A veciñanza de Seoane, Mudelos e Madarnás tramitan máis de mil alegacións contra o proxecto da nova Liña de Alta Tensión

7, Xullo 2025

Unha representación veciñal presentou no rexistro municipal do concello do Carballiño máis dun milleiro de alegacións contra a LAT de 220 KV que serviría de liña de evacuación a un proxecto de mega parque eólico de 75 aeroxeradores que afectaría a montes das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

As alegacións particulares súmanse as promovidas polas asociacións de veciños de Seoane, Mudelos e Madarnás e as cinco tramitadas por este proxecto polo concello do Carballiño.

Comarca adiante, a contrucción desta Liñas de Alta Tensión afectaría a numerosas parroquias dos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor, O Irixo, Boborás, Beariz, Leiro, San Amaro ou Cenlle, entre outros.

Son miles de alegacións as que xa foron presentadas en todo o territorio comarcal O Carballiño-O Ribeiro,que inciden no impacto negativo deste mega proxecto, que nalgunhos puntos situaríase a apenas 60 metros de distancia de núcleos de poboación.