
O Arenteiro cítase coa historia este mércores dia 2 de novembro, ás 19:30 horas saltará ao terreo de xogo do estadio Luis Suñer de Alzira para disputar a gran final da Copa Federación, por vez primeira nos 64 anos de historia do club carballiñés está ante a oportunidade histórica de facerse cun título nacional. O partido será retransmitido en directo pola G2, a segunda canle da Televisión de Galicia.
O equipo partíu na noite deste pasado lúns dende O Carballiño, numerosos seguidores agardaban o paso do autocar á altura da rotonda da Alameda, onde os fútbolistas e corpo técnico foron despedidos entres vítores e aplausos. A expedición está aloxada nun hotel da capital valenciana, preto da cidade deportiva de Paterna, onde o equipo adestrou na tarde do martes e volverá facer outro lixeiro adestramento este mércores pola mañá, nas instalacións cedidas polo Valencia CF.
A UD Alzira, igual que o Arenteiro milita na Segunda Federación, no grupo 3, e o seu estadio ten unha capacidade para 5.000 espectadores, curiosamente o club celebra este 2 de novembro o seu centenario, prevese un ambiente de gala. A cidade de Alzira, a 40 quilómetros de Valencia, é a capital da comarca da Ribeira Alta do Júcar e conta cunha poboación de 45.000 habitantes.
O Arenteiro non estará só neste partido histórico a pesar dos 900 quilómetros que separan O Carballiño de Alzira. O grupo máis numeroso -55 afeccionados- viaxa nun autocar da Empresa Rodríguez con chegada prevista a Alzira ao mediodia do mércores, e emprenderán viaxe de volta despóis de que remate o partido, pero son moitos máis os que optaron por outros medios, vehículos propios, no AVE e mesmo en Avión, de feito o club valenciano xa despachou preto de 200 entradas a afeccionados do Arenteiro.
A RFEF organizou un xantar de confraternización ao que asisten os responsables da Federación Galega de Fútbol, Federación Valenciana, e directivas de ambos clubes. O premio para o campión desta Copa Federación é de 90.000 euros, mentres que o subcampión recibe unha compensación económica de 30.000 euros.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións en materia de infraestruturas, eficiencia enerxética e no ámbito cultural.
“Unha xuntanza moi satisfactoria", segundo valorou o presidente do goberno provincial, que garantiu o respaldo da Deputación a varios proxectos propostos pola rexedora, entre os que se inclúen actuacións de asfaltado en estradas do municipio. “Un proxecto necesario co que melloraremos a circulación entre os núcleos de Boborás e se reforza a seguridade dos veciños”, remarca Patricia Torres, que tamén sumou o apoio da Deputación para obras de humanización, “seguindo coa liña marcada polo goberno municipal deste comezo do mandato, neste caso con actuacións en Xurenzás e Brués”.
Nesta reunión, a rexedora prantexou a Manuel Baltar o proxecto de rehabilitación dos lavadoiros de Sonelle e Boborás, que contarán coa achega dun goberno provincial que no futuro tamén cofinanciará o DUS 5000, un proxecto de renovación do alumeado público -co seu paso a LED- activado a partir da obtención, por parte de Boborás, dunha subvención con cargo a fondos europeos do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE).
Ademais, a Deputación tamén colaborará coa financiación da festa histórica “1809. A Batalla”, que volve despois do obrigado parón pola pandemia.
“Proxectos e iniciativas importantes para Boborás, que permiten seguir mellorando as infraestruturas e servizos públicos á vez que se potencia o seu patrimonio e a súa capacidade turística”, valora Manuel Baltar antes de aplaudir o “liderado de Patricia Torres e o seu equipo de goberno municipal, permanentemente na procura de melloras para o concello, un traballo diario no que sempre terán a Deputación de Ourense ao seu carón”.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 318.090 euros a execución das obras de mellora do sistema municipal de abastecemento do concello de Leiro.
O contrato, adxudicado á empresa Proyecon Galicia, S.A. e cun prazo de execución de 4 meses, ten como obxectivo resolver os problemas de funcionamento na rede de subministración de auga deste municipio, coa renovación do treito da tubaxe desde Pazos de Arenteiro, no concello de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro.
Esta intervención forma parte do convenio asinado entre a Xunta e os Concellos de Boborás e de Leiro. Segundo ese acordo, a administración autonómica cofinanciará a actuación nun 80%, comprometéndose as entidades locais a realizar os trámites e a poñer á disposición os terreos necesarios, ademais de cofinanciar o 20% restante do importe das actuacións que corresponden cos seus respectivos servizos municipais.
Máis en detalle, a través da adxudicación deste contrato renovarase a tubaxe desde Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro, co fin de resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se producen neste treito de condución que abastece a potabilizadora e o depósito de Leiro.
O Concello de Leiro abastécese dunha captación situada no concello de Boborás, na canle de derivación do encoro de Albarellos. A auga trátase nunha estación de tratamento de auga potable existente no municipio de Leiro e distribúese a través dunha condución cunha lonxitude aproximada de algo máis de 7 quilómetros, dos cales máis de 4,7 se sitúan no termo municipal de Boborás e preto de 2,4 no municipio de Leiro.
Debido á antigüidade da condución que conecta a captación coa potabilizadora, son moi frecuentes as roturas, o que provoca faltas no subministro de auga á poboación.
Coas obras adxudicadas, executaranse as actuacións deseñadas por Augas de Galicia, coa renovación da rede municipal mediante a substitución da tubaxe existente e a instalación de ventosas para a eliminación do aire que se acumule na rede e válvulas de baleirado nos puntos baixos, coa finalidade de garantir o abastecemento á poboación.
As fotografias correspóndese coa ambientación feita por veciñas da Rúa Caridade, que outro ano máis, decoraron a praciña de entrada as súas vivendas. Tamén son numerosos os establecementos de hostalaría e comerciais do Carballiño que se sumaron a esta tradicional celebración do Samaín decorando os seus locais.
Ademáis, para este próximo venres dia 4 de novembro, e coincidindo coa ruta das tapas que promove a concellería de turismo do concello do Carballiño, están programadas actividades de animación, entre elas os pasarrúas da Charanga CLK.
Na Pista Roxa, instalaráse na xornada do venres a "Pasaxe do Terror", unha representación parateatral a cargo da compañía "Hipica Celta", que poderá visitarse en horario de 17:00 a 19:00 para o público infantil ata os 12 anos, e para os maiores desta idade e maiores en horario de 19:30 a 23:00.

A Deputación de Ourense impulsará a actividade dos pulpeiros do Carballiño e Arcos, para “axudar a reforzar o que son dende sempre: uns referentes e embaixadores da nosa gastronomía e dinamizadores do noso territorio”, segundo resaltou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, trala reunión co presidente e o vicepresidente da Asociación de Pulpeiros do Carballiño - Arcos, Roberto Pereira e Jesús Pereira.
“Esta liña de cooperación”, destaca Manuel Baltar, “permitirá á asociación e aos seus asociados avanzar no seu posicionamento, reforzando a súa proximidade coa clientela a través das novas tecnoloxías e cunha importante aposta pola imaxe e a comunicación para referendar o carácter xenuíno dos pulpeiros desta comarca, auténticos símbolos de Ourense e de toda Galicia”. “Este é un novo exemplo da nosa forma de traballar. Estamos en permanente contacto coas asociacións e entidades da provincia nunha relación absolutamente clave para Ourense”, valora Manuel Baltar, que reivindica a alianza do goberno provincial co tecido asociativo ourensá: “A Deputación confía na capacidade estimuladora e creadora de riqueza das asociacións e entidades que operan no noso territorio; e o tecido asociativo confía na Deputación pola nosa probada fortaleza para tecer colaboracións que permitan seguir favorecendo o crecemento de Ourense”.
