Anda que non hai alternativas para celebrar un mitin. Na praza da Veracruz, no parque, poñelo a outra hora ou outro día. Menuda cagada dos de Pachi. Espero sabían rectificar. Ainda están a tempo. Senon que non conten co noso voto.

COPE O Carballiño ven de organizar o primeiro encontro electoral na historia do concello de Beade. Participaron no mesmo o candidatos á alcaldía deste concello ribeirán Alejandro Lodeiro Rodríguez (Agrupación Veciñal Independiente de Electores-AVIDE) Mateo Rodríguez Paz (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE) e Fernando Taboada Guntín (Partido Popular).

Obxectivo cumprido. A Asociación Fotográfica O Potiños realizou onte nada menos que 500 retratos na Praza Maior a veciños, veciñas e visitantes coa súa iniciativa “Pon unha foto na rúa”, na que colabora o Concello do Carballiño.
Contaxiouse así a paixón por este arte e encheuse o corazón da vila de cor cunha proposta que espera gran interese. As imaxes serán expostas na Rúa Principal e, posteriormente, entregaranse aos protagonistas. Levaranse así un bonito recordo desta xornada que xa é unha tradición na vila.
Dende o Cine Club Carballiño comunicamos que nos vemos obrigados a cancelar a proxección do filme Los reyes del mundo prevista para o día 26 de maio en sesións de 20:00 e 22:30 horas debido a que a candidatura de Espazo común de Carballiño decidiu organizar un mitin.
No cine club eramos conscientes de que a campaña electoral podía alterar a dispoñibilidade do Auditorio Manuel María, polo que a mediados de marzo puxémonos en contacto coas diferentes candidaturas ao Concello do Carballiño para ver a posibilidade de manter a nosa programación habitual dos venres, que remataba xustamente con esta película, así como organizar un ciclo de cine galego en tres días (do 19 ao 21 de maio). Todos os partidos manifestaron a súa vontade de non interferir cos seus actos de campaña na actividade cultural do pobo, e polo tanto das proxeccións do cine club. Procedimos entón á contratación e o pagamento dos filmes que tiñamos programados e a facer a cartelería correspondente, na que se anunciaban todas as nosas proxeccións. Este domingo día 21 de maio, recibimos un whatsapp dun espectador habitual no que se anunciaba un mitin de Espazo común o mesmo día que nos iamos proxectar Los reyes del mundo, á mesma hora e no mesmo lugar, sen recibir ningún tipo de comunicación por parte do partido. Postos en contacto con Espazo común, desdícense do que falaramos con anterioridade e non aportan ningunha solución, o que provoca a cancelación da película e os conseguintes gastos para a nosa asociación (dereitos de exhibición, publicidade, portes) . Manifestar a nosa sorpresa e malestar por este feito, que amosa unha falta de sensibilidade e de respecto tanto polo noso traballo como polo público que asiste ás proxeccións. Esperamos que dende hoxe ata o día do mitin sexan capaces de pensar en propostas máis interesantes para potenciar e colaborar coas asociacións e a vida cultural deste pobo. E de paso entendan que o interese xeral debe primar sobre os intereses particulares dun partido político.
Cine Club Carballiño

Aquí podes escoitar íntegro o debate electoral dedicado ao concello de Leiro, celebrado nos estudos de COPE O Carballiño. Participaron a candidata do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía de Leiro, Rebeca Paz Vázquez, o candidato a alcaldía deste concello ribeirán polo Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE Pedro José González Gonzalez, e o candidato á reelección á alcaldía polo Partido Popular, Francisco José Fernández Pérez.

Estes dias volveu derrumbarse unha das árbores do paseo do rio Arenteiro, xa é o terceiro se non levo mal a conta nos últimos meses no tramo que vai entre A Toscaña e a pasarela metálica do Cornubal, nun tramo que é transitado por moitisimas persoas a diario, son arbores prantadas fai unhos 15 anos e apenas teñen raices, caen a plomo, ollo que esto é un auténtico perigo porque pode caerlle a calquera enriba, debiase valorar a situación por parte de quen corresponda.

O Concello do Carballiño "segue apostando pola mellora da formación e a empregabilidade da poboación activa da contorna. Por iso, un ano máis levouse a cabo o curso preparatorio de Competencias Clave, que ven de rematar", informan desde a institución municipal.
Neste senso, apóiase a superación das probas que terán lugar mañá en Silleda e que lles dan aos participantes acceso a cursar Certificados de Profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación.
En dita formación, impartíronse as materias de lingua galega, lingua castelá e matemáticas a 15 alumnos. Ademais, contarán con transporte gratuíto para asistir aos exames.

A candidata á alcaldía de Boborás polo Partido Popular repasa en COPE O Carballiño o máis relevante deste mandato que remata e nos que foron os seus primeiros catro anos como alcaldesa, asi como os principais proxectos do seu programa electoral para os comicios do próximo dia 28 de Maio.

O detective Frank Soutelo, personaxe das novelas negras do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández, xa conta cun Roteiro na vila na que naceu o seu creador. A iniciativa, ideada pola profesora de Filoloxía Románica na USC Mariña Albor, en colaboración co Concello do Carballiño, pretende render homenaxe a este autor e á literatura galega, ademais de incentivar a lectura. Xunto con Arbor, no acto de presentación, que tivo lugar na Casa Consistorial, acompañaron ao autor Marcos Calveiro, director da Editorial Galaxia, e o deseñador Eladino Cabanelas.
Mariña Arbor asegurou que “Lume de cobiza” é a novela na que se inspira este Roteiro: “Con esta obra na man sentín un punto de agonía, lembrando os incendios daquel fatídico verán en que o meu lugar de adopción, Bertamiráns, se convertera nun campo de guerra”. Tamén agradeceu ao Concello o seu apoio a esta iniciativa, “que acolleu con gran entusiasmo”. Tal e como explicou Arbor, tres estatuas e 25 placas repartiranse pola vila neste Roteiro. A de Frank Soutelo tamén foi visitada esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega. Outras dúas personaxes creadas por Miguel Anxo Fernández están en proceso de elaboración: a dedicada a Sugar Jones situarase na Praza Maior e a de Dalia Maxino no Barrio de Flores.
Serán un total de 25 os espazos do concello nos que se colocará unha placa explicativa e entre eles se atopa a Igrexa da Veracuz, a oficina de turismo, a Casa Consistorial ou o Balneario. Ademais, difundiranse moleskine como as que emprega Frank Soutelo e que conterán fragmentos das novelas e mapas de ruta.
Miguel Anxo Fernández destacou o gran esforzo levado a cabo por Mariña Arbor: “Nunca darei agradecido o que leva feito esta muller por Frank e o agarimo que sinto como escritor, eu que non teño a maior ambición que a de divertirme escribindo. Ninguén é profeta na súa terra e ela quixo que así fóra. Aínda que non serei eu, será Frank”. Tamén agradeceu a acollida desta iniciativa por parte Concello : “Ogallá este Roteiro poida estenderse a outros lugares”. O escritor aproveitou o acto de presentación para anunciar que a súa próxima novela transcorrerá na vila e que Mariña será unha das súas personaxes.
Marcos Calveiro, director da Editorial Galaxia, tamén quixo poñer en valor esta iniciativa e agradeceu a colaboración do Concello do Carballiño para poder levala a cabo.

Aquí podes escoitar o debate electoral de COPE O Carballiño dedicado ao concello de San Amaro. No mesmo participaron os catro aspirantes á alcaldia de San Amaro nas eleccións do 28-M, Gonzálo Fernández Iglesias (ESPAZO COMÚN) Carlos Paz González (XUNTOS POR SAN AMARO) María Jesús Fernández González (PSdeG-PSOE) e Fernando Rodríguez Redondo (PARTIDO POPULAR)
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- …
- seguinte ›
- última »