5, Decembro 2023

O rexedor municipal atendeu queixas, suxerencias e preguntas que a través trasladaron en directo os e as ointes de COPE O Carballiño.

Sen dúbida, entre o máis destacado da interveción de Fumega nesta emisora de radio estivo o anuncio que fixo a xeito de declaración de intencións sobre a demanda de mellora das infraestructuras deportivas municipais. 

O alcalde do Carballiño definíu unha liña de traballo para acadar dous importantes obxetivos, dunha parte estaría a construcción dun novo estadio de fútbol que se ubicaría no actúal campo de fútbol da Uceira, e doutra parte na ampliación do pavillón de deportes Paco Chao, que se dotaría dun novo anexo na zona das pistas deportivas existentes ao aire libre.

No audio adxunto podes escoitar íntegra esta intervención do alcalde Fumega, deste martes dia 5 de decembro.

4, Decembro 2023

Sr alcalde, por favor,non faga máis dano o Carballiño, acabou con todo agora vemos q xunto cós seus concelleiros xa non teñen gañas nin ilusión nin nada de nada, sóo están ahí pa cobrar o fin de mes. Nada mais. Agora parque municipal abandoado, rúas abandoadas, sin personal no concello, festas do septembro o nunca visto, Espiñedo pior q nunca, cando o equipo está millor q nunca, agora o campo aberto cando aberto cando estaba pechado e cuberto. Non fagan máis dano o pobo se alcalde, están enterrando o Carballiño 

 

 

 

 

 

 

 

4, Decembro 2023

Catro incidencias na rede eléctrica deixaron sen subnistración eléctrica a miles de clientes na comarca do Carballiño desde o mediodia e primeiras horas da tarde deste lúns 4 de decembro, afectando as emisións de COPE O Carballiño que non pudo emitir hoxe a súa programación local de mediodia, polo que pedimos disculpas á nosa audiencia.

As avería múltiple na rede eléctrica localizouse en catro puntos da comarca  á altura das parroquias de Dadín, Madarnás, Veiga e Corneda, afectando a numerosos centros transformadores dos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás. A incidencia iniciouse as 12:42 horas e non se recuperou a normalidade ata seis horas despois.

3, Decembro 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, mantivo este domingo un encontro coa veciñanza das parroquias de Lamas e Longos.

A reunión levouse a cabo no centro multifuncional de Cea, con numeorsa concurrencia de veciños das dúas parroquias que estaban convocadas polo concello de San Cristovo de Cea. O obxectivo deste encontro foi afondar nas vantaxes da Lei de recuperación da terra agraria e das ferramentas que nela se recollen.

O conselleiro remarcou a importancia desta medida para potenciar a actividade económica e social no rural, especialmente nos terreos que se atopan en situación de abandono e infrautilización, así como dos núcleos que se inclúen neles.

En definitiva, sinalou, o fin destas ferramentas como son os polígonos agroforestais, as aldeas modelo, as agrupacións de xestión conxunta e as permutas de especial interese agrario, é impedir ou reverter o abandono do rural ao mesmo tempo que protexen o medio ambiente, creando emprego e apoiando á prevención e defensa fronte aos incendios forestais.

2, Decembro 2023

Venres 1 de 20 a 23 h
RUTA DAS TAPAS - Pratos de outono

Sábado 2 ás 20.00 no Auditorio
TEATRO/COMEDIA - Rede Galega de Teatro e Auditorios (RGTA)
Obra: O AUTO DO CASTROMIL
Compañía: Producións Teatráis Excéntricas-Mofa e Befa
Público: adulto

Domingo 3 ás 20.00 / 22.30 h VOS no Auditorio
CINE – NO SE ADMITEN PERROS NI ITALIANOS - Cineclub O Carballiño

Venres 8 ás 20.00 / 22.30 h VOS no Auditorio
CINE – TIERRAS DE NUESTRAS MADRES - Cineclub O Carballiño
de 20 a 23 h
RUTA DAS TAPAS – Pratos de outono

Sábado 9 ás 20 h no Auditorio
CONCERTO DA CORAL POLIFÓNICA CASINO DO CARBALLIÑO E A BANDA DE VILATUXE

Domingo 10 ás 18 h no Auditorio
ESPECTÁCULO DE MAXIA - Rede Galega de Teatro e Auditorios (RGTA)
PEDRO VOLTA – “ILUSIONANTE”

Do 12 ao 16 no Auditorio – Consultar programa
FETEGA 2023 – Asoc. Fetega

Venres 15 de 20 a 23 h
RUTA DAS TAPAS - Pratos de cine

Domingo 17 ás 11.45 h no Templo da Veracruz
CONCERTO “NADAL CORAL” – Organiza Orfeón do Carballiño. Colabora Parroquia O Carballiño

