
A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do novo centro de saúde de Boborás. O contrato foi adxudicado á UTE Pablo Falcón Novoa- Cesáreo Padrón Conde- Iago Pérez Fernández por un importe de case 74.500 euros.
Unha vez adxudicado e asinado o contrato, a empresa disporá dun prazo de 3 meses para entregar o proxecto básico e de 2 meses para presentar o proxecto de execución, unha vez que o proxecto básico sexa informado favorablemente. O obxectivo é definir unha idea global do edificio e da súa urbanización, coa súa concepción construtiva e de instalacións. O orzamento para a execución das obras do novo centro de saúde de Boborás estímase en 1,24 M€, un investimento da Xunta que quedará determinado finalmente no proxecto de execución.
A proposta para executar o novo centro de saúde busca a mellor integración co entorno en todos os seus aspectos: implantación da parcela, volumetría, deseño e emprego de materiais característicos da zona como a pedra e a madeira. O edificio será un elemento lonxitudinal, paralelo á vía de acceso Evaristo Riande, próximo ao borde sur da parcela. O peche será un muro de cachotería tradicional que separará o edificio da vía pública e daralle privacidade. Na parte norte da parcela conservarase a maioría do arboredo existente, autóctono, que será complementado con novas árbores adicionais, dando ao conxunto un carácter natural. Prevese a apertura de patios e espazos acristalados que introducen a visión de natureza no edificio, e espazos axardinados como un patio de entrada ou un patio lonxitudinal da zona de consultas. Tamén se aproveitará ao máximo a luz natural, prestando especial atención ás zonas de consultas.
No que se refire á distribución, na planta baixa, desenvólvense as consultas e as zonas de espera, que se dividen en dúas áreas separadas pola zona de acceso e recepción. Na planta superior proxéctase un pequeno volume que acolle os espazos privados para o persoal. A área de asistencia sanitaria contará con 2 consultas de medicina xeral, 2 de enfermaría, zona de espera e 1 sala da muller con aseo propio. Contarase, ademais, con área de respiratorios, con sala polivalente e sala de espera independente, e un área asistencia polivalente adicional. Cómpre lembrar que os terreos teñen unha superficie de 6.247,31 m2 e foron postos á disposición polo Concello.
A Deputación Provincial de Ourense achegará 186.000 euros para a urbanización dos terreos, orzamento que inclúe un aparcadoiro con 70 prazas, unha parada de autobús, beirarrúas e colectores para a xestión de residuos. O Concello está a urbanizar esta parcela, dotándoa de servizos urbanísticos e beirarrúas e incorporando, tamén, na súa parte traseira, unha zona de estacionamento que servirá ao conxunto de equipamentos que se están a construír neste ámbito. De acordo co programa funcional e de espazos, o centro de saúde incrementará en case un 40% a superficie actual.
Máis en concreto, o novo centro acadará unha superficie construída de 663,60 m² e unha superficie útil de 592,50 m2. A execución deste novo centro de saúde é froito do acordo de colaboración asinado entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Boborás. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, é a encargada de licitar e executar as obras, seguindo a encomenda da Consellería de Sanidade.

O PSdeG-PSOE do Irixo ven de comunicar que a Valedora do Pobo ven de admitir a trámite as 5 queixas remitidas a esta institución polo grupo municipal socialista e require ao concello do Irixo "para que en 15 días informe de porque denega o acceso a máis dunha ducia de expedientes solicitados polos socialistas".
Recordan os socialistas que o seu portavoz Iago Fariñas Valiña "solicitou o acceso a diferentes expedientes do Concello xa no mes de agosto, setembro e novembro de 2022 e febreiro 2023 sen que o alcalde concedese dito acceso". Aseguran que "van xa para 9 meses nos que o Alcalde do Irixo non amosa os expedientes e xustificantes das facturas da conta xeral do ano 2021". Tampouco da compra e venta de castañas e comercialización e fabricación de fariña, asi como de actividades organizadas polo concello tales como a Feira do Tellado e Festa do Cabalo 2022.
