
Comezaron as obras de rehabilitación da canle de auga da fábrica de papel da Lavandeira, que permitirá a cría de troitas. O proxecto, que conta cunha subvención de 48.000 euros da Deputación Provincial de Ourense, e que foi impulsado pola Alcaldía en colaboración cos Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, permitiralle a esta entidade incrementar significativamente a súa capacidade de criar troitas, conxuntamente coa canle que existe dende hai tempo en Toscaña, para repoblar o Arenteiro en tempada de pesca.
O proxecto consiste en recubrir cunha rede metálica a vella canle de agua que discurre pola finca da Lavandeira, con entrada dende o termo da Piscifactoría e saída polo viaducto das norias e mazas, de xeito que permita criar unha gran cantidade de troitas sen que se vexan afectadas polas aves ou calquera outra circunstancia negativa para o crecemento dos alevíns. O obxectivo é que nesta canle se críen exclusivamente troitas autóctonas.
Esta iniciativa, ademáis de contribuir a incrementar a producción de troitas autóctonas para a repoblación do río Arenteiro, que era unha demanda da sociedade de pesca carballiñesa, será un aliciente medioambiental máis que engadir ao conxunto etnográfico e turístico que conforman a fábrica de papel e os muíños, xa que o proxecto tamén conleva a construcción dun paseo enlousado en pedra ao longo da canle.
Os primeiros traballos, que comezaron esta semana, consisten na limpeza e desbroce do terreo que rodea a canle, e proceder a continuación ao nivelado do mesmo por onde irá o paseo, para instalar por último unha especie de xaula de rede metálica que recubrirá a canle.
O alcalde, Francisco Fumega, visitou esta mañá o lugar para comprobar co responsable da empresa adxudicataria o inicio da execución do proxecto, que revalorizará o interese medioambiental desta zona situada tras da Piscifactoría e á beira do conxunto etnográfico do río Arenteiro.
Complementariamente a esta obra, dende hai unas semanas o obradoiro de emprego tamén procede á construc c ión dun pequeño edificio anexo ao secadeiro da fábrica de papel, que albergará a recepción, oficina administrativa e servizos do futuro museo deo papel.

Un home nacido no ano 1989 e veciño do Carballiño foi detido nesta tarde de lúns por un presunto doble delito, de violencia de xénero e contra a seguridade vial.
Os feitos sucederon a media tarde nas inmediacións da estación de Renfe do Carballiño, e según o relato policial e testigos presenciais, este home bateu de forma intencionada o seu vehículo contra o da súa exparella, que se encontraba estacionado nese momento, ademáis no interior do turismo tamén se encontraba un fillo, ambos non sufriron danos.
Quen sí tivo que ser asistido foi outra persoa que estaba falando coa muller a través da ventaniña do coche, a consecuencia do impacto resultou alcanzado e tivo que ser trasladado ao PAC do Carballiño.
O arrestado deuse posteriormente á fuga, non obstante Policia Local e Garda Civil conseguiron localizálo posteriormente, negandose a facer a proba de alcoholemia. Foi arrestado e trasladado ás dependencias da Garda Civil, á espera de pasar a disposición xudicial.

A muller que era buscada dende a noite deste pasado domingo despois de que a súa familia denunciase a súa desaparición, foi localizada esta tarde en bo estado de saúde.
Foi encontrada nun camiño local na súa parroquial natal de Albarellos, no concello de Boborás.
Os Servizos de Emerxencia buscaban dende primeira hora desta mañá de lúns a esta muller, de 85 anos de idade, veciña de San Xusto, desaparecida dende que foi vista por última vez na xornada deste pasado domingo na localidade de Beresmo, no municipio de Avión. O operativo puxérase en marcha na noite deste pasado domingo, e fora suspendido ás catro da madrugada debido ás condicións meteorolóxicas desfavorables.
Final feliz a un operativo de búsqueda no que participaron efectivos da Garda Civil con cans especialistas, GES de Avión, Protección Civil de Beariz e Castrelo de Miño, persoal do concello de Avión e veciños da localidade.
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente provincial desta mesma formación política, Manuel Baltar, arrouparon ao candidato á alcaldía do Carballiño Ricardo Perea.
Ademáis, neste xantar-presentación tamén participaron outros candidatos populares da comarca do Carballiño.
