O Carballiño alcanza o seu récord histórico no padrón anual con 14.653 habitantes e consolídase como o municipio máis poboado da provincia tras a capital.

O Carballiño incrementa en 415 os habitantes do padrón municipal de 2026 a respecto de 2025, que aínda está en vigor ata o próximo dia 1 de xaneiro, cando se oficializará a nova cifra de poboación do municipio, 14.653 habitantes. Desta maneira, O Carballiño non so se consolida como o primeiro municipio da provincia con máis poboación, tras a capital, senón que ademáis amplia a diferencia con seguintes concello maís poboadas, que son Verín (13.952) e O Barco de Valdeorras (13.444).

Ademáis, grazás ao tirón demográfico do Carballiño por segundo ano consecutivo volve gañar poboación a comarca carballiñesa, tamén a máis poboada da provincia tras a da capital, cun incremento de 332 habitantes, alcanzando os 26.570 habitantes que suman o conxunto dos nove concellos que a integran.

Na comarca, aumenta o padrón municipal San Amaro con 1049 habitantes (+17) Punxín que suma 752 (+8) Beariz con 899 habitantes (+6) e Maside, que con 2766 (+4) continua sendo o segundo municipio da comarca con maior poboación.

No lado negativo, perden habitantes Boborás, que se queda con 2.098 (-61) O Irixo que baixa ás 1315 persoas empadronadas (-29) e Piñor con 1075 habitantes (-28)

Finalmente, o Concello de San Cristovo de Cea repite o dato do ano anterior no padrón anual con 1.963 empadronados, a mesma cifra de 2025.

Compartir en: