
Os socialistas veñen de presentar un escrito no Concello de Leiro, para indicarlle ao rexedor municipal e ao seu grupo de goberno cando teñen pensado rematar a obra de estabilización do barranco da ctra municipal que vai desde o empalme ata a praza da Moreira, xa que -afirman- leva un monton de meses parada e que supón un perigo evidente tanto para os vehículos que circulan pola mesma, como para os propios veciños que camiñan por esa vía.
Lémbranlle ao goberno municipal que o arranxo desta estrada foi proposta polo Grupo Municipal no ano 2018 atraves dunha mocion "na cal lle pediamos no acordo da mesma, que o Ayto de LEIRO procedese ao arranxo de forma inmediata da ctra no lugar chamado Empalme ata a Praza da Moreira no pobo de Beran, xa que na curva anterior ao cruzamento de Celide existen fochancas considerables e esborralle da estrada, viendose os vehículos obrigados a circular polo lado contrario segundo sentido habitual, xerando unha situacion de considerable perigo para a seguridade viaria dos moitos usuarios que a utilizan", indican.
Tamén manifestan que "o grupo municipal do PSOE de Leiro , foi informado polo noso deputado provincial na deputación provincial Nacho Gomez, que habia asinado un convenio de cooperación entre a deputacion de Ourense e o Concello de Leiro para a execución de óbra Estabilización de terrapléns en Lebosende e Beran por un valor de 22.834´44€ no cal se comprendía arranxar, o que é o terraplen da ctra empalme ata praza dá moreira".
Por iso que os socialistas esixen "ao Grupo de Goberno do Partido Popular que se rematen dunha vez esas obras que están a medias e supoñen un gran perigo para a ciudadania e todo pola despreocupación e o deixamento das funcións que non é outra que exercer as funcións de vixilancia e control en evitacion dunha situación potencialmente perigosa para os usuarios da citada estrada, de modo que compete aos servizos municipais, o mantemento e a conservación das ctras publicas, e así garantir a seguridade en lugares públicos. Esta competencia vén recollida Lei reguladora das bases de réxime local".
A triste realidade é que nada mudou. Pasaron as elección autonómicas e tódalas promesas feitas por uns e outros sobre o funcionamento da Residencia do Tempo Libre caeron no saco do esquecemento post-electoral.
Esta emblemática instalación encravada no Parque Municipal e que de sempre foi unha importante fonte de ingresos para a economía local e un inesgotable imán para a chegada de novos visitantes ó noso pobo, volta a ver como Xunta e Concello incumpren a súa palabra.
Cando Espazo Común presentou unha moción no mes de xuño para acadar o compromiso de todos de garantir o seu funcionamento a pleno rendemento deica fin de ano e do ano completo en exercizos futuros, todo foron boas verbas e o apoio foi unánime.
No pleno de xullo, xa sendo coñecedores de que os traballadores sospeitaban que se podería prescindir dalgúns deles pola falla de ocupación, preguntamos ó alcalde Fumega quen afirmou que xa tiña todo solucionado.
Por suposto, mentía unha vez máis.
A realidade é que un grupo importante de empregados da Residencia de Tempo Libre xa foron envíados para á súa casa ¡no mes de agosto! e non contan con garantía ningunha de que as instalacións funcionen o resto do ano.
Dende Espazo Común demandamos á Xunta de Galicia e ó Concello do Carballiño que cumpran co acordado e traballen para que esta instalación tan importante para a economía da nosa vila non siga a deixarse de lado co conseguinte perxuizo para a pobo e para os traballadores da mesma.

