Importante triunfo nos verdes nun dos campos máis complicados da categoría como é o Novo Municipal da Estrada, e no que o Arenteiro tivo que xogar 60 minutos en inferioridade pola rigurosa expulsión de Gabi decretada por colexiado Rodrígo García, aínda asi o equipo de Marc Vidal, que tamén foi expulsado por protestar, aguantou ben para levarse tres puntos de ouro para O Carballiño.
Os dous goles do Arenteiro foron a balón parado, o primeiro con apenas 2 minutos de partido, falta sobre a portería que defendia para o Estradense o exarenteirista Pablo Brea, e que Ocampo cabeceu sen oposición ao fondo da portería. O resto da primeira parte transcurría con xogo igualado e aproximacións a ambas áreas, ata que chegou a expulsión do dianteiro centro do Arenteiro, ao ser Gabi sancionado con cartón vermello despóis de cometer unha falta sobre un futbolísta local, un exceso arbitral, porque para nada a falta era de vermella.
Tras irse ao descanso coa vantaxa no marcador, tocaba sufrir nunha segunda parte na que o Estradense en superioridade sobre o terreo de xogo ía saír con todo para conseguir a remontada, e ese foi o guión que se desenvolvía ata que outra vez a balón parado, esta vez ao saque dun corner Bardelás desde a área pequena e sen oposición local cabeceu un balón imposible para Pablo Brea. E aínda pudo Martín Lamelas poñer o 0-3 no que houbese sido o gol da xornada xa que desde o centro do campo lanzou un misil que a piques estivo de sorprender a un adiantado Pablo Brea.
O Estradense seguíu insistindo, rondaba unha e outra vez a portería dun moi seguro Esteban, pero os nervios dos locais comezaban a aflorar, chegaban pero eran incapaces de marcar ata que se encontraron cun penalti ao seu favor por suposta falta cometida por Nespereira, penalti que transforman e logran asi meterse no partido. Os últimos minutos foron de auténtico asedio sobre a portería do Arenteiro pero sen ocasións claras de gol.
Estradense: Pablo Brea, Muñiz (Raúl, 78′), Gómez (Miguel, 69′), Porrúa, Mella, Taboada (Alejandro, 69′), Pedrosa, Prado (Hugo, 78′), Carabán, Varela (Ángel, 87′) e Migui.
Arenteiro: Esteban, Bastos, David Nespereira, Ocampo, Awuley (Adrián, 45′), Edu Ferreira (Bardelás, 56′) Toño Nespereira, Gabi, Martín Lamelas (Raúl Gallego, 89′), Wiliams (Sylla 45′) e Abiodun.
Goles: 0-1 (2′) Ocampo, 0-2 (68′) Bardelás, 1-2 (82′) Pedrosa, de penalti.


