Deportes

Con esta victoria na tarde deste sábado na cidade deportiva de Butarque o Arenteiro, á espera dos resultados dominicais, o Arenteiro convertese no mellor equipo da categoria no que vai de 2021, ao sumar cos 3 de hoxe en Leganés un total de 18 puntos no que levamos de 2022.
O Arenteiro foi de menos a máis e tras unha primeira parte igualada fíxolle co mando do partido nunha completa segunda parte no que os verdes fixeron méritos suficientes para conseguir un triunfo que sabe a gloria a unha entregada afección carballiñesa que despedíu ao equipo cunha gran ovación.
Nin as numerosas baixas por sancións e lesionados nin a rigurosa expulsión de Ger que deixouu ao equipo en inferioridade no terreo de xogo impediron que un serio e combativo Arenteiro lograse un meritorio punto na súa visita a Santiago de Compostela.
Todo saíu ao revés para o Arenteiro no partido ante o Pontevedra, con dúas enormes afeccións que non se merecían que un árbitro chegado dende Asturias se cargase antes de tempo un partido exquisito de deportividade por ambos bandos sobre o terreo de xogo, pero deslucido pola actuación arbitral.
O Arenteiro conseguíu unha histórica vitoria histórica no estadio Helmántico de Salamanca, xa que era a primeira vez nos 63 anos de historia do club carballiñés que visitaba o templo futbolístico salmantino, fixoo acompañado por máis dun cento de seguidores verdes que gozaron que non cesaron de animar durante os 90 minutos e ao final festexaron co equipo 3 puntos de ouro.
No fútbol os goles deciden, e por eso houbo empate final no marcador, porque se por ocasións malogradas fose, o Arenteiro gañaría este partido por goleada e non pequena, ata en catro ocasións o balón foi os postes da portería arousana, e ata por dúas ocasións víu como se lle anulaban dous goles por fora de xogo,nun partido no que o árbitro estivo desacertado e perxudicou gravemente aos verdes.<
O Arenteiro venceu como moita solvencia ao equipo xixonés, ao que dominou de principio a fin en todas as fases do partido, cunha primorosa primeira parte de fútbol na que as fichaxes do mercado invernal, Pibe e Uxío, marcaron os goles e deixaron o partido visto para sentencia en apenas media hora.
Os asturianos adiantáronse na primeira parte e Joni no tempo de desconto pudo acadar maior recompensa cunha cabezada que pudo ser o gol da vitoria para o Arenteiro, que á hora de partido empatara cun gol de Sylla.
A RFEF comunicou na tarde deste venres a suspensión do partido que debería xogarse este sábado 22 de Xaneiro en Espiñedo correspondente á xornada 18 de liga na segunda RFEF. Ao parecer, o Arousa notificou 7 positivos COVID na plantilla.
Os verdes tiveron que xogar toda a segunda parte con 10 xogadores pola expulsión de Portela, unha superioridade que non pudo aproveitar o Avilés ante un Arenteiro con amor propio que non so resistíu senón que foi quen de gañar o partido tras unha magnífica xogada de Eimil que culminou Sylla.

Páxinas