En tempos de pandemia, toda precaución é pouca e ahí non hai lugar á discrepancia. Non obstante, semella que unha vez máis todas as olladas tornan cara o mesmo lugar no noso benquerido pobo. A xuventude é obxecto de crítica constante faga o que faga, e neste caso no ía ser diferente.
Despois do famoso “brote xuvenil” formado por xente de “entre 53 e 42 anos” e as decenas de críticas en redes sociais á mocidade pola sua inconsciencia e despreocupación, non son quen de saír do meu asombro. Disque a xente adulta somos máis responsables cando imos de vacacións fora de Galicia, cando nos xuntamos en paparota cos amigos, cando despois de traballar cara ó público imos tomar a chiquita ou mesmo cando nos sentamos en calquera terraza da ateigada rúa principal.
E por se este exercicio de hipocresía non fose de abondo, o peche da Pista Roxa no día de onte remata por demostrar a incomprensión xeralizada da nosa xuventude pola sociedade en xeral, e polo goberno local en particular. Os riscos de contaxio durante a práctica deportiva están ahí e a ninguén se lle ocurriría poñelo en dúbida, pero, cal é a alternativa de ocio para os cativos se non poden facer deporte? Alguén considera que impedir a práctica deportiva ó aire libre vai facer que estes grupos de rapaces deixen de xuntarse? E o que é peor, este mesmo grupo de rapaces pode alquilar o pavillón municipal, previo pago da sua cuota e facer exactamente o mesmo que fai na Pista Roxa.
Así, polo tanto, semella que a conclusión é evidente. A única diferencia entre a temeridade da xuventude e o suposto ben facer dos adultos son os cartos. Os adultos consumimos e iso danos dereito a facer. Os rapaces non pagan e polo tanto non teñen dereitos. E esta realidade levanos directamente a una pregunta máis profunda que subxace en todo este escrito. ¿Qué condición prevalece na actualidade? A de ciudadán ou a de consumidor/cliente?

O rastreo dos contactos das persoas que tiveron relación nos últimos dias coas catro persoas inicialmente afectadas polo brote de Covid 19 no Carballiño notificado por Sanidade este pasado xoves dia 27 de Agosto, suma outros tres positivos confirmados por PCR, o que eleva a sete persoas as infectadas neste último brote no municipio do Carballiño.
Polo menos tres establecementos do Carballiño abertos ao público pecharon as súas portas para levar a cabo traballos de desinfeccion nos locais, relacionados coa presenza das persoas afectadas con este brote de coronavirus.

As condicións meteorolóxicas favorables deste verán incrementaron en gran número os bañistas que a diario viñeron acudindo ata a praia fluvial de Leiro para darse un baño nas augas do río Avia.
O alcalde da localidade, Francisco José Fernández, deu a coñecer un proxecto de mellora para esta zona e para o que agarda os permisos e financiación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil "fai aproximadamente un ano que xa presentamos un proxecto municipal á Confederación coa idea de acondicinar tanto a zona de baño como outros aspéctos, o certo é que a pandemia impediunos avanzar neste proxecto como nos houbese gustado, pero se non pode ser nos orzamentos deste ano espero que sexa nos do ano próximo", subliñou o rexedor municipal.
A actuación prevista polo concello para esta zona inclúe a instalacións de dous pantaláns, colocacion de duchas e iluminación, ademáis da ampliación do areal existente.

Trátase do segundo brote que se notifica por parte de Sanidade no municipio de Avión durante este mes de Agosto, o primeiro que afectou a tres persoas, declarouse o pasado dia cinco, e agora comunícase este segundo brote que afecta inicialmente a catro persoas.
Dende a institución municipal recoméndase extremar as precaucións, uso obrigatorio de mascarilla, manter a distancia social e limpar con frecuencia as mans. ante calquera síntoma da enfermidade NON saír da casa e chamar ao: Centro de Saúde 988 48 60 27 Teléfono, Coronavirus Galicia 900 400 116.

O Sergas ven de comunicar que xurdiu un novo brote por coronavirus no Carballiño, que afecta de momento a catro persoas, pero prosigue o rastreo por se poidese haber máis persoas afectadas.
Por isto, o concello pide a máxima responsabilidade aos veciños, e en especial á mocidade, para que se respeten escupulosamente todas as medidas sanitarias de separación, uso da máscara e lavado frecuente de mans. Así mesmo, comunícase que a Policía Local está alertada desta circunstancia, e que intensifica a vixilancia para colaborar coas autoridades sanitarias no control deste brote e na aplicación das medidas de prevención en todo o termo municipal.

Coincidindo coa festtvidade de San Vitorio nee 27 de Agosto de 2020 o concello de Maside procedeu ao izado da súa nova bandeira oficial, converténdose asi no primeiro concello da comarca en contar con este distintivo, recoñecido oficialmente como tal pola comisión de heráldica da Xunta de Galicia.
No acto solemne, que contou coa presenza da corporación municipal e numerosos veciños de Maside, a banda de música A Lira interpretou o himno galego. A bandeira de Maside xa comparte balcón na casa do concello xunto as bandeiras galega, española e europea.
O expediente ante a Xunta de Galicia foi iniciado en 2008 avaliado polo estudo histórico asinado polo investigador masidao e experto en heráldica, Xosé Ricardo Rodríguez.

