Deportes

Tarde primaveral e gran afluencia de público ao "Luis Cid Carriega" de Allariz para ver o encontro de volta de cuartos de final da Copa Deputación de fútbol, que clasificou ao Arenteiro para semifinais tras vencer por 1-3 aos alaricanos.
No derradeiro partido de liga xogado no Estadio de Epiñedo, ante unha boa entrada no graderío, os verdes derrotaron 3-1 ao CD Lalín, unha victoria que aupa aos verdes ao sexto posto na clasificación da Preferente a falta dunha xornada para completar a competición, e condena virtualmente ao histórico Lalín a xogar o ano que ven na 1ª autonómica.
Un gol de Dani Vázquez no minuto 38 deu os 3 puntos ao Arenteiro na súa visita ao campo pontevedrés do Marcón Atlético, unha victoria que consolida aos verdes na séptima posición da táboa de clasificación na Preferente Galicia, a falta de tan so dúas xornadas para a conclusión do campionato.
Por 2-0 derrotou o Arenteiro ao Ourense CF nun partido no que os goles de Vitti e o xuvenil Adrián Pol foron suficientes para que os 3 puntos se quedasen no municipal de Espiñedo, nunha tarde de pouco fútbol por ambos equipos, apenas algunhos destellos e pouco máis.
Empate sen goles nun partido moi intenso  por ambas partes e vibrante pola incerteza do resultado para os afecciondos, o que pudo verse no campo do "Monte da Vila", na vila mariñeira do Grove, onde se xogaba a xornada 34ª do campionato de liga da Preferente Galicia.
A pasada fin de semana desputábase no encoro de Alange, na provincia de Badajoz, a Copa de España de Media Maratón de piragüismo para veteranos, cun recorrido de 13 kilómetros, que estivo condicionado polas adversas condicións meteorolóxicas.
O partido tivo unha primeira parte de xogo moi discreto e sen apenas ocasións de gol por ambos equipos, aínda que o Arenteiro logrou adiantarse pouco antes do descanso cun gol de cabeza conseguido por Vitti.
A praga de lesións que afecta ao equipo, unida aos dous sancionados para este partido, obrigou ao Arenteiro a viaxar en cadro ao campo do terceiro clasificado, con 4 xuvenís para completar a convocatoria e o gardameta Pachi, que debutou como xogador de campo.
O Arenteiro tivo que remontar un marcador adverso tras adiantarse o Mondariz no minuto 44, polo que se chegou ao descanso co 0-1 no marcador tras unha primeira parte bastante igualada e na que os verdes tamén tiveron un par de ocasións de gol. Pero foi Hugo Tei lanzando maxistralmente unha falta sobre a portería de Israel o que marcou o único gol da primeira parte.
Empate sen goles no encontro de ida correspondente aos cuartos de final da Copa Deputación de fútbol, xogado na tarde do Xoves Santo no Estadio de Espiñedo, que rexistrou unha boa afluencia de público.

Páxinas