Fariñas tamén demandou a documentación da “Marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”, asi como da programación de concertos, actuacións e actividades do verán 2022. Tamén demandou, sen éxito -remarcan os socialistas, a documentación relativa á contratación de persoal do concello e do Obradoiro de emprego, asi como os expedientes relativos a diferentes obras e gastos, como tampouco tivo acceso o representante socialista "aos empadroamentos deste concello que se ten solicitado e a pesar de ter o acceso concedido por silencio administrativo positivo fai xa varios meses atrás".
Finalmente, os socialistas lamentan "a falta de transparencia e as trampas do alcalde Manuel Cerdeira que ten un problema grave no respeto á democracia, á lei, e os dereitos dos membros da corporación".

A segunda foto do fío bálsamos de fierabrás e ésta. Construcción do Concello, que invade unha rúa.
Trátase dunha obra estrella do Segundo Obradoiro de Emprego de Maside. Neste segundo obradoiro o Concello gastou 200.000 euros en material de construcción. A obra resultante é un edificio que invade en parte unha rúa contemplada pola norma subsidiaria. Máis tarde o máis cedo, o Concello terá que reparar o ilícito urbanístico (e o alcalde sabeo).
Recapitulando: Temos dous ilícitos urbanísticos que hai que reparar. Son Inmovilizados que na actualidade teñen uso cero. Un é propiedade do Concello, e outro é actualmente propiedade dunha entidade bancaria, responsable civil subsidiaria dos danos que causa.
Non sería o máis lóxico que o Concello reparese o seu propio ilícito e fixese útil o espazo que xa é da súa propiedade de xeito que se lle dea utilidade á súa propiedade ¿Que resolver os ilícitos da entidade bancaria?
Non quería facer esta entrada (pensaba que xa incluira a foto no post titulado bálsamos de fierabrás pero polo peso non se acaba de subir). Disculpen as molestias o resto de copenautas. É unha foto pesada e non me deixa colgala. Deixo un antogo comentario dun veciño de Maside onde se pode ver de qué se trata http://copecarballino.es/denunciacidada/e-iso-que-ven-sendo

Nada, que me chama un do PSOE e bótame unha bronca tremenda porque di que o convenio contempla a donación. Está ben, quedo máis tranquilo pero o resto do marrón urbanístico segue tal cual. Di que teño algo persoal contra o alcalde, e ben sabe o propio alcalde que non é así e que me cae de PM.
Pero semella que teñen unha ansia por facer colección de ilícitos urbanísticos. Non entendo ben as gañas de complicarse a vida. Este sería o terceiro ilícito urbanístico da colección. Vexamos dous.
A primeira foto é esa gran doación (o mamotreto de ladrillo). Habería que derribar a parte de enriba (gastos para o Concello), e facer importantes investimentos, non sei moi ben se a entidade bancaria correría cos gustes de segregación do inmoble.
Así mesmo temos outro ilícito urbanístico, construido polo propio Concello que invade unha rúa contemplada pola norma subsidiaria. é o da segunda foto.
Aquí tamén podería ir vivenda social.
E pra Bibiloteca pública e sala de informática anda que non sobran espazos sen necesidade de ter que coleccionar máis marróns urbanísticos.
Tampouco está ben facer esperar tanto ao propietario do inmoble perxudicado, que ademáis de levar máis de sete anos sufrindo os danos, unhos bromistas lle secuestraron o gato, polo feito de facer unha protesta máis que lícita.
En definitiva, este convenio parece convir máis á entidade bancaria que ao Concello. A entidade bancaria, actual propietaria, sae de rositas, sen gastos, e o Concello asume todo. Un planazo, a pedra filosofal que convirte ladrillos en ouro.

O seu pasamento chega despois de cumplir os 88 anos, estando en activo ata fai ben pouco tempo, sendo un dos sacerdotes máis veteranos da comarca do Carballiño.
Senén Rodríguez Vila estivo durante as últimas catro décadas á fronte do Santuario da Saleta, onde se celebra o 19 de setembro a romaría máis concurrida da comarca carballiñesa. Tamén exerceu como párroco de Astureses e Xurenzás, asi como encargado doutras parroquias do concello de Boborás, ata que foi relevado. O bispado nomeou ao seu sustituto no pasado mes de febreiro deste ano 2023.
O funeral terá lugar este lúns dia 10 de abril ás 7 da tarde no Templo da Veracruz do Carballiño, para posteriormente recibir sepultura no cemiterio de Señorín.

A Cofradía da Veracruz completou neste domingo de resurreción a programación da Semana Santa do Carballiño, coa última das seis procesións celebradas no marco do programa deste ano 2023.
Nesta procesión entre o Templo da Veracruz e a igrexa de San Cibrán procesionou o paso da Virxen dos Dores ataviada con traxe de Gloria, portada a hombreiros dos portadores, entre os que poidemos ver a José Carlos Márquez "Joseca", o futbolísta sevillano do Arenteiro. O acompañamento musical estivo a cargo da Banda da Cofradía de Dores de Ferrol.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de mellora do firme en 4 estradas autonómicas ao paso polas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, cun investimento de máis de 1 M€.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a contratación destas actuacións, establecendo como prazo para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de maio.
Estes traballos comezarán no verán e prevese o seu remate este mesmo ano, ao contar cun prazo de execución de 6 meses.
As actuacións levaranse a cabo nas estradas OU-206, no Carballiño; na OU-212, ao paso polos concellos de Avión, Carballeda de Avia, Leiro e Beade; na OU-901, en San Cristovo de Cea e no Irixo; e na OU-902, en San Cristovo de Cea e Vilamarín.
As intervencións consistirán na rehabilitación superficial do firme mediante o fresado e a reposición en arredor de 69 km de vía, completado co repintado das marcas viarias.
Ademais, inclúense outras actuacións adicionais, como a limpeza e reperfilado de marxes e a execución de gabias de seguridade de formigón.
Recentemente o alcalde de Maside veu cunha primicia na que sacaba da chistera un deses convenios electorais sobrevenidos a derradeira hora. Posteriormente, unha tertuliana da Cope exconcelleira do PP de Maside, reconvertida ás bonanzas do PSOE de Maside, vendeunos que este hito era algo así como a panacea, a pedra filosofal e o bálsamo de fielabrás (todo xunto) de paso que soltaba pullas contra o PP masidao, cousa que é lícita, pero inadecuada neste contexto.
Vaiamos por partes. O alcalde di que hai un convenio en que ABANCA lle cede ese esqueleto de bloques bastante deteriorado, para o uso do Concello, e que o alcalde o adicará pra vivendas socias, biblioteca, sala de ordenadores e blo, blo, blo... A tertuliana, moi enterada ela do proxecto, di que non será pra hoxe , "lóxicamente" apostilla.
Nin pra boxe nin pra mañá!!!! Nin pra 20 anos. O Concello non pode facer inversións públicas en bens que non sexan do seu propio dominio (legalmente claro a non ser que queriran meterse en serios problemas). Un convenio, aparte de non ter natureza contractual non resolve o pleno dominio do inmoble. Tan solo existen tres figuras xurídicas para outorgar o pleno domino ao Concello: Compravenda, donación e fideicomiso (máis complexa esta figura na que o dominio pertencería ao fin social e a entidade fiduciaria podería ser o Concello.
Así mesmo o inmoble non está segregado, carece de licenza de obra, e contra o Concello segue pendiente un contencioso administrativo por non iniciar a reposición da legalidade urbanística. Os problemas do propietario colindante seguen sen solucionarse e tampouco pode o Concello facer fronte aos danos causados polos propietarios, ata que teña o pleno dominio do ben e como responsable subsidiario poda facer fronte aos gastos de reparación conforme á legalidade.
Así que tanto a alcalde como tertuliana estanse a columpiar bastante.
