13, Marzo 2024

Os socios da Cooperativa Láctea de Santa Mariña de Loureiro deciden en asemblea este próximo domingo o seu futuro, coa amenaza dun peche que siñificaría o final a case 60 anos deste proxecto que impulsara o párroco Antonio Bernárdez.

Aínda que hai esperanza, a continuidade da marca que elabora productos de tanto prestixio como o kéfir ou o requeixo, podería pasar por unha oportunidade ofrecida por unha gandeira da veciña comarca do Deza, disposta a investir nesta cooperativa. A decisión terána os 47 socios, ningún deles xa en activo, que ten a cooperativa.

Nesta entrevista en COPE O Carballiño, a cooperativista Gloria Bernández e o xerente Marcos Otero, explican as claves da situación actúal en Santa Mariña de Loureiro.

13, Marzo 2024

Onte pasei polo vial 6 do polígono xunto o Mercado do Ganado, hoxe sede do tan de actualidades Grumir e a estrada foi asfaltada en quente   (non con gravilla coma en alguns concellos ) , da gusto ver cómo se arranxan cousas necesarias 

12, Marzo 2024

Os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística correspondense co ano 2022,  e dos mesmos despréndese que a comarca do Carballiño rexistrou un crecemento vexetativo negativo de 340 persoas, xa que o número de nacementos continúa tocando fondo e quedouse en 110 no conxunto da comarca, mentres que o número de defuncións foi de 450.

No Carballiño os nacementos foron 68 e e faleceron 203 persoas. (-135)

No Irixo, o pior dato da comarca, tan so naceron 2 nenos e morreron 47 persoas. (-45)

En San Cristovo de Cea, houbo 5 nacementos e 49 falecementos. (-44)

Boborás rexistrou 3 nacementos e 35 falecementos. (-32)

San Amaro, tivo 6 nacementos e 30 defuncións. (-24)

Punxín, 3 nacementos e 22 defuncións. (-19)

Piñor, 4 nacementos e 18 falecementos. (-14)

Beariz, 2 nacementos e 15 defuncións. (-13)

Maside, o dato menos malo da comarca, con 17 nacementos e 31 falecementos. (-14)

 

 

11, Marzo 2024

O concelleiro resposable das áreas municipais de obras e seguridade no concello carballiñés, Alberto Otero, protagonizou unha intervención radiofónica en COPE O Carballiño na que contestou a todas a cada unha das preguntas formuladas pola audiencia desta emisora de radio.

Podes escoitalo no audito adxunto.

10, Marzo 2024

Cumplironse os pronósticos e esta segunda fin de semana de marzo chegou cunha boa nevarada nas zonas máis elevadas da nosa comarca, onde máis, nas partes máis altas das parroquias de Vales e Oseira, onde na xornada do sábado complicouse bastante a situación nos accesos a varias localidades ata que actuou o vehículo quitaneves do concello de San Cristovo de Cea, que deixou as estradas transitables, pero con moitas dificultades.

Áspera, Confurco, e sobre todo Povadura e Arenteiriño, foron as localidades onde a nevarada foi máis copiosa. Na tarde do sábado, foron numerosas as familias do Carballiño e outros lugares da comarca que se achegaron a esta zona da parroquia de Vales e de Oseira para gozar da neve,  de igual maneira que outros elixiron a parroquia de Vales, na zona maís próxima aos cumios da Serra da Martiñá.

8, Marzo 2024

A Deputación de Ourense propón para esta Semana Santa, do 26 ao 30 de marzo, descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través do itinerario xacobeo “Vía da Prata-Camiño Mozárabe”. Esta proposta facilitará aos peregrinos a realización desta ruta por etapas e permitirá acreditar a “Compostela”.

O programa, impulsado a través do Inorde, inclúe un servizo de autobús que partirá desde Ourense cada día para ir ao punto de inicio da etapa e retornará ao remate da xornada, con tramos de uns 20 quilómetros.

Durante o traxecto, os peregrinos contarán cun guía especializado e unha parada a media etapa do autobús de apoio. O día da chegada a Santiago de Compostela disporán de tempo libre para visitar a Catedral ou o casco histórico, así como a Oficina do Peregrino. Ademais, prestarase asistencia para contar co “selo” diario da “Compostela” que acredita a peregrinación.

A primeira etapa, que comezará o 26 de marzo, levará aos peregrinos de Ourense a Cea (21kms), desprazándose despois ata o mosteiro de Oseira para visitar este monumento, un dos grandes referentes patrimoniais do Camiño. A segunda etapa irá de Cea a Piñor, pasando por Castro Dozón ata Puxallos (22 kms). Ao seguinte día o tránsito será de Puxallos a Silleda (22kms); a cuarta etapa levaraos de Silleda a Vedra ou a Susana (23km/30km); e o 30 de marzo culminarase a peregrinación cun tramo de 10 quilómetros desde Susana ata Santiago.

Os interesados poderán inscribirse de xeito individual ou por grupos en www.conocegalicia.es e para obter máis información poden contactar a través do e-mail info@conocegalicia.es ou do teléfono 988 253 359. O custe da inscrición é de 49 euros, tratándose dunha tarifa bonificada pola aportación do Inorde, organismo provincial encargado da promoción turística, xa que se trata dunha acción que pretende contribuír á divulgación deste itinerario xacobeo nun período no que gran parte da poboación local ou visitantes goza de tempo libre.

8, Marzo 2024

Os concellos da comarca están a celebrar o "Dia Internacional das Mulleres" con diversos actos reivindicativos e con outras actividades en tono máis lúdico e festivo.

Asi, o concello do Carballiño celebrou un acto institucional ao mediodia, no que a concelleira de igualdade Silvia Baranda foi a encargada da lectura dun manifesto a favor da igualdade. Tamén convocaron actos este mediodia outros concellos como Leiro ou San Cristovo de Cea.

O concello de Avión celebraráo ás 17:30 horas no centro multifuncioanal desta localidade, e o concello de Piñor faráo cos "Enredos pola Igualdade", na tarde deste domingo 10 de marzo de 16:00 a 19:00 horas na Praza do Arenteiro ou no centro social da Albarona, a según o aconsellen as condicións meteorolóxicas, unha xornada don diversas actividades nun ambiente familiar.

Outros concellos tamén se sumaron institucionalmente a este 8 de Marzo, con diversas actividades conmemorativas. Na foto pode verse ás mulleres de San Amaro celebrando xuntas o Dia Internacional das Mulleres, convocadas polo concello amarense.

8, Marzo 2024

Onte xoves unha representación dos traballadores e traballadoras do Servizo Municipal de Emerxencias asistiron ao pleno ordinario para reclamar unha vez máis e ante a pasividade do goberno municipal, a convocatoria dunha mesa de negociación e que se resolvan as demandas do Servizo.

Unha vez finalizada a quenda de rogos e preguntas, no espazo de participación cidadá un dos traballadores solicitou a palabra para expoñerlle ao alcalde as demandas que se negan a escoitar por outros cauces, tanto escritos como verbais, ao que o Sr. Fumega se negou dicindo que as cuestións deben plantexarse por escrito previamente. Acto seguido o grupo de goberno fuxiu do salón de plenos sen dar ningunha explicación máis ante a mirada atónita da oposición.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS