
A Garda Civil, e o resto das forzas de seguridade, lembran á cidadanía a obrigación de cumprir o establecido no Real Decreto 463/2020, modificado polo RD 465/2020, polo que se declara o Estado de Alarma para a xestión da crise sanitaria.
En Galicia, este xoves día 19 de marzo é festivo. As forzas de seguridade lembran aos cidadáns a responsabilidade que ten coa sociedade para formar parte nesta loita contra o COVID-19 e a obrigación de permanecer nos seus domicilios.
Non vaias á túa segunda residencia
De acordo ás medidas recollidas no Real Decreto, durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización dunha serie de actividades moi concretas, entre as que non se atopan os traslados a unha segunda residencia. Por tanto, lémbrase a obrigatoriedade de permanecer na residencia habitual.
As Forzas e Corpos de Seguridade velarán na rúa para que este tipo de desprazamentos non leven a cabo.

“O BNG mostra a súa total colaboración co Goberno local para afrontar a crise do coronavirus e ponse á súa disposición para todo aquilo que se xulgue necesario”, afirmou a portavoz municipal Sofía García, ademais de agradecer o labor do persoal sanitario e de profesionais que garanten os servizos e produtos básicos en O Carballiño nesta situación de alerta.
Haberá tempo de avaliar se as medidas tomadas foron “as máis eficaces e se actuou con celeridade”, mais este “é o tempo da lealdade institucional e da unión de todas as forzas políticas e sociais nun momento en que está en risco a saúde de milleiros de persoas”, explicou. “Desde o BNG apostamos por reducir ao mínimo o traballo do persoal das empresas concesionarias, sempre ligado a cubrir necesidades básicas da poboación, engadiu Sofía García.
Para alén das medidas sanitarias e de contención que se desenvolven seguindo as instrucións das autoridades pertinentes e os criterios técnicos e científicos, desde o BNG entenden que cómpre reforzar as medidas de protección social e axuda aos colectivos máis desfavorecidos ou en risco como maiores, dependentes, familias monoparentais, persoas en risco de exclusión social e habitantes do rural, entre outras.
Reclama tamén reforzar a información e asesoramento á poboación “nunha situación de alarma social nunca antes vivida e que provoca moitas incertezas e inseguranzas”. Neste sentido, referiuse a que é preciso traballar en medidas de axuda aos sectores máis afectados desde o punto de vista económico como comercio de proximidade, traballador@s, autónom@s e sector turístico.
Aproveitou tamén para facer un chamamento á colaboración cidadá e para manifestar “o sentimento de orgullo da resposta da poboación de O Carballiño, sempre comprometida e solidaria”.
A portavoz municipal do BNG quixo agradecer “o esforzo do persoal sanitario, verdadeir@s heroes e heroínas na loita contra o virus, así como a todas as persoas da nosa vila e comarca que teñen que traballar para garantir os servizos básicos e a subministración de produtos de primeira necesidade”.
O Carballiño es una ciudad sin ley, en todos los sitios te multan, está la policia y guardia civil por ahí controlando, aqui no hay nadie, ni nadie te dice nada, es triste ver a madres con hijos en los coches, a gente paseando, y dos personas juntas en el coche,o en el super matrimonios, los que salimos a trabajar alucinamos con la estampa de Carballiño. Por favor autoridades que hagan algo, nosotros aun no vimos ni a la policia ni a la guardia civil, por las calles parando y multando, debe estar solo en la entrada de la calle principal, y Carballiño tiene muchas calles. Es nuestra seguridad

A Policia Local do Carballiño leva dende o inicio do estado de alerta facendo un control diario da mobilidade da poboación, fundamentalmente dentro do casco urbano do Carballiño, ata o momento non abríu ningún expediente sancionador por desobedecer a restricción de quedarse na casa sen xustificación, centrándose sobre todo en funcións informativas.
Pois ben, a partir deste mércores dia 18 de Marzo comezará a pedir que se xustifique a mobilidade dentro do municipio do Carballiño, tanto a peóns como a conductores de vehículos, según advirten dende a Xefatura da Policia Local carballiñesa, que dende a entrada en vigor do estado de alerta está baixo o mando único do Ministerio do Interior.
As multas por saltarse sen xustificación o confinamento domiciliario van dos 601 aos 30.000 euros, e prisión de tres meses a un ano se a resistencia á autoridade é grave.
Este mesmo control de mobilidade das persoas durante o tempo que dure o estado de alarma tamén pode exercélo tanto a Garda Civil como a Policia Autonómica.

A Consellería de Sanidade vén de publicar, a través da páxina web https://coronavirus.sergas.gal, que o Servizo Galego de Saúde dedica de xeito exclusivo ao coronavirus, un autotest para que a cidadanía poda consultar síntomas e resolver dúbidas relacionadas con esta enfermidade.
Coa posta en marcha deste test interactivo, elaborado por persoal sanitario, proporciónase á poboación un sistema áxil e inmediato no que atopar información actualizada sobre cuestións relacionadas co coronavirus. Ademais o feito de que o test personalice as respostas, a través de preguntas concretas, permite ofrecer recomendacións adaptadas á situación particular de cada persoa.
Esta nova ferramenta de información e consulta, súmase a outras iniciativas relacionadas coa atención a esta enfermidade, xa postas en marcha desde Consellería de Sanidade, como o teléfono gratuíto 900 400 116 que nestes días incrementou a súa demanda asistencial ata nun 60%.
O test, que está dispoñible en galego e castelán, presenta catro entradas que formulan as diferentes situacións que poden estar a vivir as persoas que o realizan, así como información sobre as dúbidas máis frecuentes acerca de temas relacionados co coronavirus. No primeiro lugar está a opción para as persoas que teñan síntomas e que estean preocupadas porque cren que poda deberse ao coronavirus. Neste caso a través do recoñecemento dos síntomas que presenta a persoa (tose, dificultade para respirar, febre maior de 38º ou sen síntomas) e a través dun sinxelo interrogatorio danse recomendacións ou se indica como acceder ao sistema sanitario para que sexa atendido por profesionais sanitarios.
A segunda entrada é para aqueles que se atopan illados ou confinados na casa. Neste caso, danse unha serie de indicacións sobre o que deben facer mentres permanezan na súa vivenda. Tamén se indica o que deben facer no caso de que estean pendentes de que se lle tomen as mostras para saber se están contaxiados, no caso de que estean á espera dos resultados das mesmas ou se empeorou a súa clínica desde o confinamento.
A terceira entrada informa a aqueles que deran positivo nesta enfermidade e ofrece as recomendacións a seguir mestres estean confinados ou no caso de que a súa clínica empeorase desde que permanecen no domicilio. Por último, a cuarta entrada ofrece información sobre as dúbidas máis frecuentes acerca de temas relacionados co coronavirus.
Cómpre recordar que o novo coronavirus transmítese principalmente por vía respiratoria e polo contacto directo con secrecións respiratorias e que na maioría dos casos a infección por esta enfermidade é similar a un arrefriado común.
A Consellería de Sanidade solicita, unha vez máis, que se empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella chamar os seus centros de saúde ou utilizar o número gratuíto 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para facilitar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Para acceder ao autotest sigue a ligazón: https://coronavirus.sergas.gal
Nestes últimos días estamos asistindo a compras compulsivas nos supermercados do Carballiño. Comprendo que é necesario que a xente quera mercar os productos necesarios para pasar esta cuarentena durante quince días, pero o que non pode ser é que se merquen productos en grandes cantidades como para pasar varios meses encerrados nun refuxio nuclear.
O resultado destas compras a gran escala é máis que evidente nos supemercados da nosa vila: estantes valeiros nos que faltan auga, leite, pan de molde e papel hixiénico. (Por certo ¿para que se compra tanto papel hixiénico?, ¿será acaso por que o coronavirus provoca diarrea? ou ¿tal vez será para evitar que o coronavirus infecte as persoas por vía rectal?. Se hay un médico lendo esto que nos aclare esta dúbida)
Debemos ser responsables e mercar con mesura, xa que de seguir así comprando máis do que precisamos provocaremos o desabastecemento, subiran os prezos dos productos, habera racionamento (ou se establecerá a compra dun número limitado de productos) e deixaremos sen eles a quenes realmente o precisen. Por favor merquemos só o que precisemos e non unicamente pensando en nós senon tamén nos demais. Con disciplina e boa vontade poderemos salir con ben desta crise.

Afirman dende o grupo municipal do Partido Popular que "estes días son moitas as persoas que nos están a trasladar a súa preocupación por que non saben onde e a quen dirixirse, ben para solucionar os inconvenientes que o estado de alarma prodúcelles, ben porque queren axudar como voluntarios a solucionar os problemas dos máis. E o Concello do Carballiño non está a ser todo o operativo e eficaz que é de desexar nun momento de crise como o actual".
Entenden que se perdeu toda a fin de semana e que "a estas alturas, a piques de finalizar o luns 16, cando o Decreto de Estado de Alarma en España anunciouse o venres 13, decretouse o sábado 14 e aplicouse o Domingo 15, non teña nin sequera un bando claro, máis aló de sinalar os espazos municipais que se pechan e recomendacións básicas para combater o Coronavirus, bando feito o día 13 de marzo".
Tamén critican que a dia de hoxe non exista un "NÚMERO DE TELÉFONO ÚNICO" de uso exclusivo para atender calquera situación de emerxencia que poida ocorrer, para necesidades urxentes, para, principalmente, subliñan, persoas que vivan soas, preferentemente de avanzada idade, para necesidades de abastecemento de medicamentos ou mesmo de alimentos, co fin de que estas persoas non teñan que saír á rúa innecesariamente.
O Partido Popular manifesta, ademáis, que a crise do coronavirus está deixando ao descuberto que o censo de persoas que viven soas é unha falacia "desde hai varios meses que o Concello conta cunha listaxe de persoas que viven soas e que se está a contactar con elas, pois ben, estamos en condicións de asegurar que o único que ten o Concello é unha listaxe de persoas que aparecen empadroadas soas, pero que non se axusta á realidade, porque non se pescudou se en realidade as persoas desa listaxe viven en realidade no Carballiño, se contan con familiares que viven preto, ou os que en realidade viven sós, aínda que figuren outras persoas empadroadas no seu domicilio. Non se verificaron os datos coa teleasistencia da Deputación, ou coa Cruz Vermella, ou mesmo cos datos de axuda no fogar, polo que, para todos os efectos, a listaxe que manexan non é efectivo para o que se precisa neste momento. Por iso cremos que sería conveniente que, desde o Concello, verificásen os datos o máis pronto posible, e que tamén se solicitase a colaboración cidadá para determinar con precisión que persoas poden necesitar esa axuda especial", manifestan os populares.
E reprochanche a Fumega que "o Alcalde diga que vai reforzar o servizo de teleasistencia cando este non é un servizo municipal, a non ser que a estas alturas aínda non se decatase disto".
O Partido Popular recórdalle ao rexedor municipal que "O servizo de teleasistencia, que é propio da Deputación e que dá servizo tamén no Carballiño a un total de 131 persoas, sendo o municipio que máis usuarios ten na provincia, xa está a ser reforzado pola Deputación Provincial, polo que dese tema non ten que preocuparse, porque o reforzo está a facerse, mesmo sen que o concello do Carballiño pedíseo á Deputación".
E repróchanlle que "tiña que reunir durante toda a fin de semana ao operativo necesario para poñerse a funcionar. Nunha situación como esta non existen domingos, só existen días de risco continuo, e o alcalde non foi capaz de organizar un operativo con tempo, nin tampouco foi quen de informar os traballadores municipais para que cada un soubese, antes de chegar ao Concello, cal era a situación. Tampouco nos parecen adecuadas as condicións de traballo que se lles deron aos traballadores dos servizos municipais, pois se podería facer moito máis teletraballo que o que se prevé, simplemente dando máis acceso á administración electrónica do Concello".
Finalmente, o Grupo Popular, pónse "ao dispor do equipo de goberno para colaborar en todo o que precisen, e damos as grazas e ánimo a todo o persoal que está traballando para os veciños de O Carballiño".

Profesionais do servizo municipal de axuda no fogar do concello do Carballiño denunciaron nesta emisora de radio a situación de inseguridade sanitaria na que están desenvolvendo o seu traballo de atención domiciliaria, por falta do material máis elemental.
Aseguran que dende o inicio da pandemia do coronavirus, e mesmo xa declarado o estado de alerta, siguen sen contar co equipamento de protección máis básico "so temos guantes, pero nada maís, nin batas desechables nin tan xiquera unha máscara", aseguran, "estamos cansas de pedilo pero pásanse a bola dunhos a outros e está en xogo non so a nosa saúde, senón a dos nosos maiores, que son os máis vulnerables, é unha absoluta irresponsablidade", remarcan.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega asegou -a preguntas de COPE O Carballiño- que esta mesma mañá xa mantivo unha conversa cos responsables da empresa que xestiona este servizo, e que lle manifestaron as dificultades que estaban tendo co abastecemento deste tipo de material, que estaba en vías de solución.
Doutra parte, nesta mañá de lúns reuníuse por vez primeira a comsión de seguimento constituída no concello do Carballiño das medidas que entraron en vigor a través dunha resolución da alcaldía do Carballiño pola crise do coronavirus.
As oficinas municipais atenderán ao público presencialmente de 9 a 14 horas, ainda que se pide que tan so para xestións imprescindibles.
Para o protocolo de atención ás persoas maiores que non poidan desplazarse e atender as súas necesidades básicas (medicamentos, alimentos, etc) a veciñanza pode solicitar este servizo chamando aos teléfonos 988 531076, 988 530006 e 988 530007.

O concello de Boborás anunciou esta mañá, mediante un Bando da alcaldesa Patricia Torres, que con motivo da situación de contención reforzada de Estado de Alerta para previr o contaxio polo COVID 19, e coa finalidade de colaborar coas persoas maiores ou máis vulnerables pon en marcha un servizo municipal.
O mesmo consistirá en atender a demanda das persoas que necesiten medicamentos e alimentos e non poidan desplazarse, neste caso deberán contactar co teléfono 667 552 726
Protección Civil de Boborás será a encargada de facer este servizo e atender calquera necesidade da veciñanza de Boborás.
Tamén o concello do Irixo xa ten en marcha un servizo de atención domiciliaria, que pode solicitarse no teléfono 988 287400
Pola súa parte, o alcalde de Maside José Manuel Iglesias, confirmou que o concello tamén organiza un servizo destas mesmas características para os veciños e vecñas do municipio que o precisen, este martes publicaráse un bando da alcadía de Maside que informará máis ao detalle da posta en marcha deste servizo.

A hora de apertura de algunhos dos supermerados volveu provocar pequenos indidentes polas presas dos clientes que , en moitos casos agardaban dende moito antes da hora de abrirse as portas.
Tivo que intervir a Garda Civil para organizar a cola de espera, coa correspondente distancia de seguridade, pasadas as primeiras horas de apertura a afluencia de clientes foi diminuíndo, ainda que contínua.
O pasado sábado xa tivera que intervir a Policia Local en idénticas circustancias, a pesar de que as autoridades insisten unha e outra vez que non hai nin haberá problemas de abastecemento na alimentación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- 382
- 383
- 384
- 385
- …
- seguinte ›
- última »