
A moción fora presentada polo Concelleiro nacionalista Óscar Freixedo Beltrán na sesión celebrada pola Corporación do Irixo o dia 18 de marzo de 2011, daquéla, o pleno acordara por unanimidade dos grupos políticos opoñerse á posible intalación dunha incineradora na Comarca do Carballiño ou limítrofes.
Según consta na acta daquéla sesión, o pleno acorda por unanimidade "manifestar o rexeitamento do Concello do Irixo á implantación da planta incineradora e do complexo de residuos do sur de Galicia na Comarca do Carballiño ou limítrofes, xa que este tratamento dos resíduos afectaría de xeito prexudicial e irreversible ó noso medio ambiente e á saúde das persoas".
Naquela sesión, presidida polo Alcalde Manuel Penedo - que despois no mes de maio revalidaría o cargo tras as eleccións municipais- tamén votaran en contra da posible instalación dunha incineradora os concelleiros Manuel Cerdeira, Nuria Penedo, José Luis Alén e Maria José Villanueva, todos eles do Partido Popular, que tamén forman parte da actúal corporación municipal do Irixo.
Os membros do Encontro Irmandiño, que desvelaron a existencia deste acordo corporativo de marzo de 2011, suliñaron que "esto demostra como son e o que podemos fiarnos deles", dixo Purificación Fernández, portavoz do Encontro Irmandiño do Irixo. Bernardo García considera este feito como "moi grave, despois de tomar un acordo, aos poucos meses fan todo o contrario".
O Alcalde do Carballiño remitirá un escrito á Xunta de Galicia en relación á posibilidade que se baralla da supresión de partidos xudiciais, o que deixaría á provincia de Ourense con ta so dous partidos xudiciais, polo que se suprimiría a actúal demarcación xudicial do Carballiño.
Argimiro Marnotes entende que esta perda do partido xudicial seria tremendamente prexudicial para os veciños do municipio, xa que teríann que desprazarse ata a capital provincial para calquera trámite relativo aos procesos xudiciais "sendo isto un paso a tras nos obxectivos dos concellos, que o que pretendemos é ofrecer a maior comodidade aos nosos veciños, creando xanelas únicas e renovando servizos que posibiliten realizar todas as xestións coa administración sen necesidade de desprazarse".
Por outro lado, Marnotes entende que a nivel económico e social sería un grave prexuízo para O Carballliño a eliminación dos xulgados "en detrimento na vida laboral dos traballadores deste, que deberían tamén desprazarse a novos destinos, co conseguinte cambio de vida que iso supón, e mesmo a imposibilidade que poidan ter algúns para realizar estes desprazamentos".
Así mesmo recorda o alcalde carballiñés que "hai pouco finalizaron as obras no pazo de xustiza do Carballiño, dirixidas a ampliar e mellorar as instalacións existentes e a eliminación deste partido xudicial supoñería deixar esas instalacións sen uso".
Por último o rexedor municipal pretende anuncia reunións cos afectados directos, avogados e procuradores da vila, co fin de coñecer o seu posicionamento e, se procedese, adoptar medidas conxuntas neste sentido. Así mesmo Marnotes confía en que na Xunta de Galicia se estude con sensibilidade a proposta de redución de partidos xudiciais. Argimiro Marnotes recorda o esforzo que supuxo para O Carballiño conseguir o segundo xulgado "e sería unha mágoa perdelo agora", manifesta.
A reunión vaise celebrar este próximo sábado dia 12 de maio ás 4 da tarde no local social da Rúa, na Parroquia de Loureiro.
Nesta asemblea informaráse por parte dos responsables da Coordenadora das actividades desenvolvidas, tamèn das que se pretenden levar a cabo próximamente, e outras informacións de interese.
Dende a Coordenadora Veciñal Incineradora No Irixo Non incídese no carácter público desta reunión, aberta a todas as persoas interesadas na actividade que desenvolve esta asociación que foi constituída no Irixo no pasado mes de decembro de 2011, cando se dera a coñecer a decisión de ubicar no municipio do Irixo a planta incineradora de lixo para o sur de Galicia.
Veciños de varias localidades do municipio de Maside aseguran que nos últimos dias a auga que chega aos seus domicilios "é motivo de preocupación porque presenta alteracións co cloro, que pode comprobarse tanto no cheiro como no sabor".
