12, Xullo 2010

Os Portavoces dos tres grupos políticos con representación na Corporación Municipal do Carballiño, PSOE, BNG e PP, reunidos esta mañá, acordaron "que por parte do Concello se tramite o expediente para distinguuir a "Paul" có título de Amigo Predilecto do Carballiño, xa que esta consideración é unha forma de agradecer a repercusión internacional que tivo a nosa vila". O famoso celalópodo do acuario alemán que prediciu os éxitos de España na Copa de Mundo de Fútbol é elevado á categoria de personalidade pola Xunta de Portavoces do Concello Carballiñés, e asi se recolle na acta da reunión na que se espeficica que "se faculta ó Alcalde para que leve a cabo as xestións oportunas a fin de conseguir que unha comitiva da localidade xermana que acolle a Paul poida visitar a nosa vila en tan sinalada data e na maneira do posible traer consigo a tan afamada personalidade". A visita faríase coincidir có vindeiro dia 8 da agosto, data de celebración da Festa do Polbo, e para a que desde o Concello Carballiñés tamén se cursará unha invitación especial ó Presidente da Federación Española de fútbol, Angel María Villar, o adestrador Vicente del Bosque, e ós xogadores que conseguiron para España a primeira Copa do Mundo da súa historia. Este anuncio fíxose coincidir coa presentación do cartel anunciador da festa, do que outro ano máís é o seu autor o carballiñes Felipe -Senén López Gómez, un acto que se desenvolveu na casa do concello e ó que, ademáis do Alcalde e o Concelleiro de Festexos, tamén acudiron os patrocinadores da festa, que estará este ano dedicada ó Mosteiro de Oseira.

12, Xullo 2010

A unidade de Policía Xudicial da Garda Civil detivo esta fin de semana a un veciño do Carballiño, de 85 anos de idade para dar cumprimento a unha orden de búsqueda, detención e ingreso en prisión dictada pola Audiencia Provincial. J.L.N  foi condenado por unha tentativa de homicidio. Os feitos polos que foi xulgado e condenado remontanse ó ano 2005.

10, Xullo 2010

O concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello do Carballiño, o nacionalista Manolo Amil, avanzaba en Cope-O Carballiño a relaciòn de obras a solicitar polo seu departamento para o vindeiro ano 2011 e condicionadas a aprobaciòn por parte de diferentes administraciòns pùblicas.

Tratariase dunha inversiòn de 242.000 euros, repartidos en 3 eixos:

O primeiro diles contemplarìa un investimento de 100.000 euros para acometer obras  de rehabilitaciòn no barrio de Flores (empedrado, mobiloario urbano, etc); cantidade que chegaria nun 80 % da Conselleria de Industria da Xunta de Galicia

O segundo eixo contemplarìa un orzamento similar a travès do Plan PEIM (PLANS ESTRATEXICOS DE INFRAESTRUCTURAS NO MEDIO RURAL) para acometer obras de asfaltado e reafirmado no vial que comprende o tramo entre a piscina situada en Corzos e o polìgono da Uceira e, ademais, nas rùas Pena Grande, Beariz e Testeiro; nesta ùltima tamèn se procederia a reposiciòn da rede de abastecemento e saneamento.

E por ùltimo, o terceiro dos eixos dotado con algo mais de  42.000 euros, procedentes dos Plans Provinciales da Deputaciòn, prevèe o afirmado de camiños nos Foros de Torròn, na estada da Gouxiña a Batallàs e no vial dende a entrada de Seoane ata a igrexa.

9, Xullo 2010

(Redacción. Lolo Carril) Primeiro o Comité de Competición, logo Apelación e agora o Comité Galego de Xustiza Deportiva da propia Xunta de Galicia veñen de darlle a razón ó C.D Arenteiro e a súa vez quitarlla ó Arousa ante as sucesivas reclamacións destes por suposta alineación indebida no partido xogado e gañado 3-2 polos carballiñeses o día 7 de abril. Na última notificación remitida ó Arenteiro, o Comité Galego ven de rexeitar unha nova proba documental presentada polo Arousa ó entender que non procedía á referida proba, xa que a mesma se dirixiría a constatar uns feitos que non foron denunciados no seu día ante o Comité de Apelación e por ese mesmo motivo, non poden valorarse neste procedemento ante Xustiza Deportiva.