Rogaría que no próxima entrevista ao alcalde lle plantexedes todas estas cuestións. E que se quere a tertuliana na próxima tertulia nos explique xurídica e políticamente todas estas cuestións que con tanto ánimo quérenos vender como o bálsamo de fielabrás.
A idea das vivendas sociais e boísima, e a biblioteca e sala de informática tamén. Pero tanto alcalde como tertuliana teñen que darlle unha voltiña a este proxecto porque pola vía do convenio é totalmente inviable, por non ser posible outorgar por este instrumento a propiedade do ben ao Concello. Así mesmo o Concello xa é propietario de varios inmobles onde serían posibles e viables estes proxectos. E lóxicamente facer un investimento público nunha entidade bancaria é un disparate. Qué dirían os de Podemos!!! Rescate á banca, blo, blo, blo... A Sexta cruxiría a Maside. (por rir un rato)

A Xunta reforzará desde este luns, 10 de abril, os servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense con dous servizos máis polas tardes de luns a venres.
A liña Estación de Autobuses do Carballiño-As Lagoas contará cun novo servizo de ida que sairá ás 17,15 horas do Carballiño e outro de volta que regresará ás 17,55 horas desde Ourense.
Estes novos servizos incrementarán as frecuencias polas tardes entre os meses de setembro a xuño, para atender as necesidades dos cidadáns e dos estudantes que viaxan entre O Carballiño e Ourense nestes horarios.
A partir da súa posta en marcha analizarase se existe demanda destes novos servizos por parte dos usuarios para mantelos tamén nos meses de verán.De constatarse que hai demanda, esas dúas expedicións poderán estenderse a todo o ano.
Nestes servizos, como en todo o transporte público autonómico, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios poden beneficiarse dos descontos da tarxeta de mobilidade de Galicia (TMG). Actualmente 390 mozos do Carballiño e máis de 2.600 da provincia de Ourense dispoñen da tarxeta Xente Nova da Xunta.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.
Estamos a 49 días de las próximas elecciones municipales y en O Irixo todo fluye de otra forma. Parece que el señor Iago ha visto la luz después del túnel y da señales de que está vivo y que no le cuadran las cuentas. Por todos es sabido que muchos vecinos llevamos diciendo que no cuadran las cuentas durante mucho tiempo, siempre tarde y mal. Concretamente tengo dos presupuestos en mi poder y no sin esfuerzos y lo que es cuadrar , cuadrar las cuentas no. Yo me pregunto si a estos 49 días no sería mejor dedicarlos a visitar a cada uno de los vecinos, a recordar las promesas que no se han hecho y a hacer un programa de altura, sobre todo esto último, aunque para eso también llega tarde. El visitar a cada uno de los vecinos le da una idea de que queremos, que nos falta y en donde hay que priorizar, pero como siempre tarde y mal.
Lo que si sabemos hacer bien son las fiestas y su debida promoción, pero a estes 49 días de las municipales lo ideal sería empezar a inaugurar todo lo prometido, piscina, rocódromo, la aldea modelo, … y presentación de un plan contra incendios, después de lo sucedido el verano pasado. Ya sería ideal que las brigadas estuvieran haciendo labor de prevención y avisando a los vecinos de las obligaciones en materia de prevención.
Donde esta ese fomento del empleo que Cerdeira hablaba en 2019, eso no es lo que manifiesta la población más joven de O Irixo.
Dónde está ese impulso al Camino de la Xeración Nós y esa promoción turística, ¿de que nos sirve ser pueblo mágico y sobre todo los viajes a Fitur y a diferentes ferias?, dado que la mayoría de los vecinos se quejan del despilfarro de dinero. Hagamos balance y pidámosle al Señor Cerdeira que nos explique a todos los vecinos que ha hecho en los últimos 4 años y que proyecto de futuro tiene y lo mismo a cada una de las formaciones que pretenden incurrir a las próximas municipales.
Helena Iglesias- Vecina de O Irixo
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- …
- seguinte ›
- última »