Domingo 17 ás 19.30 no Auditorio
TEATRO/DRAMA
Obra: MACBETH
Compañía: Teatro del Norte
Público: adulto

Martes 19, ás 20 h no Auditorios
AUDICIÓN DE NADAL DO CONSERVATORIO E ESCOLA DE MÚSICA

Do 20 ao 24 no Auditorio - Consultar programa
XOCIVIGA 2023

Luns 25, ás 18.30 h no Templo da Vera Cruz
CONCERTO DE NADAL DA CORAL POLIFÓNICA CASINO DO CARBALLIÑO

Xoves, 28 ás 18 h no Auditorio
MUSICAL – Pares o Nones
T-REX Tributo a JURASSIC PARK

Sábado, 30 ás 18.30 h no Templo da Vera Cruz
CONCERTO DE ANO NOVODO CORO DE CÁMARA MÚSICA VIVA

Venres 5 Xaneiro
GRAN CABALGATA DE REIS

Sábado, 6 ás 17 h no Auditorio
MUSICAL - La Barbarie Teatro Musical
MUSICAL LA BELLA Y LA BESTIA

OUTRAS ACTIVIDADES

FESTIVAL DE NADAL EN SAGRA – Igrexa de Sagra. Organiza Parroquia de Sagra
- 23/12/23 ás 17 h: Cantos de Nadal
- 30/12/23 ás 17 h: Concerto de Villancicos – Coro da Parroquia de Sagra
- 05/01/24 ás 17 h: Teatro – “Nadal de Luintra”

EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS DE A. F. O Potiños ----------- DECEMBRO
CASA DO CONCELLO – Azul de A. F. O Potiños
CASINO – Inspiracións de A. F. O Potiños
CAFÉ PLAZA – Nocturnas de J. Fachal
ASADOR VERACRUZ – Miradas de E. Pardo Bazán
HOTEL ARENTEIRO – Premios Concurso 2022
GALERÍAS ANGO – PotiExpo 21

EXPOSICIÓN PICTÓRICAS -------------- XANEIRO
CASA DO CONCELLO – Serie Cristal de Joaquín Moldes
SALA DE EXPOSICIÓN AUDITORIO – Exposición colectiva “Xuntos”

2, Decembro 2023

Parece que a estas alturas da democracia alguns ignoran que a sanidade e competencia da Xunta de Galicia, a cal nos ten mais que abandonados, e a xente lles sigue votando igual, agardo que nas vindeiras eleccions autonómicas cambien as cousas, porque ests claro que asi non podemos seguir

2, Decembro 2023

Este Alcalde está a enterrar o carballiño. Xa fulminou os cartos todos do concello, está sen blanca. 
Vas o concello e non che resolven nada, pois din que non teñen persoal. Vas unha e outra vez e non hai quen arranxe.

Non hai quen arranxe unha baldosa, pois xa non hai peons. 
As calles apestosas. E todas sen arranxar ou con fochancos.
Estamos sen médicos nin pediatras, ni. Rayos , nin nada e ademáis querea deixar enterrada alá no fondo do pueblo onde non da ido nadie.

Estanos deixando un pobo negro . Esto non o levanta ninguén. RIP.

1, Decembro 2023

Onde está a xente da comarca do Carballiño? Realmente temos sangue na veas?  por qué a xente só se xunta para as festas ou para o  fútbol? Levamos máis de dous anos sen médico de cabecira e seguimos na mesma situación e agora sen Pediatras.   O Lúns tiven vez co Oncologo en Ourense e dixome que lle mandaria os resultados das probas o meu medico, cando lle dixen que non tiña, non o creia, quedou alucinado, dixome , sabia que o Carballiño andaba mal pero non pensei que tanto.

 

Por favor Señor Alcande Paco Fumenga ; súplicolle, Rogolle, axeonllome ante vostede e sobre quen faga falta pa que miren por nós e loiten por os nosos dereitos básicos, solo pedimos MEDICOS PA ADULTOS E POS NENOS.

 

Non deixemos morrer ó Carballiño nin a súa Xente.  O Carballiño  é moito másis ca Festa Do Pulpo.

 

 

1, Decembro 2023

Na tertulia semanal de COPE O Carballiño deste venres dia 1 de decembro participaron Fátima Gómez, Sebas Lamazares e Manuel Nogueira, moderados por Lolo Carril.

Podes escoitala íntegra no audio adxunto:

1, Decembro 2023

Estos días salió una plataforma supuestamente vecianal y apolítica para defender los pediatras.

Y en la primera aparición en público en la foto de la cope lo primero que se ve es un señor de la lista del PSOE y otro de la lista del BNG. 
Parece clara la posición y contra quien van.

Lo que està claro es que de apolítica tiene poco

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS