Deportes

Tres puntos máis do Arenteiro para seguir sumando, e tamén para seguir soñando en facer algo grande esta tempada, nun partido ante o AlertaNavia vigués no que o mellor foi o resultado, nunha tarde de moita calor e de xogo gris nos verdes.
Derrota do Arenteiro na súa visita ao campo do Casal de Moaña, nun partido que moi pronto de puxo de cara para os locais cando no minuto 6 e como consecuencia dun córner mal defendido polos verdes chegaba o primeiro gol do Moaña.
Os verdes lograron ante o equipo de A Estrada unha victoria moi importante cara o desenlace final do campionato, nunha tarde chuviosa e fria, aínda que ao calor dunha afección que, con máis de mil persoas no graderío de Espiñedo, non deixou de animar ao Arenteiro durante os 90 minutos de partido.
Enfrontanse dende as 17:30 horas no Estadio Municipal de Espiñedo, o segundo e terceiro clasificados da categoria, polo tanto un partido que se presenta como clave na loita polo ascenso na que ambos están inmersos.
Pouca resistencia fixo esta tarde o equipo sanxenxino na súa visita ao Estadio de Espiñedo, onde os verdes gañaron con facilidade e mesmo poideron conseguir un resultado favorable máis amplo no marcador se non desaproveitasen o carrusel de ocasións de gol das que gozaron na segunda parte.
Dous eventos deportivos destacados terán lugar esta próxima fin de semana no Carballiño. Trátase da V Media Maratón e do IX Rally do Lacón de Coches Clásicos, mentres que a proba de atletismo celebrarase o domingo, 19 de marzo, e o rally na xornada do sábado.
O Mondariz logrou o gol do empate co tempo xa cumplido, antes o Arenteiro pudo sentenciar o partido no trancurso da segunda parte con dúas claras ocasións de gol ante a portería local, asi que desta vez o desenlace final deixa mal sabor de boca aos verdes.
Arenteiro e Cultural Areas ofreceron un partido dos que fan afección, un auténtico derroche físico, emoción, e sobre o terreo de xogo xogadores de gran nivel, que despediron cunha gran ovación final dende o graderío de Espiñedo, que volveu rexistrar unha gran entrada, tamén con seguidores do equipo visitante.
Partido nada vistoso o xogado no sintético de San Campio de Pontellas no que o equipo local fixo un pouco máis para quedarse cos 3 puntos ante un Arenteiro coa pólvora mollada en ataque, fundamentalmente, a razón pola que non foi capaz de sacar algo positivo nesta tarde grísácea, no meteorolóxico e no fútbolístico.
O Club Fluvial Avión-Catmarán Ribeira Sacra continúa preparando a vindeira tempada deportiva, na que competirá para conseguir novos retos na súa traxectoria no deporte da piragua. Desta maneira, os palistas avionenses veñen de participar no "Control Galego de Inverno" celebrado no centro deportivo David Cal de Pontevedra, cunha distancia de 5.000 metros.

Páxinas