O CPI Terras de Maside, elexido pola Xunta para desenvolver o programa “Impulso Mentor” de axuda á etnia xitana
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de publicar a resolución do programa Impulso Mentor, unha iniciativa posta en marcha este curso pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Secretariado Xitano, para a prevención do abandono escolar focalizada no alumnado de etnia xitana. Analizadas as solicitudes, son dez os centros repartidos por toda a xeografía galega, entre eles o CPI Terras de Maside, seleccionados para desenvolver este proxecto, coa participación de máis de 370 alumnos de 5º e 6º de Primaria e dos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria. Ao abeiro de Impulso Mentor, os centros desenvolven…