A xornada do sábado foi de gran actividade para o Partido Popular, xa que trala presentación dos candidatos de toda Galicia en Santiago, os populares reuníronse no Carballiño nun acto que congregou a máis de 400 persoas e no que os presidentes autonómico e provincial arrouparon ao candidato á alcaldía neste concello, Ricardo Perea, "un dos exemplos de renovación" remarcaron os máximos dirixentes autonómico e provincial do Partido Popular.
Tras a comida presentación celebrada nun restaurante carballiñés, os líderes populares achegarónse ata a capitalidade municipal do concello de San Amaro, onde stiveron con Fernando Redondo, alcalde de San Amaro desde o pasado novembro e tamén candidato para as eleccións do 26 de Maio.
Finalmente, a caravana popular dirixiuse ata Piñor, para concluir o percorrido polos concellos da comarca carballiñesa, avalando a candidatura de José Luis González.

A primeira nevarada do ano tamén chegou a terras da nosa comarca, como aconteceu na zona alta da parroquia de Oseira, tal como pode verse na foto, nas inmediacións do pobo de Pobadura, no límite dos concellos de San Cristovo de Cea e Rodeiro.
Nesta zona acumularonse ata 10 cm. de neve nos dous últimos dias. As máquinas quitanevas tiveron que realizar varias pasadas para deixar transitables os accesos a pobos como A Cabana, O Arenteiriño e Pobadura.
Válgame Deus, agora veñen co estas ocurrencias. Acontece a desgraza de Totalán, e estes iluminados veñen co dos puzos agora, non lles deu tempo nos 16 anos que gobernaron nin nos doce que levan na oposición, e máis que botarán (decátanse agora).
Non lles dan as neuronas pra máis, como o elemento ese que empregou a desgraza na convención das cacatúas do PP.
Pensei que xa o vira todo cando nese grupo de Facebook que creou o candidato electo a dedo polos fillos do anterior alcalde, a dona do candidato queixábase porque ninguén celebrara o día mundial do retrete. E dicía que esto non tiña xustificación porque o retrete salva vidas e había que loitar contra a crise mundial de saneamento.
Con eminencias como estas as nosas vidas están a salvo. Agardo que teñan tan bo criterio cos dereitos dos traballadores, como a Seguridade Social das empregadas do fogar. Porque logo veñen os do seu partido e critican a Echenique.
Os populares de maside están todos disgustados porque solicitan un bando para tapar e sinalizar os pozos abertos nas fincas. Non digo que non sexa necesario, pero non deixa de ser curioso que todas as normas ou leis a cumprir sempre recaen nos mesmos, os cidadáns de a pé. Hai que ter limpas as fincas de maleza antes do 31 de Maio pero as administracións publicas poden ter as cunetas sen limpar no mes de Xullo, pasou este ano ca N-541 en todo o concello de maside, pasou con Adif en todos os taludes tanto da liña AVE como na liña convencional, os primeiros tarde pero limparon, os segundos nin apareceron hoxe, o concello e a deputación tampouco poden presumir de cumprir prazos, pero os cidadáns temos que cumprir. A marxe desde pequeno comentario, non deixa de ser lamentable e oportunista que despois da terrible desgraza de Totalán o poder de anticipación e de propostas novas para mellorar a vida nun concello se resuma no que pasa noutros lugares para ver se pode pasar no noso. Efectivamente claro que pode pasar, pero o momento denota falta de ideas e oportunismo.
Non estiven no pleno, nin tempo nin ganas que teño, pero se a nova é como a conta o xornal os populares non perderon moito tempo en cavilala,
Queren que se tapen e sinalicen os pozos nas fincas dos particulares, todo correcto, e non teñen nada que dicir das bocas abertas dende fai anos dos pozos de rexistro do alcantarillado e abastacemento público.
Que veñan dar unha volta por Corzos (tanto os populares coma os que gobernan no concello), somentes na parte que pertence o concello de Maside hai, tirando por baixo máis de 30 bocas de pozos sen tapar, e algún que outro susto leve xa houbo de xente que anda paseando cos cans e meteu un pé e caeu o chan.
Menudos políticos temos, unha vergonza tanto uns coma outros.
Íñigo Errejón vén de incorporarse á Ahora Madrid xunto á Manuela Carmena, abandoando a disciplina política de Podemos, mentres que Adolfo Nogueira deixa tamén o proxecto do PSdeG no que acompañou ó alcalde Paco Fumega hai catro anos. A diferencia do aínda concelleiro de Personal, Seguridade e Promoción con Errejón é que éste xa non tiña responsabilidades orgánicas no partido dos círculos, mentres Nogueira é o actual secretario comarcal dos socialistas. Por elo, independentemente de que o alcalde asuma a xestión dos devanditos departamentos municipais, resulta curioso que os dirixentes provinciais e autonómicos non tomasen aínda ningún tipo de medida disciplinaria contra o voceiro do equipo de goberno do Concello do Carballiño, como podería ser a apertura dun expediente para a súa expulsión. Tampouco se coñece, polo de agora, se Manuel Vázquez vai abandeirar unha candidatura á alcaldía da que Nogueira formaría parte, que significaría unha nova división da esquerda na vila do Arenteiro e favorecería estatísticamente unha maioría simple para o Partido Popular na futura Corporación.
Como pode ser posible que o alcalde minta desta forma a non ser que pretenda enganar aos poucos concelleiros do seu grupo que aínda o apoian.
O grupo socialista ten 8 concelleiros e como sempre e como en tódolos concellos de España teñen que presentar un escrito ao principio do mandato asinado por tódolos concelleiros certificando que están dacordo en pertenecer ao mesmo grupo político é ao mesmo tempo nombran Portavoz e portavoces sustitutos.
Para o cambio de Portavoz dun grupo político non fai falta, tal como se afirmou en entrevista deste medio, ter un acordo unánime, pois ese acordo so é referido para a pertenencia ou non a un grupo político, e cousa distinta é a elección dun novo Portavoz, pois sería suficiente a sinatura da maioría dos membros do referido grupo político para así adaptarse ao dito no artg.24 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais (ROF), que é vixente neste caso pois non hai, que eu sepa, Regulacion municipal sobre o funcionamento do pleno (ROM).
Entón é suficiente que o grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello do Carballiño, presente asinatura de 5 dos 8 concelleiros actuais con proposta de novo Portavoz para que o cambio sexa efectivo no pleno que se convoque con posterioridade.
Outra cousa é que Fumega non dé pasado dos 3 ou 4 apoios dentro do seu grupo (a maioría dentro do grupo socialista está en 5) e para salir do paso e que non se vexa que non ten control do mesmo, fale de que fai falta un acordo unánime.
Para os incrédulos deixo referencia de unha de tantas sentencias que hai ao respecto ( Sentencia do Tribunal Superior de Xusticia de Andalucía de Granada de fecha 30 de marzo de 1998 que di que a competencia para a revocación da portavocía de grupo político municipal corresponde aos integrantes do grupo político municipal mediante acuerdo mayoritario, según interpretación del art. 24 del Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais (ROF), salvo previsión expresa no Regulamento Orgánico Municipal (ROM).
E incluso, e para que se entenda mellor cun caso recente noutra administracion local, que ademáis ven moi a conto, pois, ¿como explicaría o señor Fumega que na Deputación Provincial de Ourense, cambiasen xa duas veces de portavoz neste mandato e sempre fora por maioría dos seus membros e non por acordo unánime?
Francisco Fumega, dame a sensación de que no seguinte pleno terás que dicir algo así como: Pásolle a palabra ao portavoz do Grupo socialista, o Sr. Adolfo Nogueira.
Non debemos ser tan ilusos como para pensar queos nosos políticos traballan todos acorde a un ideal, ainda que temos a sorte de contar con algún o noso arredor. Algún que Verdadeiramente os veciños son o primeiro. Pero dende logo que hai anos xa que non vía o descoque dalgun.
Esa mezcolanza de uns que van e volven, que se enfadan, que dimiten, que se cambian. Bueno, sinceramente, pensades que os votantes somos idiotas? Imaxino que si porque no caso contrario en lugar de andar coas vosas trifulcas estariades traballando para defender os dereitos de todos.
A que se organizou con Adolfo do Psoe do Carballiño se vai sumar a que vai facer o Pachi a nivel Comarcal? Tocando concelleiros máis ou menos desilusionados, que si Francisco Fraga en Piñor, aquel outro en Maside, e o colmo dos colmos me parece Boborás, seica que pretende enterrar MoveBoboras e resucitar a Eva Pardo nunha nova alianza de ezquerdas. Francamente con estas noticias e alianzas a principios de febreiro, me pregunto si Verdadeiramente de aquí a maio apareceran os políticos que queiran traballar de verdade a prol da nosa comarca. De momento case todo semella un desatino.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 446
- 447
- 448
- 449
- 450
- 451
- 452
- 453
- 454
- …
- seguinte ›
- última »