O PSdeG-PSOE "ven de recibir no dia dunha nova moi importante para o futuro do noso Concello de Leiro, atraves dos nosos representantes, neste caso dos deputados e senador en Madrid, que lle comunicaron o noso Portavoz Manuel Rodríguez" e continúan no seu comunicado os socialistas manifestando que "a Secretaria de Estado para o Avance Dixital, vai a dotar de rede de banda ancha, a varios pobos do noso Concello, que estaban carentes de cobertura como son Beran, Cubilledo, Gomariz, Casar, Lebosende,Leiro, As Cortes, Orega, Barouta, Meson do Pardo, A Ponte, A Veiga, Paredes, Saa, Vieite e Barzamedelle todos estos pobos estaban dentro do que se denomina zonas blancas que son zonas que no dispoñian de cobertura de rede de banda ancha de nova xeneración, nin previsions para a sua dotación por algún operador, polo que no dia de hoxe os nosos compañeiros nos confirmaron que en proximas datas se vai executar a través da adxudicación a empresa Telefónica, coa cofinanciación de Fondos Europeos Feder e o Goberno de España", indican os socialistas de Leiro.
O portavoz no concello de Leiro, Manuel Rodríguez. salianta que "a nos mes de Febreiro de este ano 2020, presentamos en Pleno unha Mocion na cal pediamos a cobertura de internet e movil, porque creemos que si queremos asentar poboación no rural, pois temos que levar acabo politicas enfocadas as melloras das novas tecnoloxías, xa que resultan hoxe absolutamente básicas para vivir e traballar e mais agora con esta pandemia do COVID-19, eliminando está fenda dixital por parte do Goberno de España vamos a ter as mesmas oportunidades laboráis, de formación, de emprendemento e de ocio que internet e as novas tecnoloxías nos brindan", celebra finalmente o concelleiro.

O concello do Carballiño ven de anular o procedemento administrativo para a concesión municipal do Servizo de Axuda no Fogar e Espazo Común considera que é unha mostra "do nivel de incapacidade para resolver os problemas máis sinxelos que amosa o goberno do Carballiño comeza a ser preocupante. Queda claro que sendo o goberno máis caro da historia, semellan firmemente decididos a ser tamén o máis incapaz".
ESCO entende que "a xestión dun servizo público da importancia do de axuda no fogar, do que dependen un bo número de persoas e familias é unha clara mostra do desastroso funcionamento do goberno de Fumega". E explican a súa critica recordando como "despois de manter en precario, co contrato vencido, durante 20 meses, á empresa adxudicataria, no mes de maio o PSOE levou a pleno a aprobación dun novo concurso, incumplindo así o alcalde unha vez máis a súa propia palabra e esquecendo o compromiso de remunicipalizar dito servizo". Ademáis, recordan que "na sesión do 12 de maio aprobáronse uns pregos que dende Espazo Común xa advertimos que contiñan erros e irregularidades. A pesares dos avisos o rexedor decidiu continuar adiante e pasar o rodillo da súa maioría absoluta. Só un mes despois, o 17 de xuño tivo que recuncar e voltar a levar os pregos a pleno cun importante número de correccións".
Aseguran dende Espazo Común que a partir desa data, o único requisito era subir os pregos aprobados á Plataforma de Contratación do Sector Público para que as empresas interesadas poideran comezar a presentar ofertas. "Un traballo que nun mundo normal levaría apenas unhas horas, vai xa por tres meses e medio para que o Concello do Carballiño complete o trámite. A día de hoxe, a páxina para facelo, que leva pendurada da páxina dende o 10 de xullo xa foi rectificada o día 28, o que implicou unha obrigada ampliación do prazo legal para a recepción de ofertas e no día de onte, 25 de agosto aparece o concurso coma anulado",poñen de manifesto. Remarcan, finalmente que "a ineptitude á hora de xestionar un contrato de 4.500.000 € resulta impresentable e dende Espazo Común demandamos á concelleira responsable Guadalupe Sobrado e ó alcalde Fumega que dean explicacións de xeito inmediato".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 346
- 347
- 348
- 349
- 350
- 351
- 352
- 353
- 354
- …
- seguinte ›
- última »