Ilustres persoeiras e persoeiros vencellados co concello de Maside darán nome a 14 rúas de Corzos

4, Xuño 2021

A Corporación municipal do concello de Maside aprobou o rueiro para a zona de Corzos, na parte que corresponde ao municipio masidao. Trátase de 14 viais que pasan a levar o nome doutros tantos persoeiros e persoeiras vencelladas co concello de Maside, a relación é a seguinte:

Víctor Campio Pereira González (1928, Maside - 2018, Ourense)
(Rúa Víctor Campio Pereira) Escritor e poeta.

Emilia Pardo Bazán de la Rúa-Figueroa (1851, A Coruña - 1921, Madrid)
(Rúa Emilia Pardo Bazán)
Novelista, narradora, ensaísta, poeta, dramaturga e periodista e catedrática de Literaturas Neolatinas Contemporáneas na Universidade Central.

Manuel Nolaso Lois Vázquez (1868, Maside - 1899, Maside)
(Rúa Manuel Lois Vázquez)
Médico, xornalista, escritor e poeta.

Epifanio Ferreiro Monterrubio (1884, Benavente - 1964, Maside)
(Rúa "Frei Mostaza", "Xan de Maside" ou Epifanio F. Monterrubio) Escritor e poeta.

Inocencio Portabales Nogueira (1858, Maside - 1923, Lugo)
(Rúa Inocencio Portabales)
Arcipreste, vicario xeral e escritor.

Valentín Portabales Blanco (1829, Maside - 1921, Lugo)
(Rúa Valentín Portabales)
Académico das Tres nobles Artes de San Fernando e da Real de Ciencias e Letras de Cádiz.
Xefe Superior Honorario de Administración Civil.
Director do Instituto de 2ª Ensinanza de Lugo.

José López Rodríguez (1862, Maside - 1921, La Habana)
(Rúa José López Rodríguez "Pote") Empresario en Cuba.

Francisco Luis Bernárdez Martínez (1900, Buenos Aires - 1978, Buenos Aires)
(Rúa Paco Luis Bernárdez) Poeta e diplomático arxentino.

Juan Sieiro González (1835, Maside - 1893, Ourense)
(Rúa Xan Sieiro González)
Filósofo, catedrático e escritor.

María Teresa Miras Portugal (1948, O Carballiño - Madrid, 2021)
(Rúa Mª Teresa Miras Portugal)
Científica, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Complutense.

José Ángel González Nóvoa (1948, Maside - 2010, Maside)
(Rúa Xosé Anxo González Nóvoa) Músico e historiador.

Antonio Fraguas Fraguas (1905, Cotobade - 1999, Santiago de Compostela)
(Rúa Antón Fraguas Fraguas)
Escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo.
Publicou na revista NÓS "O Folclore de Listanco, e lendas".

José Francisco González González (1767, Maside - 1811, San Amaro)
(Rúa Xosé F. González "Labrador")
Guerrilleiro que combateu ás tropas do mariscal Soult que, procedentes de Vigo, dirixíanse a Castela.
Lugartenente de "Cachamuíña" como xefe da guerrilla da xurisdición de Maside contra o exercito de Napoleón, na Guerra da Independencia.

Francisco Ángel Botana Blanco (1932, Maside - 2014, Ourense)
(Rúa Francisco Botana Blanco)
Licenciado en Teoloxía e Doutor en Filosofía e Letras, catedrático, escritor e investigador de textos clásicos.

Para ver no plano o rueiro pode facélo abrindo o arquivo adxunto: