintas actividades do programa festivo, como a novidosa sesión piromusical que terá lugar o sábado dia 13 ás 24 horas.
Continuarán na súa ubicación habitual dos últimos anos o resto das atraccións, as máis propias do público infantil que ocupara á rúa Conde Vallellano, no tramo entre Aldara e a rotonda da Alameda, asi como os clásicos cochiños de choque na Pista Roxa e outras atraccións que instalaránse no pequeno tramo de Julio Rodríguez Soto ata a rúa Cuba, asi como unha parte da Alameda.
As atraccións comezarán os traballos de montaxe a partir das 00.00 deste mércores dia 10, no que entrarán en vigor as restriccións para o tráfico nas rúas afectadadas, e comezarán a desmontaxe a útlima hora do xoves 18, unha vez que remate a celebración do dia do neno, con descontos en todas as atraccións que este ano participan nas festas patronais do Carballiño