Renfe restablece os servizos entre O Carballiño e Ourense suspendidos dende a pandemia: 3 trens diarios en ambos sentidos a partir do 11 de decembro. Consulta aquí os novos horarios.

2, Decembro 2022

A partir do próximo dia 11 de decembro Ourense e O Carballiño recuperarán as conexións que Renfe suspendeu no marco da pandemia, según ven de confirmar a operadora ferroviaria. Isto supón a recuperación dos servizos que se ofrecían antes da pandemia entre as estacións de Ourense e O Carballiño, en ambos sentidos para a circulación.

Ainda así, Renfe aclara que a posta en funcionamento destes servizos modificará algúns dos horarios da liña Ourense - O Carballiño - Santiago. Segundo explican nun comunicado informativo, a modificación farase en virtude de "cubrir ao longo do día máis franxas horarias". A conexión entre as estacións de Ourense e O Carballiño pasará así dun a tres trens por sentido de circulación, na liña de ferrocarril convencional Ourense-Santiago.

Os novos horarios entre Ourense e O Carballiño, e viceversa:

-Ourense con destino O Carballiño: 14,30, 16,40 e 21,10 horas

-O Carballiño con destino Ourense: 7,48, 15,00 e 19,56 horas