En nome da Asociación Pulpeiros do Carballiño - Arcos, Roberto Pereira quixo agradecer o apoio da Deputación de Ourense: “Para nós é importantísimo. Este é un empuxe moi importante nun momento complicado, trala saída dunha pandemia na que case non puidemos traballar e no actual contexto de inflación. Agardamos poder devolver este apoio a todo Ourense e á comarca do Carballiño”. O presidente da entidade resalta que a través desta colaboración, “a primeira pública que recibimos en 14 anos”, as máis de 30 familias pulpeiras asociadas poderán avanzar no seu plan conxunto, con fitos como “unificar a imaxe do centenar de vehículos e carpas que empregamos, mellorar as nosas infraestruturas, seguir progresando na modernización da asociación e reforzar a nosa presenza en eventos de toda Galicia e tamén fóra”.
Segundo explican, a Asociación de Pulpeiros do Carballiño -Arcos naceu baixo “a protección do saber facer dun pobo que dende o século XVIII se dedica a cociñar o ‘Polbo á feira’, de xeito artesanal e tradicional, na parroquia carballinesa de Santa María de Arcos”. Nesta entidade agrúpanse, remarcan, “as familias que dende entón traballan o polbo día tras día en toda a xeografía de España e no estranxeiro do mesmo xeito, ata hoxe, sen cambiar a esencia da súa elaboración e tradición, pasando ese bo traballo de xeración en xeración”. A Asociación de Pulpeiros do Carballiño - Arcos sitúa como obxectivo principal “poñer en valor a figura dos pulpeiros, mellorando o seu coñecemento e posicionamento como símbolo da gastronomía”.
Entre os pasos deseñados pola entidade están fitos como redeseñar e reposicionar a imaxe da asociación; fortalecer e difundir unha imaxe única en todos os elementos vinculados á asociación; adaptarse e facer uso dos novos canles de comunicación para chegar aos potenciais clientes -internet, redes sociais, mailing, realizar eventos con impacto social ou innovar con proxectos vinculados ao mundo do pulpo, como unha aplicación de xeolocalizador para “localizar ao teu pulpeiro máis próximo”.

Ata 3 películas temos ata o xoves da semana que ven no Novocine de Leiro, con estes títulos e horarios: "Lilo, Mi Amigo El Cocodrilo" (16:00 h.) "BLACK ADAM" (18:00 h.) "Los Renglones Torcidos de Dios" (20:15 h.
Na Mostra de Teatro Amador que organiza Tiruleque doble programa para esta fin de semana. O Sábado co grupo de teatro "Ollomao" de Barreiros-Lugo represena "O Documento" sobre un conto de Ánxel Fole no que verémos un desfile de personaxes entre o real e o grotesto, e o domingo o tamén grupo lucense "Achádego Teatro" trae a O Carballiño "Nadal na casa dos Lamelo", con máis teatro de comedia. Ambas representacións no auditorio do Carballiño en horario de 20:00 horas.
Soutelo de Montes celebrará o domingo 30 a décimo oitava edición da súa Festa dúas Cogomelos, que este ano ofrecerá un menú popular a base de arroz con xabaril e cogomelos, callos con cogomelos e tosta de cogomelos.
A degustación será baixo a carpa instalada na Praza dúas Gaiteiros, a partir das 14.00 horas. A xornada festiva arrincará moito antes. Ás 9.30 horas comezará a camiñada desde Silvaescura á Fervenza dá Graña, con saída desde a Praza dúas Gaiteiros, tres horas de duración e necesidade de inscrición previa (candesanroque@gmail.com). A inscrición custa 15 euros e inclúe almorzo, avituallamiento, seguro e xantar a base de pratos de cogomelos.
Ás 10.30 abrirá o mercado de produtos locais e de artesanía, ás 11.00 comezará a recepción para o concurso de cestas de cogomelos e produtos da terra, ás 12.30 actuará Cé Orquestra Pantasma e ás 13.15 será a entrega de premios dos concursos de cestas e de fotografía.
Antes no centro de saúde do Carballiño o médico ou a enfermeira saian á sala de espera a chamar aos pacientes. Agora ao mais puro estilo hospital puxeron unhas maquinitas para sacar o ticket coa vez e logo unhas pantallas para estar mirando todo o tempo para elas cando nos sae o noso número. A iso chegamos. A esto chega o maltrato ao paciente. Que hai xente que non ve ben ou que é moi maior e xa non entende disto. O que non entenden dende a sanidade pública que toma estas decisións é que é mais cómodo e axil para eles é un incordio e un atraso para os usuarios. Espero recapaciten. e revirtan tal decisión.
Boas tardes, quero pedirlle a xente da comarca do Carballiño e arredores que desperten do seu letarago e que salgamos a calle a protestar pola pesima sanidade que temos no Ambulataorio de Carballiño( e digo no Carballiño xq é donde teño que ir eu) pero esto pasa en todos os Ambulatorios.
Cando vas o médico, no meu caso falo da tarde, as salas están vacias, os medicos/as están de parola coas da ventanilla e ven que te sentas na sala e seguen de conto, da igual que vaias por algo urxente ou leve, elas/es fan que non te ven.
E por se fora pouco van e poñen unha màquina pa quitar a vez, e unhas pantallas pa que nos estreteñamos mirando cando sae o nosa vez, que rediculo, sintoo moito polas aboas/os que teñen dificultad de vision ou que non estén postos nas novas tecnoloxias, neste mundo dase por feito que todo o mundo ten que saber de todo, e non é así. pa catro veciños que somos no Carballiño tanto traballo era pos médicos sair a sala a chamar ós pacientes.
E as enfermeras que nos terian que atender nese momento NUNCA ESTAN e sempre é a mesma excusa ESTAN FACENDO DOMICILIOS, veña xa, unha cousa é ser tontos e outra querer facernos tontos. pido un pouco de respeto polos pacientes .
Están mexando por nós e temos que decir que chove.
Onte no pleno escoiteille ao alcalde decir que saneou as contas do concello. Que cando el chegou se debían 4 millóns de euros e día de hoxe, sete anos despois esa deuda está casi totalmente saldada. Quenes escoitamos eso, así en frio, e non controlamos moito de eses temas só nos podemos maravillar da boa xestión do alcalde. Pero hoxe na tertulia Nogueira dixo que ese saneamento económico foi forzoso pois hai tres leyes (creo que as chamou leyes montoro) que obliga aos concellos a usar os seus aforros para pagar a súa deuda. Leyes que estan suspendidas este ano, lle entendín. Vamos, que de boa xestión nada, senon que xestión imposta.
Estas cousas está ben sabelas e que se expliquen para que a xente sepamos de verdade como está a realidade lonxe dos titulares sensacionalistas que moitas veces lemos sin saber facer unha lectura real da situación que se nos está a narrar.
Gustaríame propoñerlle á cope que fixese un pequeno monográfico con Nogueira e outras persoas que dominen estes temas explicando cuestións básicas de esta índole: lectura dun presuposto, ordenanzas fiscais, tipos de impostos,etc. Cousas que afectan ao noso concello e das que na súa maioría descoñecemos ou non sabemos como entendelas cando os nosos políticos as citan.
(Ollo, menciono a Nogueira non por afinidade política, que non a comparto, sinon porqué é o único que as veces aclara estas cuestións algo técnicas, incluso con exemplos).

Dous establecementos do centro do Carballiño distantes apenas 30 metros, foron obxeto de roubos na noite-madrugada deste venres dia 28 de outubro. Os propietaros presentaron nas últimas horas denuncia ante a Garda Civil.
Os ladróns conseguiron entrar no Bar Meu, popularmente chamado o bar dos callos, na rúa da Carreira, tras forzar as portas da parte traseira do local, levándose diñeiro en efectivo, 600 euros dos botes das propinas e 400 euros da venda de lotaría, asi como varias botellas de licores e outras bebidas, o seu propietario calcula que en total son 3.000 euros o importe do valor do roubo.
O outro roubo rexistrado nas últimas horas foi na Mercería La Moderna, na Praza da Mina, tras acceder pola porta principal, apoderáronse de 2.000 euros en diñeiro efectivo que a propietaria gardaba nun sobre e na caixa rexistradora. En ambos casos, os ladrons non causaron ningún desperfecto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- …
- seguinte ›
- última »