Unha das parroquias máis afectadas foi a de Santa Comba do Trevoedo, onde varios usuarios confirmaron como "sentimos moitos picores na pel despois de asearnos coa auga". Unha das veciñas afectadas, que presentou un escrito dirixido ao Alcalde de Maside para que actúe ante o considera "e un problema de saúde pública", asegura que encargou unha analítica da auga e "o resultado da análise foi moi preocupante porque diu 6 mg / litro de contido de cloro, máis de 4 veces superior á cantidade máxima recomendada, que é de 1,8 mg / litro".
Por parte dos veciños "non se comprende como ninguén desde o concello de Maside advertíu desta circustancia á veciñanza, para que non se utilice a auga mentres non se resolva o problema, xa non é so que nos informen do que pudo pasar, senón que advirtan ás localidades afectadas deste perigo, porque desde o pasado domingo a auga supostamente potable que está a abastecer unha parte do concello de Maside é altamente tóxica", afirman.
A primeira convocatoria pública faise para este vindeiro venres dia 11 ás 20,30 horas no local sito na rúa Martinez Avellanosa nº 12 "coa idea de buscar unha nova via ante o fracaso dos partidos políticos tradicionais".
Os promotores da "Asamblea Nacionalista" convidan "a toda a cidadanía da comarca a falar e buscar fórmulas de organización e acadar consensos mínimos que nos permitan dar resposta á marabunta de medidas inxustas e sin futuro postas en marcha antes polo PSOE e agora polo PP", manifestan.
Este tipo de convocatoiras "abertas" están a celebrarse por toda Galicia e pretenden artellar "unha organización plural, aberta e participativa que transcenda ao actúal modelo político e económico, recuperando a democracia directa, controloda desde abaixo e ao servizo da maioria social".
Entre os impulsores no ámbito comarcal desta nova alternativa política figuran varios ex-militantes do BNG, entre eles, Andrés Fernández do Carballiño e Digna Fernández do Irixo, que presentaron esta "Asemblea Nacionalista" como "un obradoiro de ideas, impulsado polo Encontro Irmandiño, pero non controlado, aberto a toda a cidadanía que nace para recuperar os dereitos laborais e políticos que nos arrebataron coa disculpa da crise montada con este própósito".
A iniciativa está organizada pola Agrupación Cultural Avantar, desenvolveráse durante os meses de maio e xuño, ofrecendo unha variada programación de actividades culturais: música, poesia, cine, conferencias, obradoiros ou o xa tradicional "Roteiro de Manuel Maria" integran este ano a oferta do festival.
Prema no arquivo adxunto para ver a programación completa.
A punto estivo de complicarse a vida o Arenteiro no partido matinal xogado no campo de Oira, e que xa gañaban os carballiñeses ao descanso por 0-2. Non obstante, as xogadas a balón parado deron vida aos locais que, aínda xogando a maior parte do partido en inferioridade numérica, chegaron a empatar a 3 goles.
Prada adiantou aos carballiñeses ao aproveitar un rexeitamento do porteiro local cando se completaba o primeiro cuarto de partido. Á media hora, o árbitro -que estivo rematadamente mal durante todo o partido perxudicando por igual a ambos equipos- deixou aos locais con 10 xogadores. Curiosamente, a expulsión expoleou ao Ponte Ourense, atá ese momento superado polo Arenteiro, que curiosamente malia quedarse con superioridade numérica no campo, comezou a ceder terreo en favor dos locais.
Xa a piques de rematar a primeira parte, claro penalti sobre o dianteiro carballiñés Cancelas, que transformaría Igleisas. Outro penalti, esta vez na área do Arenteiro, e dúas xogadas a balón parado farían cambiar o rumbo do partido . Sen embargo, o Arenteiro volvería ampliar o resultado ao seu favor co saque dun corner que Iglesias cabecea ao fondo da portería local. E apenas en 10 minutos, o Ponte Ourense empataba o partido. Ambas xogadas foron calcadas, falta do Arenteiro preto da área grande, e por duas veces balón que salva a barreira carballiñesa e cólase polo pau que cubría o porteiro Samuel.
Quedaba aínda moito partido e cando o nerviosismo parecía apoderarse dos carballiñeses, afortunadamente aparecía Pana en misión ofensiva, conectaba un zurdazo que siñificaría o gol da victoria para o Arenteiro. O marcador xa non se movería aínda que algunha ocasión máis terían os carballiñeses paa ampliar a súa renda.
3 puntos de ouro para o Arenteiro que chegan líder á última xornada ante o Barbadás B, con posiblidades de proclamarse campión e conseguir o ascenso á preferente.
O Carballiño abandonara a entidade intermunicipal o 1 de xaneiro de 2004, tras decidilo o goberno municipal socialista presidido por Pachi Vázquez. Contra aquela decisión votaran en contra BNG e Partido Popular.
O actúal Presidente da Mancomunidade Manuel Prado e o Alcalde Carballiñés Argimiro Marnotes anuncian agora o inicio do proceso para a reincorporación do concello carballiñés á entidade intermunicipal, e fixan como data para oficializar ese reingreso o 1 de xaneiro de 2013.
A volta do Carballiño á Mancomunidade era ún dos obxetivos do actúal grupo municipal de goberno do Partido Popular. Para o Alcalde, Argimiro Marnotes "a integración novamente neste organismo vai permitir mellorar e abaratar servizos, e ao mesmo tempo manter unha liña de traballo máis profesional, ademáis, non é lóxico que o municipio cabeceira de Comarca non estivera dentro da Mancomunidade que leva precisamente o seu nome".
Os contactos entre os representantes do concello carballiñés e da Mancomunidade continuarán nos próximos meses e nos mesmos "avanzaráse nos distintos trámites para chegar a un acordo definitivo entre ambas partes, entre os puntos a negociar están algunhas modificacións nos estatutos da Mancomunidade, para lograr unha maior pluralidade e representatividade dos concellos que a forman", manifestou o Alcalde carballiñés.
As cinco novas emisoras sumaránse ás tres que xa emiten na actualidade no ámbito das duas Comarcas. As novas frecuencias ubicaránse nas localidades de O Carballiño e Ribadavia, duas novas emisoras en cada municipio, e unha no concello de Avión.
A Xunta de Galicia deberá resolver próximamente o concurso público de outorgamento de licenzas para a prestación de servizos radiofónicos de carácter comercial en F.M., en total 84 frecuencias no territorio galego contempladas no plan técnico nacional de 2006, delas 5 para as comarcas do Carballiño e O Ribeiro. A administración autonómica puxo en marcha fai un ano o proceso do concurso para a adxudicación das novas frecuencias, e acordou no mes de setembro unha prórroga para a súa resolución, tendo en conta o elevado numero de solicitudes presentadas.
Para as duas emisoras ofertadas para O Carballiño optan a maioria dos grandes grupos de comunicación, e en menor medida para as localidades de Ribadavia e Avión.
As futuras emisoras ampliarán a actúal oferta de radio local nas duas comarcas, nas que na actualidade emiten COPE O Carballiño, Onda Cero O Carballiño, e Radio Ribeiro Cadena SER, dándose a circustancia que nos 3 casos as licenzas coas que emiten son de titularidade de empresas locais que manteñen alianzas coas 3 grandes cadeas de radio estatais.
O CONCELLO DO CARBALLIÑO PECHA A RADIO MUNICIPAL
A Corporación do Carballño acordou no pleno celebrado esta semana o peche da emisora municipal de radio, que viña funcionando desde o ano 2.000. O Grupo de Goberno do Partido Popular decidiu o seu peche e prescindir deste servizo de radiodifusión ao considerar que non cumplía a función social para a que fora creada, e tendo en conta ademáis o elevado coste económico para o concello carballiñés.
Por parte dos grupos da oposición, BNG e PSdG PSOE pediuse que o concello conservase a frecuencia con vistas a súa posible reapertura no futuro. Non obstante, a emisora tan so contaba cunha adxudicación provisional da frecuencia, xa que durante os 12 anos do seu funcionamento o concello do Carballiño nunca completou o proceso técnico nin administrativo para contar cunha licenza definitiva.
O motivo que leva aos socialistas a facer estas afirmacións é a presentación dos orzamentos municipais de 2012 " antes ante ós medios de comunicación que entregados aos grupos da oposición".
"A actitude de Marnotes é propia dun político de fai moitos anos, concretamente de antes do ano 1975", afirman desde o grupo municipal socialista. Engaden que "Argimiro Marnotes ven demostrando desde o principio do seu mandato que o feito de ter maioria absoluta pensa que lle permite unha patente de corso para facer e desfacer ao seu antollo e saltarse todos os cauces mínimos da normalidade institucional".
Os Socialistas consideran que "a guinda" da política do Partido Popular chega agora cos orzamentos cos "dous soldos para dous concelleiros do seu grupo, que pagarémos todos co encarecemento da contribución, o conservatorio, familias madrugadoras, as escolas deportivas, a auga e algunha xenialidade máis que se lle ocurra ao que xa é o considerado por moitos veciños como o Alcalde con menos capacidade para xestionar o concello da historia da democracia", manifestan.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 688
- 689
- 690
- 691
- 692
- 693
- 694
- 695
- 696
- …
- seguinte ›
- última »