Asemade tamén, o propio Comité de Xustiza Deportiva ven de denegarlle a suspensión cautelar que pretendía influir na clasificación final da categoría de Preferente Autonómica-Grupo Sur, en concreto afectaría ó posible réxime de ascensos e descensos, habida conta de que a concesión da medida solicitada podería causar prexuízos ao resto de clubs e de que a non concesión da mesma non conleva prexuízos de imposible ou difícil reparación para o clube recurrente o Comité acorda non conceder a suspensión cautelar solicitada.

Son estas dúas novas excelentes que xa nos permiten adiviñar os términos da resolución final que se dictará nun prazo de apenas dez días e que oxalá sexa a definitiva para deixar as cousas e a cada quen no seu lugar.

9, Xullo 2010

(Redacción. Lolo Carril) Tanto o adestrador (Mindo) como os directivos encargados da ardua labor de confeccionar un plantel competitivo en tempos de crise seguen a traballar sen desmaio na elaboración do plantel do vindeiro curso. Unha tempada (2010-2011) que adiviñamos complicada para iste novo Arenteiro, que deixa as grandes ensoñacións a un lado para apostar por un proxecto austero, sostible e realista, cos tempos de invernía economómica que vivimos. As fichaxes rimbombantes e de moi duvidoso rendemento, xunto cos dispendios económicos forman parte do pasado "o diñeiro nunca foi garantía de nada, sobor de todo no Arenteiro, e ós datos nos remitimos". Agora toca ser prudentes, pacientes e perseverantes.

As primeiras novas fichaxes son : o dianteiro José Antonio que procede do Ourense B, o central Diego Viñas que chega a Espiñedo dende o Cortegada C.F, o interior Iago Casas que procedente do Cruceiro do Hío inicia a súa segunda etapa no clube carballiñés tras formar parte do plantel que adestrara Suso Rodríguez e logo Chuchy na tempada 2006 (finalista da Copa Deputación), o lateral Simón que procede do Ourense B, xogador xoven e de proxección que xa debutara co primeiro equipo do Couto. Así mesmo, tamén se confirman os retornos do porteiro Chavo e do lateral Adrián Caíña, ambos anos despois, voltan o equipo do seu pobo. E xa nas vindeiras horas poderían estampar a súa firma outros xogadores, neste caso estaríamos falando de nomes importantes e referímonos a ise ramillete de non menos de entre cinco ou sete xogadores con experiencia na categoría que ten obligatoriamente que fichar o Arenteiro para conformar un equipo con certas garantías.

As ofertas están feitas, as posturas son achegadas e non vindeiros días seguiremos informando.

7, Xullo 2010

(Redacción. Rocío Campos) O concello de Maside convoca unha Sesión Extraordinaria que celebrará o Pleno da Corporación o día 8 de xullo ás doce do mediodía no Salón de Actos da Casa Consistorial. A convocatoria farase co obxecto de tratar os seguintes asuntos: a aprobación se procede da acta da sesión extraordinaria e urxente de data 18/6/2010, a aprobación inicial do plan parcial correspondente ó sector S.UR.D-R.6 en A Fontela para unha recalificación urbanística, a aprobación do convenio de cooperación entre a secretaría xeral para o deporte da Xunta de Galicia e o concello de Maside para a construcción dunha pista de paddel-tenis e a modificación da ordenanza reguladora de axuda no fogar do concello de Maside. Neste pleno non se presentou a moción para executar o camiño Constanza-Faquín, na parroquia de Garabás, que quedará pendente para vindeiros días.

5, Xullo 2010

(Redacción. Rocio Campos) Un ano máis chega a O Carballiño o verán cultural durante os meses de Xullo e Agosto. Algunhas das actividades descatadas no mes de xullo son a "Semana Grande para os pequenos" que terá lugar do día 5 ó 9 de xullo de 19 a 21 horas con diferentes obradoiros creativos. Na segunda quincena hai que descatar tamén  un Festival benéfico a favor de Cruz Vermella que terá lugar o sábado 17 a partir das 19:30 horas na Pista Roxa e que contará con grupos como Demetrius, Susi Q's, Os moiantes e Laura de Factor X entre outros.O mes de Agosto comeza con Xociviga que durará dende o 2 ó 6 con actividades moi variadas como cine, exposicións e  concursos. Durante a segunda quincena, do 16 o 20 realizarase o Festival de Títeres don diferentes obras como "As aventuras de Polichinela e a Galiña negra", LBA e Marxos e os xoguetes encantados", "O gato simple", "Marusía" e "Títeres Tanxarina", todas elas ás 19:30 horas na Praza Maior. Pero a gran novidade deste ano, como anunciaba Asunción Rivero, será o Festival de Bandas de Música que nos amenizarán durante as tardes do 27, 28 e 29 de Agosto a partir das 20:30 horas na Praza Irmáns Prieto. As bandas elexidas son A Banda de música de Merza, a Banda de música de Celnova e a banda de música La Lira de Ribadavia.

5, Xullo 2010

Debido ó estado no que se atopa o camiño Constanza-Faquín e polo que afecta ós veciños, dado que une estas dúas localidades e o núcleo do Bolo coa carretera  local do Bolo a Faquín, Casimiro Campo Fernández, concelleiro do PP no concello de Maside, solicita a presentación dunha moción diante do pleno da corporación municipal para a execución do camiño Constanza-Faquín, na parroquia de Garabás, por un importe de 63.477,88 euros a cargo da Consellería do Medio Rural.

5, Xullo 2010

Boborás (Redacción.Rocío Campos) Unha vez máis o BNG ten que denunciar o mal estado no que se atopa o camiño que vai dende a chamada "casa do médico" e o "puzo dos fumes", en Pazos de Arenteiro. Pazos de Arenteiro está considerado como Patrimonio Histórico, e como tal debe coidarse todo o seu entorno. O alcade sempre anda a presumir do moito que se fixo pola vila, pero este feito deixa moito que desexar. O que nos atopamos ó chegar e cun estado calamitoso en total abandono, de aí que non sexa a primeira vez que os concelleiros do BNG veñen a denunciar estas deficiencias "unha verdadeira desfeita despois dos cartos que se levan gastados que ascenden a moitos millóns das antigas pesetas". Pero o mal estado do camiño non só se atopa en Pazos de Arenteiro, senón tamén noutras rutas de senderismo que atravesan o concello. E agora contestarán o mesmo que sempre "estos non saben, non escoitan, están maliños e teñen que ir ós médicos".

3, Xullo 2010

Desde logo que  moi poucas veces una votación pode resolverse cunhos resultados como os que Argimiro Marnotes obtivo, 155 votos a favor de 155 emitidos, unanimidade, algo atá agora descoñecido na traxectoria do Partido Popular do Carballiño. Os 155 afiliados do PP carballiñes que se achegaron atá a casa da cultura para participar neste proceso electoral interno representan o 71% do total de afilidados do partido no Carballiño que tiñan dereito a participar na votación, é decir, que  as súas cuotas de afililado  estaban ó dia no momento da convocatoria do congreso. Marnotes xa reunira 296 avales para a súa candidatura, a única que reuníu o mínimo de 50 avales que se requerían. A nova executiva local do Partido Popular, agora xa con Marnotes á cabeza, está integrada por un total de 45 persoas, entre as que figuran membros da anterior executiva que presidía Guillermo Fernández, e incluso de executivas anteriores que regresan ó órgano de dirección local do partido, e tamén algunhas caras novas, que se suman a este novo proxecto dos populares carballiñes.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS